Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 16 de novembro de 2000, acordou a contratación mediante concurso con procedemento aberto urxente con mellora sobre proposta de presentación aprobada por esta corporación, das obras que se sinalarán de conformidade co prego de cláusulas administrativas de xeral aplicación do Concello de Xove, (BOP nº 118, do 24 de maio de 1996), coas modificacións introducidas pola Lei 53/1999, do 28 de decembro, para o contrato coas características que se sinalan de seguido:

Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: saneamento en Palmeiro e San Vicente.

2. Tipo de licitación: 17.414.635 pesetas (IVE incluído).

3. Partida: 460.

4. Prazo de execución: 6 meses.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n Xove).

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais; desde a última publicación no BOP de Lugo e no DOG.

8. Fianza provisional: 696.585 pesetas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra cofinanciada incluída no fondo de cooperación local no ano 2000.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas (BOP nº 118, do 24 de maio de 1996).

Xove, 4 de decembro de 2000.

Secundino Vázquez Frá

Alcalde accidental

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO I

Modelo de proposición

Don/a..... con domicilio na rúa nº..... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de DNI o CIF nº... e con domicilio nº teléfono...) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para eses efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que se compromete a efectua-las melloras sobre a proposta prestada pola Administración, que se indican... e que se compromete á realización de unidades de obra adicional, que serán determinadas pola Administración por un importe total de... (en letra e número pesetas) valoradas ós prezos unitarios figurados no proxecto, é dictar a prezos de execución material.

4. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de 2000

O licitador (Asinado e rubricado)

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación das obras de... presentada por...

En... o... de... de 2000

O licitador (Asinado e rubricado)