Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Por resolución desta alcaldía, do 9 de novembro de 2000, aprobáronse as bases para a provisión de cinco prazas de garda da policía local, incluídas na oferta de emprego público deste ano.

No BOP e no taboleiro de anuncios do concello publícanse integramente as bases e o programa da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Sanxenxo, 9 de novembro de 2000.

Telmo Martín González

Alcalde