Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobados inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 9 de novembro de 2000, os pregos de cláusulas económico-administrativas que rexerán o concurso público urxente e procedemento aberto para a contratación da obra de pavimentación de vías e accesos a núcleos de poboación ano 2000, expoñense ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas. Poa súa banda convócase licitación pública para a adxudicación da citada contratación, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó prego, continuándose o que reste, a partir do día seguinte ó da resolución das reclamacións.

Obxecto: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, do contrato da obras de pavimentación de vías e accesos a núcleos de poboación ano 2000.

Tipo de licitación: é de 14.461.860 pesetas.

Prazo de execución: tres meses.

Garantías: a provisional establécese en 289.237 pesetas, e a definitiva igual ó 4% do improte da adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 día naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP. Cando se presente algunha proposición económica por procedemento administrativo, o licitador deberá comunicalo inescusablemente, anunciándoo por fax ó concello, dentro do prazo de presentación.

Apertura de plicas: terá lugar ás nove horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na correspondente cláusula do prego de condicións.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre á parte e pechado os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta da empresa adxudicataria os gastos dos anuncios así como tódolos derivados do contrato.

Vila de Cruces, 10 de novembro de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado