Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente 11823/2000 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación do servicio de transporte, aloxamento e mantemento para a asistencia ás xornadas de formación das institucións europeas.

Lugar de execución: ver condicións do prego.

Prazo de execución: 23 ó 27 de xaneiro de 2001 e 30 de xaneiro ó 3 de febreiro de 2001.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: máximo de 15.000.000 de pesetas, IVE incluído, 90.151,82 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 13 de decembro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña