Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por unha resolución da alcaldía do día 14-11-2000 o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, dunha asistencia técnica da inspección e actualización da matrícula do imposto sobre actividades económicas, IAE, neste concello, así como o prego de prescricións técnicas da contratación citada, expóñense ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte hábil ó da última publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Simultaneamente convócase o concurso, se ben a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formularan reclamacións contra os pregos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Intervención.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: asistencia técnica da inspección e actualización da matrícula do imposto sobre actividades económicas, IAE, no Concello de Redondela.

b) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

c) Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Prezo do contrato.

Importe máximo (á baixa): 24 por 100 (IVE, incluído) do importe das contías netas efectiva e definitivamente recadadas polo Concello de Redondela por cada liquidación tributaria derivada dos expedientes de inspección do IAE.

5. Garantías.

a) Provisional: catrocentas mil, 400.000 pesetas.

b) Definitiva: tres millóns, 3.00.000 de pesetas.

6. Obtención de documetnación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Intervención).

b) Domicilio: r/ Alfonso XII, 2.

c) Localidade e código postal: Redondela (Pontevedra), 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Fax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de condicións técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG; se o último día coincide en sábado ou inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte a aquel.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Concello de Redondela.

Domicilio: r/ Alfonso XII, 2.

Localidade e código postal: Redondela (Pontevedra), 36800.

d) Prazo durante que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: r/ Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase ó indicado na cláusula 4ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 14 de novembro de 2000.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde