Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da alcaldía do día 8-11-2000, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto urxente, para a obra: supresión de barreiras urbanísticas e arquitectónicas no Concello de Carballo, 1ª fase e reformado I, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazase, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 18.096.000 pesetas equivalentes a 108.759,15 euros.

Prazo da obra: oito meses (8).

Fianza provisional: 361.920 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo si é sábado, caso no que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación das 9 ás 14 horas, dentro do prazo dos trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación.

Documentación: presentarase en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 9 de novembro de 2000.

Manuel Varela Rey

Alcalde