Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense, dependentes desta consellería. (Expediente 9/2000 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 9/2000 SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense

c) Prazo de execución: do 26 de decembro de 2000 ó 30 de maio de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 33.166.080 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: Edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos.

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19-Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o oitavo día contado desde o día seguinte ó da publicción da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o terceiro día hábil contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria