Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 31 de outubro de 2000, aprobou o prego de condicións e a contratación mediante concurso con procedemento aberto, do servicio de recollida de r.s.u. dependente do Concello de Xove. De conformidade co disposto na vixente normativa exponse ó público

o prego referido polo prazo de oito días para exame e reclamacións, simultaneamente anúnciase a licitación por un prazo de 15 días contados a partir da publicación no DOG se ben aprazaríase a mesma de formularse reclamacións, para o contrato coas características que se reseñan de seguido:

Cadro de características do contrato.

1. Obxecto da licitación: servicio de recollida de r.s.u no Concello de Xove.

2. Tipo de licitación: 9.000.000 de pesetas (IVE incluído).

3. Tramitación: procedemento aberto de concurso.

4. Duración do contrato: 1 ano.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e obtención de información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n Xove), teléfono: 982 59 20 01 e fax: 982 59 1 54, en horario de 10 a 14 horas.

7. Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais.

8. Fianza provisional: 180.000 pesetas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: fondos propios.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Xove, 9 de novembro de 2000.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO I

Solicitude para incluír no sobre A (oferta económica e melloras propostas).

Don/Doña..... con domicilio en..... nº....., a efectos de notificacións e DNI nº....., expedido en ..... o..... de..... de 19.., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar en nome propio (ou en representación de conforme acreditou con poder notarial declarado bastante), fai constar:

1. Que solicita a súa admisión ó concurso convocado polo Concello de Xove no BOP nº..... de data..... para contrata-la adxudicación do concurso con procedemento aberto da explotación do servicio de recollida de r.s.u. no termo municipal do Concello de Xove.

2. Declara baixo a súa responsabilidad non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade establecidas na normativa básica vixente de contratación das entidades locais.

3. Xúntase documento xustificativo de que se prestou a garantía provisional por importe equivalente ó 2 por cento do tipo de licitación.

4. Xunta os documentos esixidos nos pregos de condicións e os seus anexos

5. Propón como prezo do contrato o de..... pesetas anuais, e ofrece como melloras no servicio as que indica de seguido:.....

6. Acepta plenamente todas e cada unha das condicións contidas nos pregos do concurso e cantas obrigas del se deriven como concursante e adxudicatario se o fora.

(Lugar, data e sinatura)

Sobre B-Documentación acreditativa da personalidade e características do licitador e garantía depositada.

Documentación para unir á proposición.

1. Xustificante de que se constituíu o depósito da garantía provisional.

2. Fotocopia do documento nacional de identidade.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade para contratar.

4. A que acredite atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da seguridade social impostas polas disposicións vixentes, acreditación que poderán facer mediante a seguinte documentación:

a) Obrigas tributarias:

-Estar dado de alta e ó corrente no pagamento do imposto sobre actividades económicas.

-Declaración de ingresos, se é o caso, do IRPF e pagamento a conta ou fraccionado do IVE.

b) Obrigas de seguridade social:

-Estar inscrito ou afiliado de alta na seguridade social ou réxime que lle corresponda e ó corrente no pagamento das cotas correspondentes.

No suposto de que o licitador non desempeñase ata o momento actividade empresarial ou mercantil ningunha, deberá xustifica-la presentación, se é o caso, da declaración do IRPF. Así mesmo deberá formular declaración xurada comprometéndose a solicitar, de resultar adxudicatario no prazo improrrogable de quince días e en todo caso con carácter previo á sinatura do contrato a alta no IAE e afiliarse á seguridade social.

A documentación esixida nos puntos precedentes de non ser orixinal deberá te-lo carácter de auténtica conforme o disposto na lexislación vixente.

5. Declaración xurada de seren certos todos e cada un dos extremos contidos nos documentos anteriores.

6. Declaración de prazo para a posta en funcionamento do servicio a contar desde a data de adxudicación definitiva.

7. Memoria descritiva asinada polo propoñente ou representante legalmente autorizado, para o servicio de recollida de r.s.u.no termo municipal, comprensiva dos medios con que conta para presta-lo servicio, forma en que pretende realizalo, e en especial melloras que ofrece sobre as condicións mínimas prevista no prego de condicións para a prestación do servicio a fin de que a corporación poida aprecia-las vantaxes e desvantaxes.

8. Experiencia na realización de tarefas análogas en centros públicos, que deben ser acreditadas mediante certificación ou informe da autoridade ou funcionario responsables da entidade ou organismo de que se trate.

9. Titulación e diplomas de que dispoñen que acrediten a súa capacidade e cualificación para o desenvolvemento da actividade.

10. Lista de prezos ofertada para a prestación dos diversos servicios de recollida de r.s.u.

11. Escritua de poder, verificada na súa suficiencia, se actúa en representación doutra persoa.