Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de equipos informáticos con destino a asociacións de veciños de municipios da provincia da Coruña (expediente 00/12036 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de equipos informáticos con destino a asociacións de veciños de municipios da provincia da Coruña.

Lugar de entrega e instalación: locais das asociacións de veciños situadas nos municipios da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela que se inclúan no programa convocado pola deputación.

Prazo de entrega: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 35.819.544 pesetas, 215.279,80 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n. 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas do día 26 de decembro de 2000.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 12 de decembro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña