Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7052; XG-426, Melide-Antas de Ulla-Chantada, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-1407; XG-083, Chantada-Taboada dos Freires e V-2834; XG-310, Taboada dos Freires-km 4,5 CV Antas de Ulla-Ponte da Mercé.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 2 de outubro de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Luis Díaz Almuiña, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7052; XG-426, Melide-Antas de

Ulla-Chantada, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-1407; XG-083, Chantada-Taboada dos Freires e V-2834; XG-310, Taboada dos Freires - km 4,5 CV Antas de Ulla-Ponte da Mercé, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares.

1. Itinerarios e puntos de parada.

Melide, O Coto, Vilacendoi, San Breixo, Ulloa, San Cibrao, San Xusto, Cruzamento Boavista, San Miguel, Ponte Ulla, Alvidrón, Vilapoupre, Antas de Ulla, Regadío, Cruceiro, Verín, Peibás, O Outeiro, Pereiras, Olveda, Gondoriz, Cal de Mourelle, Cerdeda, Taboada dos Freires, Bidueiros, Esperante, Arcos, Casteda, Mariz, Fornas, Centulle e Chantada.

Taboada dos Freires, A Cruz, San Lourenzo, Ramil, Frade, Santo Estevo e Cal de Mourelle.

2. Prohibicións de tráfico.

De e entre O Coto e Melide, puntos intermedios e viceversa.

Do tramo Melide-O Coto, ambos puntos incluídos, para Chantada e viceversa.

3. Expedicións.

Antas de Ulla-Melide (22,1 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Unha expedición de ida e volta o último domingo de cada mes.

Antas de Ulla-Cal de Mourelle-Cerdeda-Taboada dos Freires-Chantada (23,7 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

Chantada-Taboada dos Freires-Frade-Cal de Mourelle-Antas de Ulla (27,7 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Antas de Ulla-Cal de Mourelle-Cerdeda-Cal de Mourelle-Frade-Taboada dos Freires-Chantada (30,7 km).

Dúas expedicións de ida e volta os sábados e domingos que coincidan en días 5 e 21 de cada mes.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,33 pesetas.

Tarifa usuario: 11,05 pesetas.

Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,5495 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados,

ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes