Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.669

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEXTA)

EDICTO de notificación de sentencia (189/2000).

Eu, Ramón Fernández Agra, secretario do Xulgado da Audiencia Provincial da Coruña, sección sexta con sede en Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no rolo de apleción de xuízo de faltas nº 189/2000 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

En Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

Visto pola sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, constituída como tribunal unipersoal por Ángel Pantín Reigada, presidente desta, o recurso de apelación interposto por Carmen Barco Mateo contra a sentencia dictada o 15 de abril de 2000 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela nos autos de xuízo de faltas número 354/1999 deste xulgado e rexistrados como rolo de apelación de xuízo de faltas número 189/2000 desta sección, nos que son parte, como apelante Carmen Barco Mateo e como apelados Manuel Suárez García, José Luis Peón Barco e o Ministerio Fiscal; procede formula-los seguin

tes antecedentes de feito, feitos probados, fundamentos de dereito e sentencia.

Que desestimando o recurso de apelación interposto por Carmen Barco Mateo fronte á sentencia do 15 de abril de 2000 dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela nos autos de xuízo de faltas deste xulgado número 354/1999, confírmase esta, declarándose de oficio as custas da apelación.

Notifíqueselles esta sentencia, en legal forma, ás partes, facéndolles saber, conforme preceptúa o artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial, que é firme, e que contra ela non cabe recurso ningún.

Devólvanse as actuacións orixinais con testemuño da presente resolución ó xulgado de procedencia para a súa execución e cumprimento.

Así, por esta miña sentencia, da que se porá certificación literal no rolo da súa razón, incluíndose o orixinal no libro de sentencias, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a José Luis Peón Barco, actualmente descoñecido no seu enderezo e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o quince de novembro de dous mil.

O secretario

Rubricado