Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do Plan especial de selaxe, cerramento e rexeneración do actual vertedoiro de Bens (concello da Coruña).

Antecedentes.

1º O Concello da Coruña remitiu, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda na Coruña, o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación para a execución do plan especial de selaxe, cerramento e rexeneración do actual vertedoiro de Bens, no Concello da Coruña, de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

2º A Comisión de Goberno do Concello da Coruña, acordou o 12 de novembro de 1999 aprobar inicialmente o proxecto de taxación conxunta e sometelo a información pública polo prazo dun mes anunciándose nos diarios La Voz de Galicia e Ideal Gallego de data 19 de novembro de 1999, no DOG de data 25 de novembro de 1999 e no BOP de data 27 de novembro de 1999.

3º A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.

4º A Comisión de Goberno do Concello da Coruña, en sesión celebrada o 23 de xuño de 2000 aprobou os informes relativos ás alegacións presentadas en relación co proxecto de expropiación e acordou, de conformidade co artigo 145.6º da LSG, a remisión do expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.

Segundo.-No Concello da Coruña está vixente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado o 19 de outubro de 1998, no que se clasifican como solo rústico sistema xeral de infraestructuras. En desenvolvemento das determinacións do PXOU redactouse o Plan especial de sellaxe, cerramento e rexeneración do actual vertedoiro de Bens e mellora do medio rural no monte das Pallas aprobado en sesión plenaria celebrada o 14 de febreiro de 2000.

En virtude do disposto polos artigos 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e os artigos 54, en relación co 119.5º, 124 e 145 da LSG, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos, resultando lexitimada a expropiación.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da LSG:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Cuarto.-No proxecto remitido polo concello sinálase que os criterios de valoración utilizados para a fixación do prezo xusto axústanse ós establecidos nos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables, proponse adopta-la seguinte

RESOLUCIÓN:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación para a execución do Plan especial de selaxe, cerramento e rexeneración do actual vertedoiro de Bens, no concello da Coruña.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da LSG).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Instituto Galego da Vivenda e Solo e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da LSG, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Nº predioPropietarioSuperficie

m

Valoración

ptas.

28Emilia, Evangelina e Alicia López Arias7.52020.529.600

29José Rodríguez López2.2404.233.600

30Consuelo Pardo1.2002.268.000

31Descoñecido7201.360.800

32Propiedade litixiosa2.0214.986.660

33Toribio Ferrero Botas e Isabel Botas Horcajo e Antonia Orro Sánchez21.71941.048.910

34José, Manuel, Luis e Pilar Pombo Martínez4.4508.410.500

38Miguel Angel Santiago González e Estrella Reino Bardanca3.5857.271.250

39José Martínez Corral e Esther Martínez Corral6.80012.852.000

40Miguel Ballesteros8.88019.231.800

41Manuel Caridad Freire e Herdeiros de Dolores Caridad Calviño4.5309.136.391

42Cricorde, S.L, Mª Pilar Seoane Alonso, Rafael Seoane Alonso, Mª Victoria Soane Alonso5.80010.962.000

43Concepción Dapena Carro1.3609.284.457

44Gumersindo Varela Varela1.7615.326.650

45Carmen Rodríguez de la Iglesia6.36912.873.210

135María Martínez González4585.050

140Santiago e Jacinto Seoane Corral e José Zas Sande2.4944.713.660

275Manuela Pardo Vázquez70132.300

281Ramón Pardo Vázquez7661.447.740

283Olga, Pilar, Manuela, Adelina, Irene, Fernando Gantes Vázquez e Hrdos. de Adolfo Gantes Vázquez395746.550

284Gonzalo Vázquez Cedeira363686.070

285José Vázquez Varela445841.050

286José Souto Costa9552.768.325

287Carmen Taboada Suárez, Dolores Taboada Suárez, José Manuel Calvo Taboada, Elena Calvo Taboada, Dolores Calvo Taboada, Mercedes Calvo Taboada1.2602.381.400

288Elena Gantes Vázquez, Consuelo Gantes Vázquez505954.450

289José Alvedro Roade, Josefa Patiño Galán, Gabriel, Pilar, Gonzalo e Luisa Alvedro Mantiñán430812.700

291Comunidade Hereditaria de Pilar Martínez Zas1.3512.553.390

309Fernando Marchesi Quiñones de León8131.536.570

310Descoñecido175330.750

311Aurelia-Mercedes, Pilar-Ramona e Carmen Rodríguez Martínez8121.534.680

536José Catoira Mouriño343648.270

9044Propiedade litixiosa99187.110

9291Descoñecido2.2344.222.260

Vía pública entre 39 e 40Descoñecido3.441.396

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Gali

cia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o art. 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo (art. 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, no lugar do recurso de reposición poderá dirixir ó órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifestaren a súa desconformidade como se indicou no punto 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2000.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo