Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.556

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 5 de decembro de 2000 polo que se fai público o acordo de nomeamento de secretarías en réxime de provisión temporal de diversos órganos xudiciais de Galicia.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 4 de decembro de 2000. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretario

de Provisión Temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza. A Coruña. Confírmanse os acordos da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 17 e 24 de novembro de 2000, polo cal se nomean secretarios en réxime de provisión temporal. Esta xerencia territorial no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais:

Provincia da Coruña:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, Carmen Veiras Suárez.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, Luis Fernández-Arias González.

Provincia de Lugo:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Fonsagrada, María de los Ángeles Pernas Vale.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Viveiro, María del Mar Barral Pérez.

Provincia de Ourense:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Pobra de Trives, María Lapido Alonso.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Verín, María del Carmen Isasi Varela.

Provincia de Pontevedra:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, María Montserrat Neira López.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín, María del Pilar Pazos González.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Lalín, Javier Tudela Guerrero.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo da xerencia territorial».

Asemade se fai constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno do 17 e 24 de novembro de 2000, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación da presente no Diario Oficial de Galicia, pregándolle envíe a esta presidencia un exemplar do mesmo no que se faga para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 5 de decembro de 2000.

Jesús Souto Prieto

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia