Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 4 de decembro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de novembro de 2000, pola que se aproba definitivamente o proxecto de planta de transferencia de residuos sólidos urbanos de San Cibrao das Viñas (provincia de Ourense), promovido pola Sociedade Galega de Medio Ambiente como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de acordo co previsto na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 237, do 7 de decembro, cómpre face-la súa corrección.

Na páxina 16.210, no enunciado da resolución, onde di: «... publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de novembro de 2000...», debe dicir: «... publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de decembro de 2000...».

No último parágrafo da páxina 16.210 da citada resolución, onde di: «... Visto o antedito acordo da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do día 30 de marzo de 2000...», debe dicir: «... Visto o antedito acordo da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do día 1 de decembro de 2000...».