Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (27/2000).

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 27 de outubro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Declara-la necesidade de ocupación dos bens e dereitos que se relacionan e iniciación do expediente expropiatorio:

Porción de 54,65 m que linda na súa fronte e dereita coas rúas Ricardo Pérez e Ronda de Outeiro, hoxe ocupados polo vial e beirarrúa. Forma parte do predio que se describe desta maneira termo muni

cipal da Coruña, parroquia de Santa María de Oza, lugar do Montiño. Porción dunha área, dezasete centiáreas, que linda: fronte de oito metros sesenta centímetros o predio do cal se segrega de Ricardo Pérez Rodríguez destinada a rúa de dez metros de largo; dereita entrando, en trece metros tamén destinada a vía pública; costas en nove con corenta, horta de Enrique Suárez Ferrín e esquerda, en trece metros máis predio desta procedencia, hoxe Francisco Rodríguez.

Título: escritura pública de compravenda outorgada o 23 de agosto de 1973 ante o notario Ramiro Prego Meirás, de Betanzos, nº 2.202 e que se encontra inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 da Coruña, libro 173, folio 250, predio nº 12.554.

Titular: Demetrio López Quiroga con domicilio na Coruña, rúa San Diego nº 14-4º D.

Segundo.-Declarar beneficiario da expropiación para os efectos do establecido no artigo 5 do Regulamento de expropiación forzosa a Inmobiliaria Gainco, S.A., con domicilio na Coruña, rúa San Andrés 56-6º A.

Terceiro.-Proceder á publicación do acordo a través de anuncio no BOP e DOG, notificación ó afectado e beneficiario da expropiación.

Terceiro.-O que comunico a Vd. para o seu coñecemento indicando que, contra este acordo, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e noutro caso, no prazo de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

Cuarto.-De conformidade co artigo 24 da Lei de expropiación forzosa procederá outorgarlle ó afectado e ó beneficiario da expropiación un prazo de 15 días para convi-la adquisición por mutuo acordo; en caso contario, seguirá o expediente expropiatorio o seu curso legal sen prexuizo que en calquera estado posterior da súa tramitación poidan as partes chegar ó dito mutuo acordo.

O que se publica para os efectos sinalados no propio acordo.

Esta publicación terá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal e en concreto para Demetrio López Quiroga e Inmobiliaria Gainco, S.A.

A Coruña, 6 de novembro de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda