Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da alcaldía do día 7-11-2000, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto de subministración de 335 contedores, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 8.174.000 pesetas (849.126,73 euros).

Prazo de subministración: 35 días.

Fianza provisional: 163.480 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, caso no que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de vinteseis (26) días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación.

Documentación: presentarase en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 10 de novembro de 2000.

Manuel Varela Rey

Alcalde