Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.649

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de novembro de 2000 pola que se modifica a autorización do centro privado Seresco de Vigo (Pontevedra), autorizando o ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en substitución do ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas, segundo os datos que se relacionan no anexo.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Seresco de Vigo (Pontevedra), no que solicita poder substituí-lo ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas, autorizado por Orde do 25 de outubro de 1999 (DOG do 22 de novembro), polo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos, e imparti-lo ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de tarde-noite.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o envía cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro), polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias,

e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixente para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Seresco de Vigo (Pontevedra), para poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos da familia profesional de infor-

mática, en substitución do ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas da familia profesional de administración, e, así mesmo, autoriza-lo ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento da aplicacións informáticas en quenda de tarde-noite, quedando a composición do centro como se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co informe previo da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Disposición transitoria

Mentres non se extinguen as ensinanzas de FP2, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán imparti-las ensinanzas da especialidade de técnico especialista en informática de xestión que o devandito centro ten autorizadas.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

Celos Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: García Barbón, 133.

Código do centro: 36018926.

Denominación: Centro Seresco.

Titular: Seresco, S.A.

Composición resultante:

Centro de formación profesional específica:

Familia profesional: informática.

1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

Quenda tarde-noite:

1 ciclo formativo de grao superior de Administración de sistemas informáticos (2 unidades para 30 postos de escolares/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).