Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. r/ Río Mero-Almeiras.
Situación: Culleredo.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al de 40 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Frigoríficos Matías e final no C.T. polígono industrial de Almeiras, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada formigón de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, no polígono industrial de Almeiras, do que parte rede de baixa tensión subterránea de 180 m con conductor R.V. que se conectará á rede existente. Culleredo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 8 de novembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña