Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de resolución do expediente sancionador de epizootias OU-T-82/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 e novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador que tamén se indica, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), posto que intentada a notificación non se puido practicar.

O importe da sanción será ingresado en calquera entidade bancaria, na conta Tesouro e Facenda Galega, recadación de multas e sancións, Sanidade Agropecuaria nº 2080 0260 85 0040071575, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta Delegación Provincial, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo, 32003 Ourense.

De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Non obstante o manifestado no parágrafo anterior, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, segundo establece o artigo 114 da lei 30/1992, do 26 de novembro, citada. Transcorrido o prazo indicado sen formula-lo pertinente recurso, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 24 de novembro de 2000.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-82/2000.

Interesado: Alfredo de Sousa Lopes.

DNI: X-1592487-J.

Último enderezo coñecido: estrada de Laza, Nº 71-2º Verín (Ourense).

Feitos denunciados: transportar no vehículo LU-9160-S (camión tractor Mercedes) e semirremolque LU-01850-R (cuppers) duascentas (200) cabezas de gando porcino dende San Pedro de Calve (Valladolid) ó matadoiro de Verín (Ourense) sen estaren os devanditos vehículos inscritos no Rexistro Provincial de Sanidade Animal.

Precepto infrinxido: artigo 52 do Regulamento de epizootias (citado).

Sanción: vinte mil (20.000) pesetas.