Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/164-2, 5509 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Cordal, Codesido.

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV con orixe na L.M.T. dos Tineos e remate no C.T. de Pardiscos en conductor LA-56 de 216 m de lonxitude. L.M.T. a 20 kV con orixe na L.M.T. de Codesido e remate no C.T. de Piño en conductor LA-56 de 119 m de lonxitude. C.T. de Pardiscos de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. de Piño de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. en Pardiscos de 1.800 m de lonxitude. R.B.T. en Piño de 1.880 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 25 de outubro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo