Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.615

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO 2º)

EDICTO (B-101/2000).

Polo presente edicto faise público, para dar cumprimento ó ordenado polo conselleiro de contas, mediante providencia do 25 de outubro de 2000, dictada no procedemento de reintegro por alcance nº B-101/2000, de Comunidades Autónomas, Galicia, que neste departamento 2º da sección de axuizamento deste tribunal, se segue procedemento de reintegro por un presunto alcance detectado nos informes de auditoría do Consello de Xuventude de Galicia correspondentes ós exercicios económicos de 1990 a 1995 por un importe dun millón setecentas trinta e oito pesetas (1.000.738 pesetas).

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable, poidan comparecer nos autos, dentro do prazo común dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid, vintecinco de outubro de dous mil.

Carlos Leguina Vicens

Secretario