Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2000 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Álabe-Ventoada. (Expediente 039-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Ineuropa Eólica del Xistral, S.A. (actualmente Acciona Eólica de Galicia, S.A.) con enderezo para efectos de notificacións na avda. Europa 18 parque empresarial La Moraleja, 28108 Alcobendas-Madrid, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Álabe-Ventoada; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 22 de xullo de 1999, Diego Contreras Olmedo, en nome e representación de Acciona Eólica de Galicia, S.A. solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, e modificación das condicións de inclusión no réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Álabe-Ventoada, de 24,75 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorizacións de instalacións eléctricas, o Decre

to 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública por Resolución do 21 de outubro de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: DOG do 28-10-1999, BOP de Lugo do 28-10-1999, BOE do 30-10-1999, no diario La Voz de Galicia do 27-10-1999, El Progreso de Lugo do 26-10-1999, no taboleiro de anuncios do concellos de Muras.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Cristina Veiga Sánchez, en nome e representación da empresa Asesoramiento y Comercialización Marpu, S.L. (predios nº 16 e 17) solicita que se acumulen os expedientes 037-EOL e 039-EOL e que non se declare de utilidade pública a citada instalación debido a que actualmente hai en funcionamento unha granxa cinexética e un couto de caza permanente e manifesta que a instalación do citado parque prexudica economicamente o mencionado predio nas actividades de caza e cría de animais e ademais unha casa señorial na que se realizaron importantes investimentos.

2. Pablo Fernández Castro, en nome e representación da sociedade Hidroener, S.A., manifestando o seguinte:

a) Que é titular dun dereito de superficie do monte en man común da Balsa, co obxecto de construír instalacións de aproveitamento eólico, polo que solicita que non se lle expropie o citado dereito.

b) A declaración de utilidade pública e expropiación que se pretende non poden afectar á empresa que representa ata que non se intentase o acordo amigable ó que se refire o artigo 24 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

c) A concesión da autorización non implica un dereito expropiatorio discrecional, senón que unha vez obtida aquela, examinaranse as condicións que fagan posible a execución do plan eólico proposto, coa presentación das correspondentes alegacións, declarándose en última instancia, a utilidade pública das instalacións.

d) Non existe o interese social prevalente ó que fai referencia a Lei 13/1989, do 10 de outubro, relativa ós montes veciñais en man común, que permita a declaración e expropiación do monte en man común da Balsa, do que Hidroener, S.A., posúe un dereito de superficie.

Terceiro.-O 19 de maio de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico, o promotor solicita revisión da declaración de efectos ambientais, achegando documentación complementaria ó proxecto inicial o 13 de xuño de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por Resolución do 11 de agosto de 2000, modifica a declaración de efectos ambientais e posterior proposta de mellora ambiental do 14 de setembro, reducíndose o número de aeroxeradores de 33 a 30, dado que se considera os aeroxeradores V-433-a, V-412 e V-413, na súa actual posición non son compatibles coa defensa dos valores ambientais existentes, así como os accesos proxectados para estes.

Cuarto.-O 10 de outubro de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos, aproba-lo correspondente proxecto de execución e recoñecer a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto; agás os aeroxeradores V-433-a, V-412 e V-413 para situar no concello de Muras, coas seguintes características básicas:

Emprazamento e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Álabe-VentoadaMurasXY

1611.0344.810.987

2611.2484.811.300

3612.2244.811.300

4612.8624.811.931

5611.9544.812.333

6612.2654.812.789

7613.5594.812.270

8613.7004.812.700

9614.1804.812.000

10613.9604.811.738

11612.2564.810.551

-Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 33.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: NEG-MICON NM 750/44.

Potencia total instalada: 24,75 MW.

Producción anual estimada: 77.682 MWh/año.

Investimento previsto: 3.296.116.662 pesetas.

-Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

33 centros de transformación de 1.000 KVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados no interior da torre cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25/27 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a esta por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, cabe dicir que:

1. En relación coas alegacións formuladas por Cristina Veiga Sánchez, en nome e representación da empresa Asesoramiento y Comercialización Marpu, S.L. (predios nº 16 e 17) cabe dicir que:

a) Non proceda acumulación de expedientes por tratarse de dous expedientes distintos e cada un co seu correspondente proxecto.

b) O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

c) Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das citadas parcelas, por non seren obxecto desta fase do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

2. En relación ás alegacións formuladas por Pablo Fernández Castro, en nome e representación da sociedade Hidroener, S.A., cabe dici-lo seguinte:

a) O dereito de superficie ó que se refire o alegante é un contrato entre dúas partes, o que de acordo coa lexislación vixente non concede ningún dereito administrativo preferente á hora de realizar un parque eólico estando a súa realización regulada polo Decreto 205/1995 xa citado anteriormente.

b) Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección do monte en man común da Balsa, por non seren obxecto desta fase

do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

c) Non se pode estudia-la posibilidade de prevalencia dunha instalación sobre outra, ata que se declare a utilidade pública da dita instalación.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixidos.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Declarar a utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Álabe-Ventoada, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio