Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (26/2000).

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 27 de outubro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro: declara-la necesidade de ocupación dos bens e dereitos que se relacionan e iniciación do expediente expropiatorio:

Sistema local de espación libre-Adormideras I-EL-H2.01.

Labradío chamado Pregueira na Agra de San Amaro, de catro ferrados e cuarto, ou dezaoito áreas oitenta e sete centiáreas. Estrema polo oeste cos herdeiros de José Suárez, os de Antonio Loriga e outros; leste con Andrés Varela; sur con camiño de servicio que a divide de Jacobo Fereno e norte a ribeira-mar. Non obstante, a cabida expresada no título consta na propia escritura na que contén o predio, que foi segregada unha porción dela nunha superficie de 1.411,68 m, que foron vendidos á Empresa Termac, S.A. o 2-3-1967, según mención marxinal que efectúa o notario José Luis García Pita, restando na actualidade a superficie de 476 m.

Referencia rexistral: folio 142, libro 9, tomo 58 do Concello da Coruña.

Titulares: Luis Monteagudo García e os herdeiros de Enrique Monteagudo García, que son Enrique Manuel, Mª Luisa, María Victoria e Mª Luisa García de la Fuente, esta última como viúva de Enrique Monteagudo García.

Enrique Manuel Monteagudo García comparece como apoderado da súa irmá Mª Luisa (escritura de poder nº 3.169 do 16 de setembro de 1993) e da súa nai María Luisa García de la Fuente (escritura de poder nº 95, do 12 de xaneiro de 1994).

Sistema local de espaciós libres-Adormideras II-EL-H2.02.

Predio denominado Pragueiras, enclavado en zona verde e cortado por estrada de circunvalación que, pasando xunto o Club do Mar, desemboca na avda. de Navarra cunha superficie útil (descontado trozo ocupado por estrada e parte do predio que linda polo mar de acordo co plano que consta no expediente), de 1.067 m. Linda: norte, con terreos de Faustino Fernández Vázquez e herdeiros de Regueira; leste, con terreo de recheo sobre o que antes eran rochas limítrofes co mar; sur, con propiedades de Faustino Fernández Vázquez e camiño; oeste con Termac, S.A.

Referencia rexistral: predio nº 2.349, 9ª, folio 164, libro 38 do Rexistro da Propiedade nº 4 da Coruña.

Titulares: Consuelo, Julio, José Manuel e Román Javier Almoyna Sánchez, Ana Mª Sánchez Fernández, María del Carmen Almoyna Bento, Javier Almoyna Sales e Beatriz, Alberto, Álvaro, José Ramón e José Manuel Almoyna Pernas.

Déixase constancia de que Román Almoyna Sánchez actúa en nome propio e en representación dos

herdeiros de Ramón Almoyna Pernas, irmáns Almoyna Sales, segundo escritura nº 1956/93 outorgada ante o notario de Alacant Alberto Ortiz Vera e escritura 2071/93 ante o notario de Alacant Cela y Piñol. En representación dos irmáns Julio Ángel e José Manuel Almoyna Sánchez e súa nai Ana Mª Sánchez Fernández segundo escritura nº 953, do 8 de abril de 1998, ante o notario da Coruña Miguel Jurjo Otero. En representación de José Manuel Almoyna Pernas segundo escritura nº 309, do 17 de febreiro de 1992 ante o notario de Madrid José Amérigo Cruz. En representación de Mª Luisa e Luis Carmelo Gómez Almoyna, segundo escritura nº 3276 outorgada o 30 de outubro de 1997, ante o notario de Madrid Rafael Martín-Forero Lorente. En representación de Lorenzo Julio Gómez Almoyna segundo escritura nº 4807 outorgada en Vigo o 22 de decembro ante o notario Santiago Botas Prego.

Non consta poder de Ramón María Gómez Almoyna (herdeiro de Mª Carmen Almoyna Bento) e Carmen Almoyna Sánchez.

Sistema local de espacios libres-Adormideras III-EL-H2.03.

Constituído polos tres predios que se relacionan:

Labradío chamado Pragueira, na Agra de San Amaro, de mil cento noventa e sete m. Linda norte, con Sociedade M. Rodríguez e Cía., S.L.; sur herdeiros de Ramón Almoyna; leste en liña de vinte metros, estrada de circunvalación; oeste, en liña de dezaoito metros, con Termac.

Referencia rexistral: inscrición 1ª, predio 6.763-N, folio 1, libro 109 do Rexistro da Propiedade nº 4 da Coruña.

Labradío chamado Pragueira Maior, na Agra de San Amaro, de tres mil cento cincuenta e nove metros e vinte decímetros cadrados. Linda norte, herdeiros de Ramón Almoyna; sur terreos de Termac; leste, en liña de corenta e catro metros vinte decímetros, estrada de circunvalación; oeste dos herdeiros de Juan Durán.

Referencia rexistral: inscrición 1ª, predio 6.765-N, folio 4 libro 109 do Rexistro da Propiedade nº 4 da Coruña.

Labradío chamado Pregueira Menor, de dez áreas trinta e seis centiáreas. Linda: norte, estrada; sur, predio anterior; leste, de Pedro Pita e oeste dos herdeiros de Juan Durán.

Referencia rexistral: inscrición 1ª, predio 6.767-N, folio 7, libro 109 do Rexistro da Propiedade nº 4 da Coruña.

Segundo: proceder á publicación do acordo a través de anuncio no BOP e DOG e notificación ós afectados.

Terceiro: contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contecioso Administrativo do Tribunal Superior de Xus-

tiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

Cuarto: de conformidade co artigo 24 da Lei de expropiación forzosa outorgarlle ó afectado e ó beneficiario da expropiación un prazo de 15 días para convi-la adquisición por mutuo acordo, do contrario seguirase o expediente expropiatorio sen prexuízo que en calquera estado posterior da súa tramitación poidan as partes chegar ó dito mutuo acordo.

O que se publica para os efectos sinalados no propio acordo.

A Coruña, 6 de novembro de 2000.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda