Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA VEIGA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Veiga.

2. Obxecto do contrato: accesos na Veiga, Carracedo e outros.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 19.191.742 pesetas.

5. Garantías: provisional: 383.835 pesetas. Definitiva: 767.670 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello da Veiga. Domicilio:praza do concello, 1, 32360 A Veiga. Teléfono: 988 35 00 00, Fax: 988 35 00 60.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, contados a partir do primeiro día seguinte ó da publicación da convocatoria no BOP. Se o último día de prazo coincidise en festivo, o prazo ampliarase ata o seguinte día natural non festivo. Non se admitirán proposicións que chegen por correo fóra do prazo sinalado para a presentación das proposicións.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe as contratacións e conforme o modelo que no devandito prego se establece.

c) Lugar de presentación: secretaría.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello da Veiga.

b) Data: ás doce horas do segundo día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación das proposicións. Non se considerarán hábiles, para este efecto, os sábados.

A Veiga, 5 decembro de 2000.

Edesio Yáñez Gómez

Alcalde en funcións