Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Mister Archer Milton.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 75 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al, que parte da L.M.T.S. Rosales-Labañou e final no C.T. interior de 630 kVA denominado Mister Archer Milton. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 8 de novembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña