Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión con data do 6 de novembro de 2000, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización vial entre rúa Lucena e rúa San Andrés-O Carril, redactado polo arquitecto Manuel J. Freijeiro Martínez e promovido por Rualede, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra o citado acordo, que pon fín á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Comisión Municipal de Goberno, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se é o caso, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación da resolución expresa do citado recurso. Se a resolución non fose expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Vilagarcía de Arousa, 9 de novembro de 2000.

Joaquín J. Gago López

Alcalde