Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de exposición pública.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 26 de outubro de 2000, acordou inicia-lo expediente de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan Especial do Sistema Xeral C-1. Cemiterio de Boisaca. 1ª fase. UX-1.

En cumprimento do disposto no artigo 145.33º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o concello expón ó público o dito proxecto de expropiación, co fin de que no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia ou desde a notificación individual, se esta fose posterior, os interesados poidan formula-las alegacións que consideren oportunas.

Relación de bens e dereitos afectados.

Termo municipal: Santiago de Compostela.

Situación: Boisaca.

Propietario/a: Tanatorio Boisaca, S.L.

Parc.: 7.

Relación de bens afectados:

M exprop.: 8.955.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado