Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.556

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

S.A. DE XESTIÓN CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA

ANUNCIO de proceso selectivo de persoal.

A S.A.X. Cesga acorda convocar proceso selectivo para a contratación para os postos de traballo que a continuación se relacionan.

1 técnico de comunicacións Junior.

1 administrador de aplicacións e proxectos.

Os interesados poden recolle-las bases da convocatoria no centro ou consultalas accedendo ó URL http.//www.cesga.es/emprego.

Para estes postos o Cesga ofrece: contrato de traballo por tempo indefinido.

Prazo: os interesados deberán enviar currículum vitae indicando o posto ó que presentan a súa candidatura nun prazo de 10 días naturais contados desde a data de publicación a: S.A. Xestión Cesga, avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) 15706 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2000.

Javier García Tobío

Director xerente da Sociedade Anónima de Xestión Centro de Supercomputación de Galicia