Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.670

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (360/2000-4).

Eu, Ángel Javier Martín Sánchez secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber:

Que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado número 360/2000 (4) se notifica a Pablo Liñares García a providencia dictada nestes, que literalmente di así:

Providencia maxistrado-xuíz Ramírez Sineiro, A Coruña, 9 de novembro de 2000.

Pola que S.Sª tendo en conta o contido dos autos número 360/2000 (4) do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña e sen prexuízo da conservación no seu caso do correspondente prazo interpositorio da presente vía xurisdiccional contencioso-administrativa, antes de admiti-lo presente recurso a trámite, acorda requiri-la parte demandante mediante a notificación desta providencia co fin de que no improrrogable prazo de dez días emende ante este xulgado as seguintes omisións:

a) Requírase o recorrente co fin de que no prazo anteriormente indicado acredite ter solicitado a designación de avogado e procurador de quenda de oficio ante o Ilustre Colexio de Avogados.

b) Requírase ó recorrente co fin de que presente o dito escrito asinado, xa que este foi presentado sen sinatura do recorrente.

c) Requírase o recorrente co fin de que designe domicilio para recibir notificacións.

Todo iso con expresa advertencia de arquivo das presentes actuacións en caso de non emendar algunha das ditas omisións.

Notifíqueselle o presente proveído a aquela parte promovente para o efecto comparecida mediante a publicación no DOG ó non consta-lo domicilio do recorrente e signifíqueselle o dereito que o asiste de interpoñer eventual recurso de súplica no prazo de cinco (5) días, contados a partir do día seguinte á súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal a quo residenciado nesta capital.

Mándao e asínao S.Sª do que, como titular da súa secretaría, dou fe.

E para que lle sirva de notificación o demandado Pablo Liñares García con domicilio descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, 9 de novembro de 2000.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario