Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico da Fonsagrada para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 073-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico da Fonsagrada coas seguintes características:

Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., rúa Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Situación: concellos da Fonsagrada e Ribeira de Piquín (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

PS1649.3954.780.311

PS2651.2054.780.311

PS3652.3294.775.447

PS4652.5154.772.247

PS5652.5014.770.005

PS6651.7484.770.113

PS7650.4454.774.614

PS8649.3664.778.420

Superficie afectada: 1.832 ha.

Potencia bruta: 49,5 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 4 de decembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo