Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.531

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de decembro de 2000 pola que se anuncia a adxudicación de oito bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocadas por Orde do 27 de outubro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 217, do 9 de novembro).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión do día 5 de decembro de 2000 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de nove bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 217, do 9 de novembro de 2000, e de conformidade co establecido na base sétima da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder oito bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo I á presente resolución.

No caso de producirse algunha renuncia procederase, a adxudicárlle-la mencionada bolsa a outros candidatos, se os houbese, de acordo coa relación de suplentes que se inclúe no anexo da presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base terceira da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será de 122.000 pesetas mensuais, coa retención fiscal que corresponda. Os adxudicatarios destas bolsas defrutarán delas durante o período comprendido entre o 12 e o 31 de decembro de 2000.

Terceira.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso postestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome dos bolseirosNIF

Proxecto I: Corpus de referencia do galego actual.

Titular:

Ledo Villaverde, Ana44.808.142-W

Suplente:

González Tarrela, Mª Mar46.901.992-R

Proxecto II: Gramática e léxico computacionais aplicados á traducción.

Titular:

Rodríguez Álvarez, José A.34.628.448-Q

Suplente:

Sayans Gómez, Antonio44.813.073-B

Titular:

Villar Conde, Elena33.292.217-Q

Suplente:

González Tarrela, Mª Mar46.901.992-R

Proxecto III: Diccionario de fraseoloxía galega.

Titular:

Buján Otero, Patricia76.871.888-T

Suplentes:

López Arias, Mª Eugenia34.997.366-Z

Sotelo Dios, Patricia52.494.815-Y

Proxecto IV: Cadernos de fraseoloxía galega.

Titular:

Paz Roca, Mª Carmen33.339.843-D

Suplentes:

Edrosa Quintana, Hortensia77.596.573-R

Vázquez Recarey, Susana Mª79.314.435-Q

Proxecto V: Construcción dun sintetizador texto-voz en galego.

Titular:

Seijo Pereiro, Lorena46.899.043-L

Suplente:

Vázquez Recarey, Susana79.314.435-Q

II bolsa:

Deserta.

Proxecto VI: Diccionarios de literatura.

Titular:

López Fariña, Montserrat52.497.405-C

Suplentes:

Martínez Castro, Mª Carmen76.898.046-F

Arizaga Castro, Susana35.310.106-T

Proxecto VII: Aspectos informáticos de diversos proxectos do centro.

Titular:

Vilares Ferro, Jesús36.111.593-Y