Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, dos bens afectados polas obras da vía rápida desde a PO-300 en Cambados a Vilagarcía de Arousa, nos termos municipais de Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. (Clave N/PO/95.8).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu epígrafe 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución, atópanse incluídas no programa de obras que se vai realizar con cargo ó programa 413-B «Construcción, conservación e explotación de estradas».

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 11 de maio de 2000, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 2 de xuño de 2000 (Decreto 152/2000), acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e, así mesmo, a urxente ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos que a continuación se citan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Cambados.

Día 8 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 001 ó predio nº 050.

Día 9 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 051 ó predio nº 100.

Día 10 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 101 ó predio nº 150.

Día 11 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 151 ó predio nº 200.

Día 12 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 201 ó predio nº 250.

Día 15 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 251 ó último predio.

Lugar: Casa do Concello de Vilanova de Arousa.

Día 16 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 1.000 ó predio nº 1.054.

Día 17 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 1.055 ó predio nº 1.110.

Día 18 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 1.111 ó predio nº 1.163.

Día 19 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 1.164 ó predio nº 1.218.

Día 22 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 1.219 ó predio nº 1.270.

Día 23 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 1.271 ó predio nº 1.322.

Día 24 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 1.323 ó último predio.

Lugar: Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Día 25 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 2.000 ó predio nº 2.050.

Día 26 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 2.051 ó predio nº 2.100.

Día 29 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 2.101 ó predio nº 2.150.

Día 30 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 2.151 ó predio nº 2.200.

Día 31 de xaneiro de 2001, de 9 a 13.30 horas: do predio nº 2.201 ó último predio.

Ó dito acto, deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o estiman oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan

formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Said Armesto nº 1, as alegacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 4 de decembro de 2000.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe de Servicio Provincial

de Estradas de Pontevedra