Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.669

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (145/2000).

En virtude do acordado por Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous do de Noia e o seu partido, en resolución do día da data, dictada en xuízo de faltas número 145/2000 que se segue ante este xulgado sobre lesións, cítase o denunciante, Juan Ramón Polo Portos, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza ante este xulgado o próximo día 6 de febreiro de 2001, ás 11.30 horas, co obxecto de asistir á realización do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que intente valerse, facéndose sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, pode ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino en Noia o trece de novembro de dous mil.

O secretario

Rubricado