Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.697

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000 pola que se fixa a data na que terá lugar o acto de apertura dos sobres que conteñen os votos para a elección dos vocais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Feita pública a Resolución do 23 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas, pola que se proclaman os candidatos presentados á elección dos vocais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns de cada provincia inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, unha vez rematado o prazo para emiti-los votos e, dando cumprimento ó disposto no artigo 8.2º da Orde do 1 de setembro de 2000 pola que se regula o procedemento de elección dos vocais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, esta Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas

RESOLVE:

Sinala-la realización do acto de apertura dos sobres que conteñen os votos, co fin de elixi-los vocais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns de cada provincia inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, que se efectuará o día 26 de decembro de 2000, ás 12 horas, na Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2000.

José Manuel González González

Director xeral de Programas Industriais

e Infraestructuras Tecnolóxicas