Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

ANUNCIO.

Contratación por concurso aberto para a execución da obra de pavimentación de camiños rurais, incluída no PIEL 2000.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Cañiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

Obra: pavimentación de camiños rurais.

Obxecto do contrato: execución da obra.

Lugar de execución: Concello da Cañiza.

Prazo de execución: 10 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

16.272.984 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 325.459 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello da Cañiza. Secretaría xeral.

Domicilio: rúa Oriente, nº 11.

Localidade: 36680 A Cañiza.

Teléfono: 986 65 10 00.

Fax: 986 65 11 90.

Data límite para a obtención da documentación: ata o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica, en calquera dos xeitos previstos no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto 2/2000.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (a derradeira publicación).

Lugar: no rexistro xeral do concello, de luns a sábado, das 9.30 ás 1.30 horas, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.

Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de condicións.

Prazo durante o cal está obrigado o licitador a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

9. Modelo de proposición.

Axustarase ó que figura no prego de condicións.

10. Apertura de ofertas.

Entidade: concello da Cañiza. Secretaría xeral.

Domicilio: rúa Oriente, nº 11.

Localidade: 36680 A Cañiza.

Data: ás 12 horas do 1º día hábil seguinte (non sábado) ó de remate do prazo para a presentación de ofertas.

11. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e do proxecto técnico.

O prego de cláusulas administrativas particulares exporase ó público durante o prazo de 4 días hábiles desde a publicación deste anuncio, para que os interesados poidan examinalo e, se é o caso, presentar reclamacións perante o mesmo.

Co mesmo fin, exponse durante o prazo de 8 días hábiles o proxecto técnico.

En ámbolos casos, de presentarse reclamacións a licitación quedará suspendida ata que aquelas fosen resoltas.

A Cañiza,13 de novembro de 2000.

Manuel Gregorio Pérez

Alcalde