Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos de varias obras (CA-OUR-00.57 e tres máis).

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

1. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: peonalización e renovación do firme na rúa Cruceiro. Ourense.

c) Clave: CA-OUR-00.57.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 164, do 24-8-2000.

2. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.658.948 pesetas.

3. Adxudicación.

a) Data: 28-9-2000.

b) Contratista: Obras, Caminos y Asfatos, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 11.855.105 pesetas.

1. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: admnistrativo.

b) Descrición do obxecto: renovación do pavimento e rede de sumidoiros na rúa do Desengano. Ourense.

c) Clave: CA-OUR-00.58.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 164, do 24-8-2000.

2. Orzamento base de licitación.

Importe total: 16.790.468 pesetas.

3. Adxudicación.

a) Data: 28-9-2000.

b) Contratista: Máximo Rodríguez González.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 14.745.000 pesetas.

1. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: execución de beirarrúas provisionais na rúa do Tangaraño entre a N-525 e Marcelo Macías. Ourense.

c) Clave: CA-OUR-00.59.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 164, do 24-8-2000.

2. Orzamento base de licitación.

Importe total: 20.464.940 pesetas.

3. Adxudicación.

a) Data: 28-9-2000.

b) Contratista: Dios Aopil Tangaraño UTE.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 17.840.000 pesetas.

1. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: ampliación, renovación de beirrarúas e rede de auga na rúa Xeneral Aranda.

c) Clave: CA-OUR-00.76.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 164, do 24-8-2000.

2. Orzamento base de licitación.

Importe total: 21.743.241 pesetas.

3. Adxudicación.

a) Data: 28-9-2000.

b) Contratista: Const. Alea, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 19.079.694 pesetas.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a presente resolución, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fín á vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ourense, 30 de outubro de 2000.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense