Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/181-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T. a C.T. A Airoa.

Situación: Fornelos de Montes.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, de 628 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o último apoio da L.M.T. Verducido-A Laxe ata o C.T. que se proxecta na Airoa, concello de Fornelos de Montes. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 26 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra