Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.650

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de decembro do 2000 pola que se modifica a Orde do 20 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 4 de agosto) pola que se convocan axudas económicas para realizar ensinanzas de formación profesional específica de grao medio en familias profesionais con escasa demanda por parte do alumnado durante o curso 2000-2001.

Pola Orde do 20 de xullo de 2000 (DOG do 4 de agosto) convocáronse axudas para a realización de ensinanzas de formación profesional específica de grao medio en familias profesionais con escasa demanda por parte do alumnado durante o curso 2000-2001.

Sendo necesario incrementa-la contía total das axudas debido a que houbo un número maior de solicitudes do previsto inicialmente como consecuencia do incremento do número de ciclos formativos de grao medio implantados para o curso 2000-2001,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifica-lo artigo terceiro da citada orde, na páxina 11.640, onde di: «As axudas serán concedidas con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.481.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, por un importe máximo de 20.000.000 de pesetas»; polo seguinte texto: «As axudas serán concedidas con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.481.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, por un importe máximo de 29.280.000 pesetas».

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria