Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Dirección Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso público anticipado de gastos, do expediente 1/2000 para a subministración de productos para a incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de conformidade co establecido na letra h) do artigo 6 da Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), pola que se modifica a do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria mediante concurso público anticipado de gastos, para a subministración de productos para a incontinencia urinaria.

1. Órgano de contratación:

Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Lugo.

Rúa Dr. García Portela, 11.

Teléfono: 982 29 69 17.

Fax: 982 29 69 39.

2.a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso público anticipado.

b) Forma do contrato que é obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3.a) Lugar de entrega: segundo petición, en todos e cada un dos centros indicados no anexo I que se menciona no punto 2.4.1. do prego de prescricións técnicas.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse:

Lote nºPrezo unitario

(ptas.)

CantidadeImporte ptas.Importe euros

133445.00014.685.00088.258,62

22842.0001.176.0007.067,90

349300.00014.700.00088.348,78

458400.00023.200.000139.434,81

53.2001.9406.208.00037.310,83

Importe: 59.969.000 pesetas (cincuenta e nove millóns novecentas sesenta e nove mil pesetas) IVE incluído, 360.420,94 euros (trescentos sesenta mil catrocentos vinte con noventa e catro céntimos de euro) IVE incluído.

Duración: un ano desde a formalización do contrato.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: admítense licitacións parciais, segundo o punto 2.1.2 do prego de cláusulas administrativas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: o sinalado no punto 2.4.2. do prego de prescricións técnicas.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Xestión Económica e Investimentos da Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Lugo, rúa Dr. García Portela, 11. Teléfono 982 29 69 17 e fax 982 29 69 39.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 31-12-2000.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para a obtención dos documentos: non hai importe.

6.a) Data límite de recepción de propostas: 8-1-2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Lugo, rúa Dr. García Portela, 11. 27002. Lugo.

c) Lingua ou linguas na que se deben redactar: galego ou castelán.

7.a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura: undécimo día natural contato a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas, sinalado no punto 6a) deste documento (no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte). Ás 12 horas. Sala de reunións da Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Lugo.

8. Garantías esixidas:

Definitiva: o 4% do importe de licitación dos lotes adxudicados a cada adxudicatario. Os importes figuran no prego de prescricións técnicas (punto B/1.1. cadro resumo).

Constituiranse segundo o disposto no artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias a textos que as regulan:

O presente concurso convócase financiado por conta orzamentaria 2797-2121-4891-efectos e accesorios.

Os pagamentos efectuaranse contra a presentación de recibo de entrega.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria da contratación: segundo o sinalado no artigo 24 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que teña que reuni-lo provedor: de acordo co establecido nos artigos 16 e 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

12. Prazo no que o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato. Os criterios diferentes ó prezo máis baixo citaranse cando non figuren nos pregos de condicións:

Relación de criteriosNº de puntos

Calidade do producto45

Prezo35

Servicio técnico de subministración15

Outros servicios relacionados

coa subministración5

Criterios de oferta desproporcionada ou temeraria: non se admitirán ofertas económicas que estean por debaixo do 10% da media de tódalas ofertas.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: está recollida nos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares deste concurso.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publicou anuncio de información previa.

17. Data de envío do anuncio: 16-11-2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Lugo, 31 de outubro de 2000.

Manuel Díaz Vázquez

Director provincial de Lugo