Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.571

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos acordos sobre categorías análogas, adoptados pola Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 24 de novembro de 2000.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 1040/1981, artigo 2º e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 29 de novembro de 2000, certificación da secretaria da Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia, na que se fan consta-los acordos acadados na xuntanza do 24 de novembro de 2000 sobre categorías análogas ou similares, para efectos dos concursos de traslados.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición dos ditos acordos no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Na xuntanza da Comisión Paritaria do vintecatro de novembro de dous mil (acta 7/2000) adoptáronse os seguintes acordos:

Primeiro.-Nos concursos de traslados do persoal laboral considéranse análogas ou similares as agrupacións de categorías que figuran a continuación:

Grupo I

CategoríaPara homologar

19Titulado/a superior especialista.
22Titulado/a superior farmacéutico/a.

1Director/a de residencia, director/a de residencia de estudiantes, director/a de residencia de anciáns, director/a de internado, director/a de centro educativo, director/a de residencia xuvenil.
12Xefe/a de internado.
4Titulados/as superiores.

Grupo II

CategoríaPara homologar

69Oficial servicios técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª servicios varios.
72Oficial de primeira.

Grupo IV

CategoríaPara homologar

1Auxiliar de gravación, oficial 2ª linotipista, auxiliar administrativo/a, oficial 2ª administrativo/a, técnico/a auxiliar en informática, operador/a máquina elemental.

14Auxiliar.

En todo caso, a categoría 32 do grupo IV, declarada análoga coa categoría 1 dese mesmo grupo pola Resolución do 23 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 132, do 10 de xullo), non se deberá considerar análoga coas categorías 1 e 14 mentres non haxa convocatoria específica desta categoría.

Segundo.-Para os efectos dos concursos de traslados, na valoración dos servicios prestados teranse en conta os servicios realizados en cada unha das categorías consideradas como análogas ou similares.