Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía, con data do 2 de novembro de 2000, dictou a seguinte resolución:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación do polígono H8.01 (Gaiteira I), a execución do cal está prevista no PXOM polo sistema de cooperación.

Segundo.-Somete-lo citado proxecto á información pública polo prazo de 20 días, para os efectos de presentación de alegacións.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo examina-lo expediente durante o prazo de vinte días no Servicio Municipal de Urbanismo, sito na avda. da Mariña, nº 18 de 12 a 14 horas.

A Coruña, 3 de novembro de 2000.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro-delegado de Urbanismo