Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servicios de organización e coordinación dos desprazamentos e visitas ós museos dos grupos de alumnos de ensino obrigatorio participantes no programa Coñecer A Coruña (expediente 00/11943 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios de organización e coordinación dos desprazamentos e visitas ós museos dos grupos de alumnos de ensino obrigatorio participantes no programa Coñecer A Coruña.

Lugar de execución: A Coruña.

Prazo de execución: ata o 30 de abril de 2001.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 8.060.000 pesetas, 48.441,58 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n. 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas do día 26 de decembro de 2000.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 12 de decembro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña