Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/156-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: rúa Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. a C.T. Gravas de Atios na Canteira Anro.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea, a 20 kV, a aérea de 70 m de lonxitude con conductor tipo LA-56, a subterránea de 20 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V. 1x95 Al, desde o entroncamento coa L.M.T. a Blokdegal ó C.T. en caseta que se instala para subministra-la Canteira Anro de Gravas de Atios, S.A. en Albarín Atios, concello do Porriño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 19 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra