Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.
c) Número de expediente: 01/2001, 02/2001, 03/2001.
2. Obxecto: contratación dos servicios de limpeza que se indican:
Expediente 01/2001: Residencia da Terceira Idade As Gándaras de Lugo.
Expediente 02/2001: Residencia da Terceira Idade de Burela.
Expediente 03/2001: Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos (CAMP) de Sarria.
3. Tramitación: concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia e anticipado de gasto.
4. Prazo de execución do contrato: desde o 1 de xaneiro, ou a data de sinatura do contrato, ata o 31 de decembro de 2001.
5. Variantes: non se admiten.
6. Orzamentos:
Expediente 01/2001: Residencia da Terceira Idade As Gándaras de Lugo, 33.547.196 pesetas (201.622,71 euros).
Expediente 02/2001: Residencia da Terceira Idade de Burela, 2.005.099 pesetas (12.050,89 euros).
Expediente 03/2001: Centro Atención a Minusválidos Psíquicos (CAMP) de Sarria, 10.978.402 pesetas (65.981,52 euros).
7. Garantía provisional: 2% do orzamento.
7.1. Importes:
Expediente 01/2001: Residencia da Terceira Idade As Gándaras de Lugo, 670.944 pesetas (4.032,45 euros).
Expediente 02/2001: Residencia da Terceira Idade de Burela, 40.102 pesetas (241,02 euros).
Expediente 03/2001: Centro Atención a Minusválidos Psíquicos (CAMP) de Sarria, 219.568 pesetas (1.319,63 euros).
8. Fianza definitiva: 4% sobre os importes das adxudicacións.
9. Clasificación: para o servicio de limpeza da Residencia da Terceira Idade As Gándaras de Lugo (expediente 01/2001). Grupo: III. Subgrupo: 6. Categoría: B.
10. Solvencia técnica: será acreditada polos medios previstos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.
11. Solvencia económica e financeira: será acreditada polos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.
12. Criterios de adxudicación: os definidos no punto nº 12 do prego de cláusulas administrativas particulares (folla de especificacións).
13. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Ronda da Muralla, nº 70), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles, agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse nas restantes delegacións provinciais da consellería e na Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
15. Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla nº 70, CP 27071), en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente.
Se as proposicións se tramitan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.
16. Prazo de presentación: será de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
17. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de reunións da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sita na Ronda da Muralla nº 70. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.
18. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.
19. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Lugo, 4 de decembro de 2000.
Luis Abades Álvarez
Delegado provincial de Lugo