Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.448

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de decembro de 2000 pola que se establecen e regulan os plans e programas de actuacións, axudas e subvencións en favor dos galegos residentes no exterior, para o exercicio de 2001.

A galeguidade, en canto que é o sentimento no que se basea un sentido da unidade máis axeitado á actualidade, de fronteiras e dos afastamentos e distancias e que tanto calou en tódolos galegos do exterior, intensificou dun xeito crecente e progresivo esa aceptación e reafirmación da identidade común. Hoxe en día, nin a dispersión da poboación é atranco para unhas relacións áxiles, nin os lindeiros de terra ou de mar diminúen as posibilidades de integración ou diferencian a condición dos galegos.

Esa realidade tan universal e esperanzadora non soamente aconsella unha acción de apoio ben definido, senón que esixe manter e mellorar tódalas emprendidas nos anos anteriores e complementalas con outras que os mesmos tempos que transcorren requiren. Na actualidade o certo é que se acadou unha imaxe máis nidia da realidade do pobo galego e na súa imaxe e proxección é notoria a incidencia dos centros e casas de Galicia do mundo.

O conxunto das actividades que levan adiante as comunidades galegas, que tanto contribuíron a asenta-la proxección de Galicia, tan sobresaínte nos últimos anos, seguen as canles seguintes: os plans establecidos e os programas elaborados pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas; as indicacións expresas e os quefaceres suxeridos polo presidente da Xunta de Galicia e todas aquelas iniciativas xerais e especiais que xorden no seo do Consello das Comunidades Galegas, tanto nas sesións plenarias como nas reunións regulamentarias da súa comisión delegada.

Unhas e outras trazas teñen por principal obxectivo o de axudar a unha mellor definición da realidade humana e cultural dos centros e comunidades, axustándoa o máis posible ós tempos actuais e, asemade, para incrementa-lo aprecio, a proxección social e para afianza-la súa mesma pervivencia no porvir.

A partir daquelas grandes realizacións, con páxinas sobranceiras na historia da nosa emigración e que gozan dunha admiración case lendaria que seguen compracendo e oufanando moi xustamente ós galegos do exterior, por canto o seu máis antigo asociacionismo demostrou un indubidable creto nas súas creacións asistenciais, culturais, educativas e convivenciais e nas iniciativas que sempre xurdiron nos seos das comunidades e centros.

Os contactos persoais e institucionais mantidos ó longo dos tempos coas nosas xentes da Galicia exterior e que, na práctica, xa chegaron ata case a totalidade das comunidades e centros espallados polo mundo, incluíndo os máis afastados fortaleceron moi clara e fondamente os enlazamentos dunhas e doutros coa Galicia territorial, coas súas xentes, entidades e institucións, e favoreceron e incrementaron unha conciencia nova dos sentimentos inmutables, tanto na estima como na valoración das mesmas actividades desenvolvidas e no funcionamento das súas estructuras e dos seus servicios.

Hoxe en día, aínda os centros máis pequenos e aqueloutros de máis recente fundación, acadaron, na súa maioría, un prestixio que non pode estragarse nin esmorecer, por canto todos eles souberon, desde un esforzo a prol da autenticidade, difundi-lo nome de Galicia e da súa realidade histórica e actual.

Tan constante e ininterrompida visión máis universalista de Galicia, nunca significou, nin antes nin agora, unha perda da identidade nin dos sentimentos comúns, polo contrario, fortaleceu os vínculos familiares, sociais, económicos e políticos entre os galegos da diáspora e a súa terra, entendida hai xa algún tempo como unha comunidade humana específica, como un pobo ben definido, que superou os medios físicos e que superou esas razóns puramente sentimentais dos enlazamentos.

O interese crecente por certos programas e o mesmo incremento da participación neles, fixo que enraizasen forte e fondamente de tal sorte que hoxe son imprescindibles e a súa mesma continuidade require aumenta-los apoios e coidar da súa mellora. Neste sentido, convén ter presente que calquera avaliación das accións nas que o factor humano teña grande importancia ten dificultades na súa medición e na súa efectividade, xa que a estimación da rendibilidade , é dicir, dos resultados obtidos cos programas desenvolvidos dependen moito da vontade, do traballo, da xenerosidade e dos afáns dos membros de todas e de cada unha das comunidades.

Soamente para aprecia-la eficacia humana, por pouca sensibilidade que se poña, abonda coa análise dos datos e cifras de certos programas salientables. Bo exemplo conteñen aquelas accións dirixidas ás persoas de máis avanzadas idades e que dalgunha maneira queren responder, en xusta solidariedade, ós esforzos e sacrificios que elas fixeron polos seus e pola terra natal. Quen son beneficiarios delas, expresan a cotío unha compracencia infinda polos efectos que neles producen, en moitos e variados aspectos, desde o meramente económico ata o psicolóxico e espiritual.

Por canto lles facilita un persoal acercamento a Galicia, reflíctese moi clara e expresivamente nos froitos do programa Reencontros, que tanta sona acadou, e que vén ser unha contestación axeitada ó encadeamento á terra, tan fonda e afervoadamente sentido polos galegos de máis altas idades, que levan moitos anos afastados da súa terra e das súas orixes familiares e territoriais.

Da xeral acollida, do interese crecente e do éxito da actividade falan por si mesmas as peticións e solicitudes que, ó longo dos últimos anos, se acrecentaron continuamente. O impacto dos que tiveron a oportunidade de desfrutar do seu reencontro, aínda contribúe máis a espertar ansias de participación entre os seus iguais.

Sentimentos e desexos da mesma natureza latexan tamén nos galegos que residen noutras terras de España ou nos distintos países europeos, que queren igualmente achegarse á súa terra, ás súas xentes e contemplar moi preto delas a nova imaxe real de Galicia. O programa, moi semellante ó dito e que, baixo o tamén enraizado nome de Vacacións para lembrar, foi acollido, desde o primeiro ano da súa implantación, co maior interese, xa que demostrou palmariamente que reabría a conciencia da identidade e os sentimentos de unión con Galicia.

As estadías en Galicia dos galegos do exterior, dos que residen en países transoceánicos e dos que viven no vello continente e noutras comunidades autónomas e rexións de España, transmiten ás xentes das comunidades ás que pertencen os seus testemuños vitais da realidade que atopan nos tempos da convivencia colectiva, e naqueloutros que comparten a experiencia coas súas propias familias ou mesmamente nas viaxes que fan polo terriorio galego. Os que desfrutaron das viaxes e estadías e os que oíron os seus vivenciais relatos, convértense, natural e espontaneamente, en verdadeiros propagandistas de Galicia.

Ben certo é, por outra banda, que o mantemento das comunidades galegas do exterior, a vitalidade e influencia dos seus quefaceres e esa necesidade que senten os galegos de proxecta-la esencia e as características da súa terra, depende, nos tempos actuais, de que a meirande parte das actividades se dirixan a favorece-la integración e comprensión xeracional, xa que dela depende a mesma pervivencia da galeguidade. De aí que teña que coidarse dese outro importante segmento poboacional, constituído polos descendentes, mozos e nenos, que nalgúns países chegaron xa á terceira xeración.

As ensinanzas de moi concretas accións, con ben contrastadas experiencias, de abondo estudiadas e cuantificadas, fan indubidable que aqueles mozos descendentes de galegos que dispuxeron da oportunidade de ter un contacto persoal e directo con Galicia, senten o impacto que, con moita forza, os leva mais alá do abraio que xera a descuberta dunha terra e perciben con veracidade as manifestacións dunha cultura viva e dun camiñar no progreso.

Desde a súa progresiva implantación, diríxense ó sector xuvenil das comunidades galegas do exterior diferentes programas de acción que, ano tras ano, foron intensificándose e actualizándose nos seus contidos e na súa aplicación. Convén subliñar que calquera actividade que favoreza o intercambio xuvenil é para eles unha fonte abundante de coñecementos e experiencias, tal como demostra a insistente e xeral petición por fomentalos. Iso é, por exemplo, o que acontece cos campamentos xuvenís que facilitan as comunicacións entre os que son coetáneos, confrontando feitos vitais, formas culturais e valores vixentes entre os que proceden de sociedades e ámbitos culturais diferentes e distantes. Pola experiencia dos anos, pódese afirmar que esa convivencia tamén orixina unha mellor identificación cos seus ascendentes e coas súas respectivas familias.

Non é posible nin tampouco xusto desixar sen aprecio ese crecemento e perfeccionamento nos niveis artísticos acadados polas agrupacións folclóricas dos centros. As actuacións no seo da galeguidade, tanto nos festexos sociais propios como nos xerais celebrados nos ámbitos máis amplos ou aqueloutras feitas en actos públicos e abertos ás sociedades nas que radican, tanto en cidades coma en países, e esa mesma permanente incorporación de nenos e mozos, contribúe a amosar unha identidade, ó seu coñecemento desde os trazos máis populares e unha estima por parte doutros pobos, e inflúen, a cotío tamén, no aumento dos grupos artísticos e culturais e requiren de mellores atencións nas súas dotacións e na súa calidade.

O xeral acerto dos centros e comunidades na realización das actividades, axeitadas ós tempos nunha posta ó día intelixente, e mesmamente ese progresivo aumento da participación en moitas delas, referenda que as iniciativas xurdidas neles e aqueloutras dispostas nos plans xerais e nas súas convocatorias produciron un incremento en cantidade, un melloramento cualitativo e un aumento nas programacións atendendo á unha conveniente diversidade.

Consolidada e fornecida a concepción da galeguidade, o enlazamento entre tódalas comunidades galegas é máis trabado e comparten obxectivos máis identificadores e comúns. O ordenamento e organización dos programas de acción axústanse progresivamente ás auténticas necesidades persoais, corporativas e sociais, responden mellor ás pretensións asociativas e sosteñen con maior solidez os valores de solidariedade e de unidade.

É obrigado, xunto a iso e pola mesma forza da súa verdade, referi-la vitalidade desenvolvida polas distintas comunidades nestes últimos tempos, por canto posibilitou un maior número de accións na vida social propia e nos diversos compromisos e achegas á Galicia total. Tódalas actuacións, desde as benéfico-asistenciais ata as deportivas, pasando polas sanitarias, recreativas, festivas, formativas e culturais, contribúen de xeito moi decisivo a vigorizar con anovadas enerxías os proxectos propostos e xurdidos e as consecutivas realizacións, que melloran esa desexada presencia de Galicia no exterior.

Tódolos esforzos por potencia-la participación, conta coa boa vontade e xenerosidade e coa sensibilidade actualizadora que esixen os cambios dos tempos e esa permanente evolución dos homes e da sociedade. Tendo ben presente todo o xa dito e coa intención de formula-los propósitos xerais, pódense enuncia-los seguintes obxectivos:

-Nunha mais trabada vinculación entre tódalas comunidades galegas do exterior, acadarase contribuíndo a que as colaboracións dunhas con outras e do seu conxunto con Galicia atinxa un novo xeito na vivencia común da galeguidade, polo que sexa máis fructuosa a unidade e máis fonda e sentida a pertenza viva a un mesmo pobo.

-A presencia do galego no mundo potenciarase aínda máis mediante unha apropiada imaxe, tan nidia como veraz, que os galegos do exterior proxectan de cotío, contribuíndo ó coñecemento e difusión dunha realidade xeográfica, histórica, cultural, gastronómica, artística e económica peculiar, seguindo unha actitude xeral de tódolos pobos que, en xeral, desexan consegui-la súa idetinficación máis correcta e xusta.

-Asumir como esixencia a continuidade nas axudas a tódalas necesidades asistenciais e calquera atención social que afecte a galegos do exterior e, de maneira moi especial, ás que proceden de razóns de idade, de situacións carenciais, de crise na saúde, de incapacitacións accidentais sobrevidas ou de conxunturas derivadas de oscilacións monetarias e deficiencias económicas nalgúns países de Iberoamérica.

-Fomenta-la maior e mellor integración das xeracións novas na vida asociativa e na responsabilización dalgunhas actividades que nela se desenvolven, mediante accións diversificadas que sexan atraentes para as súas inclinacións e gustos. Atendendo ó seu conxunto, cóidase consegui-la calidade dos distintos programas dirixidos á mocidade, tendo sempre presente que estimulan unha continuada incorporación dos mozos descendentes de galegos ás distintas expresións da vida dos centros e pola continuidade deles no porvir.

-Prosegui-la tarefa na dotación dos máis modernos sistemas de comunicación e de información nos centros, de xeito que canto antes sexa posible a meirande parte conte con procedementos de máis áxiles e rápidos enlaces, tanto para eles mesmos, para uns con outros ou de cada un coas institucións e entidades de Galicia. Ó introducir tecnoloxías máis perfeccionadas, as relacións e informacións son máis instántaneas o que, xunto ás maiores posibilidades de recibi-los programas dos distintos medios de comunicación, xera e non só psicoloxicamente, unha proximidade con Galicia moito máis manifesta e sentida.

-Un compromiso permanente por servir cada día mellor á Galicia exterior, supón procura-lo fortalecemento da unidade de toda ela, nos seus centros e sociedades, nas súas agrupacións e entidades, de sorte que cada día sintan máis esa oufanosa pertenza á galeguidade, desde uns enraizamentos comúns. Desde a equidade, a axuda moi sinaladamente ins

titucional, implica un melloramento na convivencia harmónica, motiva a creatividade, perfecciona unha recoñecida identidade humana e cultural e ese esperanzado e axeitado medrar de cada centro e asociación sen que sexan obstáculos os lugares de asentamento, o maior ou menor número de socios ou os niveis sociais de calquera clase.

Afrontando a coherencia na planificación e o seu axuste á realidade, con base en irrenunciables criterios de equidade e obxectividade, as asignacións de recursos, o afrontamento das necesidades e os apoios para con todos e cada un dos proxectos realizables, obterán respostas de xusta eficacia pois non fallarán nin os esforzos nin diminuirá o entusiasmo nesa entrega positiva no desenvolvemento de cada unha das actividades.

A decisión firme de axuda ó logro dos mellores feitos, proxectos e soños require dunnha lóxica e natural adecuación nos procedementos de xestión, sempre alumeados por unha pauta de eficacia, que leva a traza-los plans de acción procurando axustalos ás necesidades, suxestións, obxectivos e peticións das mesmas comunidades, ás demandas que xorden dos tempos actuais, no empeño de atende-las aspiracións comúns, xerais e particulares de cada comunidade. Tódalas accións constitúen un conxunto que, coa sinxeleza que é do caso, poden recollerse nos parágrafos seguintes:

Polo que se refire ó conxunto das accións xerais e propias da secretaría xeral, a solidariedade é un dos fundamentais principios no que se asentan as actuacións de natureza asistencial e social. Faise realidade visible e tanxible cando se achega a esa plurivalente atención asistencial e benéfico-social, porque desde elas formulase a comprensión das situacións, que esixen unha axuda razoable e axustada.

Razóns históricas e sentimentos humanos impiden diminuí-las axudas e os apoios, tanto nos casos individuais como nos de atencións ás entidades de carácter social que estableceron e manteñen os galegos do exterior. Responder, na medida do posible, é unha obriga de clara e histórica xustiza. Os problemas e dificultades son de abondo coñecidos na súa extensión e na súa profundidade polos dirixentes e socios das nosas comunidades, que non soamente e con decisión seguen as situacións e valoran a necesidade das peticións de axuda e propoñen as concesións delas con fidelidade á súa regulamentación, senón que tamén colaboran con desvelo, xenerosidade e traballo persoal para remedialas no que poden.

No eido do quefacer socioasistencial e, moi directa e comprometidamente, no das entidades especificamente asistenciais, benéficas e sanitarias, e polas dificultades da actualidade, pola imparable evolución biolóxica da poboación galega do exterior, principalmente en países de máis antiga emigración, é obrigado ó mantemento do plan de axudas asistenciais e accións sociais, cunha atención moi especial ós atrancos das institucións.

Unha preparación axustada ós tempos actuais require unha maior formación tanto xeneralizada como específica e por iso mesmo inflúe na adecuación ós tempos de calquera plan formativo, no seu ordenamento e na súa execución. Os cambios tecnolóxicos, culturais e sociais que presenta a sociedade no seu conxunto, os avances constantes en moitos dos saberes e os progresos das ciencias, impoñen unha capacitación e preparación de máis altos niveis cada día.

Certamente, son os mozos os que máis beneficios reciben de tódalas accións formativas xa que tamén están máis interesados e urxidos polas naturais aspiracións de futuro e polo afrontamento do porvir. Eles son os principais suxeitos do plan e dos seus programas de aplicación. Sen embargo, esta realidade non impide que outras persoas, xa non tan novas, se beneficien especialmente daquelas actividades que concirnen a materias culturais ou dos coñecementos básicos e das capacitacións profesionais e laborais.

No ánimo de atende-lo mellor posible a uns e outros, calquera das iniciativas que xorden nas comunidades e asociacións encamiñadas á mellora dos niveis culturais, da formación da personalidade humana, dos afáns de perfeccionamento e dunha capacitación profesional e técnica, posibilitadora de melloras laborais, inclúense neste plan nunca pechado a elas. Agora ben, aquelas dirixidas á formación infantil e xuvenil, por si mesmas merecentes de tódolos apoios, non só benefician a cada un dos rapaces que participan, senón que ademais favorecen unha constante revitalización dos mesmos centros ou sociedades. Todo aumento nas propostas e solicitudes de accións dirixidas á mocidade, o feito de realiza-los cursos nos locais sociais e esa a diversificación atraente contaxia unha progresiva presencia para a xente nova e a súa incorporación ó vivir asociativo.

É indubidable que nos longos anos que veñen impartíndose, se constatou unha louvable estima polos cursos básicos e de perfeccionamento da lingua e da literatura galegas e moitas e teimudas son as peticións de complementar ese coñecemento con outros saberes dedicados á cultura de Galicia, e así, xunto a unha crecente demanda das ensinanzas filolóxicas e literarias, cada día reclámanse máis os saberes correspondentes á historia, á xeografía, ás artes en toda a súa creatividade e manifestacións, ós costumes e tradicións, que vén demostrar un acrecentamento na visión do feito cultural e uns claros afáns de aproveitamento de tódalas materias que poidan e deban ser ensinadas.

Como é ben sabido e xa deixamos anotado, novas disciplinas e materias apareceron á beira dos adiantos tecnolóxicos en materias de comunicación, de informatización e dos progresos da electrónica, que esixen unha posta ó día ininterrompida. Xunto ás actuais ciencias da operatividade, algúns quefaceres máis antigos e tradicionais que reviven na actualidade, como as afeccións teatrais, as elaboracións artesanais e mesmamente a arte culinaria e gastronómica, tamén requiren dunha aprendizaxe progra

mada que atenda tanto ás peticións do coñecemento elemental como ás especializacións e perfeccionamentos.

Polo que respecta ás aprendizaxes da artesanía popular galega cómpre subliñar que se iniciou nestes últimos anos unha petición de cursos especiais ós que houbo necesidade de dar unha efectiva contestación e que non acabou de incrementarse, principalmente nalgunha especialidade, o que vén demostrar, tanto polo número das solicitudes dos alumnos que asisten como polo interese que poñen no aproveitamento, unha expresión evidente no espertar de vínculos atávicos coa nosa cultura popular, que non poden durmir no recordo senón que ó actualizalos se comproba que teñen vixencia e atraente comercialidade.

A actividade empresarial, nas súas numerosas vertentes, supón unha atención a ese amplo conxunto da formación chamada ocupacional, tan constante e tan evolutiva. Mediante axudas directas, subvencións ós distintos centros, apoios para soster algunhas novidades de ensino xa establecidas con carácter permanente e, nalgúns casos de capacitación empresarial, coa organización de cursos nos que colaboran as asociacións empresariais dos galegos do exterior, dáselle resposta efectiva.

Os mozos do exterior, descendentes de galegos e xa nados nos países ós que emigraron os seus ascendentes, teñen, en moi considerable número, desexos de cursa-los estudios superiores nas universidades e escolas universitarias de Galicia, a pesar das dificultades que, por razóns de cronoloxía dos tempos escolares, presentan determinados países e dalgunhas trabas nas xestións administrativas. Contestación a ese desexo dáselle mediante un programa de axudas e, ó mesmo tempo, facilítase información das xestións precisas para acada-las axudas por estudios que convocan e conceden outras institucións e fundacións.

Tódolos programas culturais pretenden favorece-los contactos directos coa nosa cultura, atendendo ó interese pola identidade orixinaria e á progresión incesante que de maneira crecente e xeral manifestan os galegos do exterior. A pesar de que non é doado acoutar con exactitude nin o concepto nin o contido da cultura, non hai dúbida de que as formas e expresións propias dun pobo, a perdurabilidade cativadora das tradicións e dos costumes e esa creatividade galega en tódalas súas dimensións están dun xeito permanente presentes por seren vivas riquezas no seo das comunidades e para as súas xentes.

Convén sinalar que conforme vai espertando a curiosidade e aumentando o interese, medra nos mozos o coñecemento de Galicia e increméntase a fame de saber da súa cultura, o que orixina unha demanda daquelas actividades que permitan satisfacela. Non pode chamar, pois, a nosa atención ese incremento na estima polos cursos dedicados ó estudio dos contidos da cultura galega nin ese afán polo seu aproveitamento , así o demostran as solicitudes e peticións, que continúan aumentando cada ano. Dous son os obxectivos: favorece-la formación infantil e xuvenil, vantaxosa para cada un dos descen

dentes que poidan recibila e outra, por ser actividades que revitalizan os mesmos centros e favorecen unha maior incorporación á súa vida asociativa.

Supostamente, convén non esquecer que no fondo das actitudes do interese cultural, están moi presentes a apertura actual dos horizontes culturais e unha crecente curiosidade polas distintas manifestacións das diversas culturas. Esa postura universalista que xera aperturismo e rexeita exclusivismos ou cerrazóns mentais ante o fenómeno cultural, supón un cambio cara a unha receptividade máis xeral, sen deixar de lado afondar nos fundamentos que sosteñen axeitadamente a propia identidade cultural galega.

Na cultura, como é lóxico e natural, hai que considera-las tendencias nas que se desenvolve e manifesta. En íntima relación, atópase estima-los niveis das xentes e, neste caso, os dos galegos da diáspora e, polo tanto, toda actividade de natureza cultural terá que axustarse a eles e á autenticidade na difusión e espallamento da cultura galega, da que son eles os mellores propagadores. De aí vén unha continuidade na promoción de certames, de mostras dos nosos artistas, da exhibición de traballos da nosa artesanía popular, a propagación das riquezas monumentais que atesoura Galicia e daqueloutras turísticas, paisaxísticas, gastronómicas, literarias e, en último termo, o fomento permanente das máis variadas mostras e accións culturais que poidan ser desenvolvidas polas nosas comunidades.

Dentro das motivacións eficaces para promove-las inquedanzas creativas e para acredita-lo aproveitamento das actividades desenvolvidas, subliñarémo-los os concursos culturais e artísticos que cada ano convoca a secretaría xeral para tódolos galegos do exterior e con certames dirixidos especialmente á mocidade, que participa nas actividades dos centros e que asiste ás actividades campamentais.

O aumento na cantidade e na calidade artística dos grupos folclóricos, coas súas seccións de baile, música e canto, reflexo fiel do progreso e do perfeccionamento acadados, os conxuntos teatrais e esa preparación dedicada a eles nestes anos máis recentes, a promoción das artes plásticas e literarias, a programación e realización periódica de cursos de especialización para directores e responsables, constitúen un conxunto de accións e de logros que non soamente melloraron as actuacións no ámbito dos centros e comunidades que contan con esas agrupacións senón que tamén contaxiaron a outros que fixeron esforzos para establecer outras agrupacións semellantes.

Ó enriquecemento cultural contribúe ese incremento nas publicacións propias da secretaría, preferentemente dedicadas a traballos e estudios concernentes á emigración galega e a análise e logros da Galicia exterior, nos seus aspectos históricos, sociolóxicos, culturais e sociais, que chegan, xunto con outras publicacións de temas galegos, a tódalas bibliotecas dos centros e sociedades, aumentando deste xeito as posibilidades duns e doutras para dispoñer de máis fontes de cultura cada día. A dis

tribución das revistas e boletíns editados polos centros, que acostuman dar conta das actividades correspondentes, achega un coñecemento das diferentes iniciativas e realizacións culturais e por iso o seu intercambio, en moitos casos, é suxeridor de novidades e de programacións culturais.

A Galicia exterior, as súas comunidades organizadas e institucións, pervivirán nos tempos e coa puxanza necesaria se a mocidade descendente adquire conciencia da súa orixe familiar e cultural e proxecta as naturais inquedanzas, cos seus propios bríos, nas actividades e accións asociativas. Con ese obxectivo lévanse realizado cursos de capacitación para que os mozos saiban anima-la vida social e axuden a unha incorporación dos que teñen a mesma idade. Certamente, fillos e netos de galegos que emigraron hai tempo, vense incorporados pola súa vontade a moitas tarefas sociais e algúns xa están en postos directivos ou á fronte dalgunhas agrupacións artísticas e deportivas.

Subliñar que as novas xeracións constitúen no tempo actual a máis clara seguridade, a máis sólida esperanza da continuidade do asociacionismo galego no exterior, non é un xesto baleiro ou interesado, pois son os mozos os que esixen respostas máis eficaces ás mesmas comunidades e centros, pois queren mellores medios materiais, maiores apoios e programacións de actividades axustadas ós seus desexos e afeccións.

Un crecente e necesario protagonismo da mocidade propón e obriga a manter ou mellorar aqueles programas que teñen, entre outros, como principais obxectivos os seguintes: o intercambio vivencial entre mozos das mesmas idades e de procedencias distintas, a promoción constante de actividades deportivas nas correspondentes modalidades e categorías, o desenvolvemento das afeccións artísticas e creativas, a realización de cursos de capacitación e de formación, incentiva-la participación en certames e concursos e ese persoal contacto e coñecemento directo de Galicia, coidando sempre da introdución en cada un deles dos atractivos que impulsen aquelas motivacións máis efectivas.

Calquera aceptará que as accións humanas se desenvolven en locais e novas instalacións sociais requiren axuda e apoios, tanto nos supostos da creación de novos centros ou cando algún merca o edificio no que está xa instalado ou polo natural e lexítimo afán de ser propietario da súa propia casa. Tamén as necesidades de restauración e remodelación de antigos locais, as ampliacións para mellora de servicios e maior facilidade para o desenvolvemento dalgunhas actividades, requiren unha das máis importantes atencións e investimentos, que sempre son planificadas de acordo coas necesidades estructurais e de equipamentos para os diferentes usos.

Tal e como foi apuntado, polo que se refire a certas áreas xeográficas e nalgúns países delas nos que as comunidades galegas posúen instalacións de servicios sanitarios e asistenciais, teñen moitísima importancia os proxectos de remodelacións e ampliacións, así como a modernización estructural, a renovación dos equipamentos, o incremento dos medios

instrumentais, a incorporación das novas tecnoloxías e, conforme a esixencia dos tempos, a dotación de sistemas de información e de comunicación axustados ás técnicas vixentes.

Por moito que se melloren as estructuras funcionais, cómpre dicir que o esforzo e dedicación das persoas é o factor máis importante para alcanza-la realización de todas e cada unha das actividades que os centros programen ou naquelas que participen. Sen embargo, non hai dúbida de que esforzos e posibilidades se multiplican cando, xunto a uns e outras, contan cos instrumentos que a técnica actual tan perfeccionada proporciona para obter unha axilidade maior nas tarefas, potencia-los traballos e acada-los mellores obxectivos e resultados destes.

Por ser válidos fundamentos a experiencia común, as aspiracións e propósitos, as demandas e necesidades e os principais contidos dos plans debuxados, o sentido común e mesmamente a lóxica levan a unha regulación de procedementos, requisitos, condicións, prazos, contías e beneficios. Non obstante, esas pragmáticas razóns non xustificarían con plenitude o establecmento e vixencia da presente orde. A legalidade e o mellor axuste a ela require, en verdade, o máis rigoroso cumprimento, aínda que non deba impedi-las atencións das urxencias sociais xurdidas, tanto polo decurso do tempo como polos feitos continxentes ou eventualidades inesperadas. Trátase, en último termo, de realizar na legalidade as accións programadas e as continxentes, de forma tal que unhas e outras vaian dirixidas cara á maior eficacia e ó mellor porvir.

Axustando, con minuciosidade e coidado realista, tan ampla como determinada planificación, ás posibilidades e medios orzamentarios, é innegable que logra-los fins previstos no deseño dos programas require da achega constante de todos, da imaxinación que os aproveita e do celo no quefacer para que a rendibilidade dos recursos dos que se dispón faga fructifica-los esforzos persoais e comunitarios.

En fidelidade a todo o exposto e desde ese conxunto de principios, criterios e obxectivos, esta consellería

DISPÓN:

Plan de accións asistenciais e sociais

Programa 1. Axudas asistenciais individuais

Artigo 1º.-Obxecto e características.

1. A finalidade deste programa é a concesión de prestacións económicas directas, individuais, extraordinarias e non periódicas, de carácter social, dirixidas ós galegos residentes no estranxeiro que, non estando en idade de xubilación por ancianidade, sexan inválidos ou enfermos por motivo de enfermidade permanente, imposibilitados para desenvolveren calquera tipo de actividade laboral, así como aqueles que se atopen en situacións de infortunio familiar, entendendo por tal feitos graves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar. Tamén poderán ser beneficiarios deste programa aquelas persoas en situación de precariedade per

tencentes a colectividades galegas de países inmersos en profundas crises económicas. Están destinadas a cubri-las necesidades básicas de subsistencia como manutención, aloxamento e asistencia sanitaria, no primeiro caso, e a resolve-la continxencia familiar nos outros casos.

2. Estas axudas teñen como obxectivo atender aqueles casos de especial gravidade, de acordo co contido do parágrafo primeiro, non comprendidos no ámbito de actuación do Decreto 728/1993, do 14 de maio, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social polo que se establecen as pensións asistenciais por ancianidade.

3. Estas axudas destinaranse ós países iberoamericanos, debido á súa situación actual e da nosa comunidade alí residente, aínda que puideran ser atendidos os casos de especial e de grave necesidade sen distinción en canto ó lugar de residencia sempre que esta sexa no estranxeiro.

Artigo 2º.-Solicitantes.

Poden ser solicitantes destas axudas tódolos emigrantes naturais de Galicia que, residindo nos seus domicilios privados, non teñan ingresos superiores ó importe da pensión non contributiva vixente en España no momento da publicación desta orde.

Os solicitantes terán que cumprir, en cada caso, os seguintes requisitos:

a) Seren naturais de Galicia.

b) Teren o seu lugar de residencia nos países iberoamericanos ou, nos casos de especial gravidade en calquera lugar no estranxeiro.

c) Careceren de bens e ingresos que non permitan o nivel mínimo de subsistencia, computándose todo tipo de rendas incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante a esta sempre que non cubran as súas necesidades básicas.

d) Residiren en domicilios particulares e non pertenceren a organizacións, comunidades, institucións que polas súas regras ou estatutos estean obrigados a prestarlles asistencia, nin residiren ou estaren internados en centros hospitalarios ou residencias de anciáns, caso no que podería estar incluído e amparado polo programa 2 desta mesma orde.

Ademais, en cada caso, terán que cumpri-los seguintes requisitos:

1. Axudas por invalidez ou enfermidade permanente.

e) Ter menos de sesenta e cinco anos de idade. No caso de ser menor de idade ou estar incapacitado presentará a solicitude o seu pai ou titor.

f) Encontrarse nunha situación de invalidez ou enfermidade permanente que o incapacite para desenvolver calquera tipo de actividade laboral.

2. Axudas en casos extraordinarios de urxente necesidade.

g) Seren cabezas de familia na que sucedera un infortunio familiar, entendéndose por tal feitos gra

ves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar.

3. Axudas en casos de precariedade en países en crise económica.

h) Pertencer á colectividade galega de países inmersos en profundas crises económicas.

i) Ser maior de sesenta e cinco anos de idade.

Artigo 3º.-Contía da axuda.

1. As accións previstas nos puntos 1 e 3 do artigo 2º a contía da axuda será por un importe total de corenta e cinco mil pesetas.

2. Nos supostos previstos no punto 2 do mencionado artigo, a contía da axuda. será fixada en función da gravidade xustificada da situación, do número de solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 4º.-Natureza das axudas.

As axudas teñen carácter persoal e intransferible.

As axudas non orixinan ningún dereito subxectivo para os beneficiarios e estarán, en todo caso, condicionadas ás dispoñibilidades orzamentarias do exercicio, previstas para esta finalidade.

Artigo 5º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) A solicitude segundo modelo normalizado do anexo 1 da presente orde.

b) Documento no que consten os seus ingresos económicos ou, en caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

c) Documento xustificativo da súa condición de galego e dos seus datos persoais.

d) No caso de incapacidade permanente para desenvolver actividades laborais, certificado médico, segundo o modelo normalizado do anexo 1, realizado polos servicios médicos dunha sociedade galega ou española que preste servicios na área de saúde. Cando o certificado médico anterior non poida ser expedido pola sociedade galega ou española aludida, poderá admitirse como válido un certificado médico expedido por calquera centro de saúde pública oficial (centros médicos nacionais, provinciais ou municipais) do país de residencia, referendado pola dirección médica das ditas sociedades galegas ou españolas. Nas axudas extraordinarias en caso de urxente necesidade, os xustificantes que poidan servir como comprobantes das condicións imprescindibles establecidas no punto 2 do artigo 2º deste programa e, se é o caso, informe do centro galego correspondente á zona de residencia do interesado.

e) Outros documentos xustificativos do estado de necesidade.

Artigo 6º.-Prazo e lugar de presentación.

As solicitudes correspondentes ós puntos 1 e 3 do artigo 2º presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a gale

guidade ou que estean consideradas como colaboradoras, finalizando o prazo de presentación de solicitudes o día 31 de marzo do 2001.

As solicitudes correspondentes ó punto 2 do artigo 2º presentaranse na Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña) na época do ano na que se produza a continxencia xunto cun informe do centro, quedando condicionada a súa concesión á existencia de crédito na partida orzamentaria correspondente.

Artigo 7º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas receptoras da documentación realizarán unha revisión técnica das solicitudes e, unha vez comprobado que está completa e correcta, enviarana, para unha maior simplificación do trámite e eficacia, ó día seguinte do remate do prazo, ós centros coordinadores seguintes:

-En Arxentina:

-Centro Gallego de Buenos Aires.

-Oficina Delegada da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

- En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España do RÍo de Janeiro / Hospital de Beneficencia.

-Real Sociedad Española de Beneficiencia de Salvador-Bahía.

-En Cuba:

-Oficina administradora de comunidades galegas, Centro Gallego de la Habana.

-Agrupación Artística Gallega de la Habana.

-En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Caracas.

2. Os centros coordinadores, designados no punto anterior, efectuarán unha segunda revisión, realizando o exame técnico das solicitudes e informarán periodicamente, en todo caso, os días 1 de marzo e 5 de abril, a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas do número de solicitudes correctas recibidas de cada un dos centros correspondentes á súa área xeográfica.

3. En cada un destes países a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá constituír unha comisión, para a que nomeará un representante na persoa dun funcionario e na que estarán, así mesmo, representados os centros receptores das solicitudes en función do número de solicitudes presentadas e o seu peso específico dentro da colectividade galega. Así mesmo poderá asistir un representante do consello de residentes correspondente á demarcación na que se celebra a comisión, preferentemente galego, por razóns de coñecemento e integración na comunidade galega asentada nese país e, polos mesmos motivos, preferi

blemente pertencente e representante dalgún dos centros constituíntes da comisión.

4. Os galegos residentes naqueles países de Iberoamérica non citados no punto 1 do artigo 7 poderán remiti-las súas solicitudes á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

5. De constituírse, a comisión avaliadora reunirase dentro do prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ó remate do prazo de presentación de instancias, e levantará acta da relación provisional de persoas seleccionadas, que se expoñerá ó público nos taboleiros de anuncios dos centros durante sete días naturais. Durante este período os interesados poderán presenta-las correspondentes reclamacións e o centro coordinador poderá pedirlles ós preseleccionados canta documentación coide oportuna para comproba-la veracidade dos datos citados nas solicitudes. No oitavo día natural, o centro coordinador elevará informe e, se é o caso, a proposta de modificacións xunto coa oportuna documentación xustificativa e informe do centro no que foi presentada a correspondente solicitude, ó secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas que, despois dos trámites legais oportunos, comunicará a resolución aprobatoria ós interesados e ós centros coordinadores, que se expoñerá

publicamente nos taboleiros de anuncios.

6. De non constituírse a dita comisión, os centros coordinadores deberán remitir á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas as solicitudes recibidas, xunto con toda a documentación, no prazo de 5 días a partir do remate do prazo de presentación.

7. A selección dos beneficiarios efectuarase, segundo o tipo de axuda, en función do crédito dispoñible no caso do punto 1 do artigo 2º e do crédito dispoñible e das circunstancias que poidan ser alegadas no caso do punto 2 de dito artigo.

Artigo 8º.-Seguimento.

1. A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións da axuda.

A falsidade dos datos e documentos achegados implicará a denegación ou, se é o caso, a devolución da axuda na súa totalidade e sen prexuízo das responsabilidades que puideran derivarse do dito acto.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias persoais, podendo a dita secretaría xeral, se así o considera, anula-la subvención e dispoñer do citado crédito para conceder axudas ós solicitantes con peticións inicialmente desestimadas.

Artigo 9º.-Pagamento.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas arbitrará o método de pagamento ós beneficiarios, de forma directa mediante cheque bancario.

Programa 2. Axudas asistenciais a entidades galegas

Artigo 10º.-Obxecto e características.

O programa ten por obxecto subvenciona-las entidades galegas que presten determinados servicios asistenciais e residenciais á colectividade de asociados de orixe galega que carezan de medios económicos, nos seguintes supostos:

1. A través de axudas para a comida e, se é o caso, de transporte dos familiares directos dos asociados, cando estes residan en centros asistenciais, de forma que se posibilite o contacto diario entre eles.

2. A través das axudas indirectas para solventa-las cotas ou achegas destinadas a mante-la protección asistencial e sanitaria que veñen prestando as entidades galegas ás persoas de orixe ou ascendencia galega en situación de paro, xubilación con mínimos ingresos, desprotexidos en materia de previsión social ou carentes de protección que, doutro modo, non terían este tipo de cobertura no seo destes centros galegos.

3. A través de axudas ás entidades galegas que teñen en funcionamento fogares diúrnos, entendendo como tales os lugares onde as persoas da terceira idade poden realizar actividades lúdicas, recreativas e de terapia ocupacional que desenvolvan a súa psicomotricidade coa finalidade de aumenta-la calidade de vida, permitindo que o ancián avellente no seu medio, permanecendo no seu fogar. Ademais, deberán ter servicio de comedor nos que poidan recibi-la comida de mediodía a un prezo módico e outras prestacións de tipo social-asistencial en calquera das súas diversas modalidades.

4. A través de axudas a entidades galegas que presten servicios de asistencia ós transeúntes galegos necesitados que se acheguen a estes centros en demanda de atención.

Artigo 11º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

b) Que conten con residencias para anciáns ou con centros sanitarios onde reciban asistencia os seus asociados ou que desenvolvan programas específicos de asistencia social a asociados e transeúntes.

Artigo 12º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo 2 da presente orde, que será subscrita pola persoa que teña a representación legal da entidade solicitante.

No caso dos puntos 1, 2 e 3 do artigo 10º presentarase tamén relación das persoas ás que se destinará a axuda, segundo o modelo oficial do anexo 2 da presente orde.

No caso do punto 4 do artigo 10º, xuntarase inicialmente relación explicativa dos transeúntes atendidos en 2000 e orzamento estimativo de gastos destinados a estas atencións para o ano 2001.

Artigo 13º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes serán enviadas á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra, Praza da Quintana, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de marzo de 2001.

Artigo 14º.-Tramitación e resolución.

O secretario xeral dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de asociados galegos do centro ou entidade asistencial e grao de necesidade dos posibles beneficiarios.

-Número de residentes do centro ou ingresados nel e contía do seu orzamento.

Artigo 15º.-Pagamento e xustificación.

O pagamento realizarase logo da presentación, dentro do exercicio orzamentario, de certificación do secretario da entidade, co visto e prace do seu presidente, facendo consta-lo nome, apelidos, enderezo, concepto e, se é o caso, a contía individual destinada como axuda a cada beneficiario conformada pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 16º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo esta secretaría xeral toma-la resolución que corresponda.

Programa 3. Vacacións para lembrar

Artigo 17º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto ofrecer unhas vacacións ós galegos e ós seus cónxuxes asentados noutras comunidades autónomas de España ou noutros países de Europa, para desfrutaren e coñeceren a realidade actual da terra onde naceron, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como os nosos costumes tra

dicionais; constitúe un achegamento á súa terra, á que están vinculados por lazos permanentes, familiares e sentimentais.

2. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

3. As características básicas deste programa son:

a) Desprazamento dos seleccionados desde os lugares de partida fixados pola Secretaría Xeral ata o lugar de residencia en Galicia.

b) Estadía durante un período de 14 días nunha residencia de tempo libre de Galicia ou noutro establecemento hoteleiro, coa correspondente programación de actividades recreativas e culturais.

4. Poderase, cando as circunstancias así o aconsellen, dirixi-lo programa a colectividades de galegos residentes fóra de España, realiza-la estadía noutra área xeográfica ou noutro establecemento residencial, notificándose nestes casos as bases que serán de aplicación a través da correspondente convocatoria.

Artigo 18º.-Solicitantes.

Poderán ser solicitantes:

1. As persoas que cumpran as seguintes condicións:

a) Ser natural de Galicia.

b) Residir noutra Comunidade Autónoma de España ou noutro país de Europa.

c) Ter máis de 60 anos de idade. De presenta-la solicitude xunto co seu cónxuxe deberán ter cumpridos alomenos un deles, ós 60 anos.

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes e estar en condicións físicas para realiza-la viaxe programada.

e) Non ter participado, nos últimos seis anos, en anteriores edicións deste programa.

f) Non ter recursos económicos suficientes.

2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, cumprindo así mesmo o contido das alíneas b), d), e) e f)

Artigo 19º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 3 da presente orde, selada polo centro galego correspondente.

b) Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

c) Fotografía actual tamaño carné.

d) Fotocopias da liquidación e da primeira páxina da declaración da renda correspondente ó ano 1999. Se o solicitante reside noutro país presentará docu

mentación equivalente. Esta documentación poderase presentar en sobre pechado e lacrado, se así o desexa o solicitante.

e) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 3 desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no artigo 18 alínea d) deste programa.

f) Se é o caso, documento xustificativo de estar xubilado.

Artigo 20º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes acompañadas do resto da documentación presentaranse nas entidades galegas das comunidades e países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo do 2001.

Artigo 21º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas receptoras da documentación, unha vez comprobado que está correcta e completa, enviarana o mesmo día de remate do prazo á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña) acompañada do certificado, segundo o modelo do anexo 3-B, no que se relacionen as solicitudes presentadas, mencionando o coordinador do programa designado polo centro respectivo.

2. A selección dos participantes efectuarase estimando, na orde que segue, como preferente :

a) Non ter participado en edicións anteriores deste programa.

b) Os casos en que polo menos un dos cónxuxes posúa a condición de xubilado ou que teña máis de 65 anos de idade.

3. A secretaría xeral resolverá a concesión, tendo en conta as preferencias sinaladas no punto anterior, en función de:

a) Situación económica, social e participativa no centro galego dos solicitantes.

b) Idade dos solicitantes.

c) Estado de saúde.

Artigo 22º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a dita secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 4. Reencontros

Artigo 23º.-Obxecto e características.

1. Obxecto: ten por obxecto promove-la consecución do reencontro das persoas de orixe galega residentes no estranxeiro e con carácter ordinario en Iberoamérica, cos seus familiares e a súa terra, superando tempos de separación. Este programa poderá realizarse de acordo coas modalidades seguintes:

a) Acción directa, destinada a aqueles galegos que polas súas circunstancias económicas e mailo afastamento e características sociais do país no que residen non puideran visitar Galicia nos últimos 20 anos. Esta modalidade é executada pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, podendo nalgunhas fases participa-la Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Axudas para viaxes, executada pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, dirixido a conceder axudas de viaxe a Galicia ós galegos e os seus cónxuxes e fillos, pertencentes á terceira idade que permitan o reencontro coa súa terra e a súa familia.

c) Encontros con Galicia, ten por obxecto programa-lo achegamento a Galicia e o encontro coas súas familias, dos galegos residente en Iberoamérica que se atopan desfrutando do programa 13 do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Ayudas para viajes a España de emigrantes mayores organizado polo Imserso en colaboración coa Dirección General de Ordenación de las Migraciones e que ten lugar en diferentes datas en distintos puntos das costas españolas. Realizarase o programa naquelas datas e lugares nas que o número de galegos participantes sexa suficientemente numeroso.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. O obxecto desta acción é fortalece-lo vínculo que une os galegos residentes en Iberoamérica cos seus concellos de orixe, acada-lo encontro coas súas raíces, familia e co seu pobo, mediante un programa realizado e dinamizado polos concellos, asociacións ou empresas radicadas no lugar onde naceron, nos que estes adquiren o protagonismo efectivo.

2. Características básicas das modalidades:

A) Acción directa:

-Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata os aeroportos de Galicia.

-Estadía durante un período máximo de 14 días, preferentemente no mes de outubro, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra.

-Estadía cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo pola súa conta durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

-Serán por conta da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas os gastos derivados da selección dos beneficiarios e os de traslado incluíndo as pasaxes de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida ata os aeroportos de Galicia.

-Serán por conta da Dirección Xeral de Servicio Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociales os gastos derivados da estadía durante un máximo de 14 días na residencia de tempo libre designada para este efecto.

-Poderán organizarse accións destinadas a persoas ou grupos con vínculos familiares directos mantendo como obxectivo prioritario o reencontro en Galicia.

B) Axudas para viaxes:

-As axudas consistirán ordinariamente no pagamento da metade do custo do traslado a Galicia. Con carácter extraordinario e para os residentes en Cuba as axudas poderán chegar ó 80% do custo do traslado. A súa chegada a Galicia iniciarán o reencontro coa súa familia galega nos lugares de residencia delas.

-A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, á vista das solicitudes presentadas establecerá as datas nas que se desenvolverá o programa. Así mesmo, establecerá a forma e prazo en que os interesados deberán achega-la cantidade en concepto de porcentaxe de custo e en proba da conformidade da viaxe. Entenderase que os que non cumpren este requisito desisten da solicitude.

C) Encontros con Galicia:

-Viaxe desde os hoteis situados nos lugares das costas españolas nos que están aloxados ata Santiago de Compostela.

-Aloxamento en réxime de pensión completa e en habitación dobre nun hotel da cidade e comezo dunha xornada de carácter cultural de reencontro con Galicia despois da que se dará por finalizada a actividade e comezo do período de reencontro cos familiares nos seus lugares de orixe.

-Unha vez finalizada a fase de reencontro familiar, o retorno ós lugares de residencia nos distintos países será por conta dos participantes de acordo coas espe

cificacións da pasaxe que teñan concertada coa Dirección General de Ordenación de las Migraciones.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

-Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados polo concello organizador ata os aeroportos de Galicia.

-Estadía cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de 3 meses, sendo ó seu cargo durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

-Os gastos derivados da pasaxe de avión de ida e volta correrán, con carácter ordinario, nun tercio do total a cargo da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e na parte restante do concello organizador.

-Nesta modalidade trátase de darlles ós concellos, empresas e asociacións o protagonismo nos programas de reencontros dos galegos coas súas familias residentes no municipio ou no ámbito de actuación da empresa. A selección dos beneficiarios correrá a cargo do concello ou da empresa coa axuda e colaboración das entidades galegas da Galicia do exterior e da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

-Os concellos, asociacións ou empresas interesadas nesta modalidade do programa Reencontros para poder inicia-los trámites do devandito programa, unha vez envíada a solicitude e aprobada a mesma por parte desta secretaría xeral, deberán enviar ó departamento correspondente a documentación seguinte:

* Tres orzamentos de axencias de viaxes onde figuren as datas previstas para a viaxe e o custo das pasaxes.

* As solicitudes dos participantes no programa coa documentación correcta e completa.

* Solicitude por parte dos familiares en Galicia dirixida ó seu alcalde ou presidente da asociación ou empresa.

Para tal efecto, enviarase unha circular ampliando a información sobre a posta en marcha desta modalidade do programa.

3. Cobertura sanitaria: os beneficiarios de calquera modalidade deste programa gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura sanitaria do Servicio Galego de Saúde en casos de urxencia, nos termos establecidos no correspondente convenio de asistencia sanitaria e por un período non superior a tres meses.

4. A secretaría xeral poderá nomear, naquelas accións do programa Reencontros con máis números

de participantes, persoal capacitado en asistencia médica e social para a súa participación no programa en funcións sanitarias, asistenciais e de organización.

Artigo 24º.-Solicitantes.

A) Acción directa: poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Seren naturais de Galicia.

2. Residiren con carácter ordinario en Iberoamérica

3. Ter sesenta ou máis anos de idade.

4. Levar polo menos 20 anos sen voltar a España.

5. Que estean en condicións físicas para realizar unha viaxe de longa duración, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes.

6. Que non teñan recursos económicos suficientes.

Excepcionalmente poderán solicita-la participación neste programa e sempre que cumpran cos requisitos relacionados nos números 1, 2, 3, 4 e 5, os fillos de emigrantes galegos con nacionalidade española, residentes naqueles países nos que a primeira xeración de galegos estea diminuíndo fortemente por ter unha idade media moi avanzada debido a que as correntes migratorias cara a eses países tiveron lugar nos primerios anos deste século.

B) Axudas para viaxes: poderán ser solicitantes deste programa:

1. Aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1.1. Seren naturais de Galicia.

1.2. Residiren con carácter ordinario en Iberoamérica.

1.3. Ter máis de 55 anos de idade podendo, por razóns extraordinarias alegadas e con carácter de excepcionalidade, nos casos de persoas que nunca regresaran a Galicia, ser menor da dita idade. No caso de que o seu cónxuxe sexa tamén solicitante abondaría con que un deles cumpra este requisito de idade.

1.4. Estar en condicións físicas para realiza-la viaxe programada, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas discapacitantes.

1.5. Non teren participado nos últimos cinco anos en anteriores edicións deste programa.

1.6. Ter familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, sempre e cando cumpran así mesmo o contido dos puntos 1.2, 1.3, 1.4, e 1.5.

3. Os fillos de galegos, con máis de 60 anos de idade, que posúan a nacionalidade española no intre da presentación da solicitude e cumpran ademais os requisitos sinalados nos puntos 1.2, 1.4, 1.5 e 1.6 deste mesmo artigo.

C) Encontros con Galicia: poderán ser solicitantes desta acción os beneficiarios do programa do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales Ayudas para Viajes a España de Emigrantes Mayores, nas edicións elixidas en función do número de galegos participantes, cumprindo os seguintes requisitos:

1. Que sexan nacidas en Galicia e teñan máis de 60 anos de idade.

2. Os cónxuxes das persoas as que se refire o punto anterior, sendo así mesmo beneficiarias do mesmo programa.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia: poderán ser solicitantes deste programa aqueles emigrantes que cumpran os seguintes requisitos:

1.1. Ser natural do concello galego protagonista desta acción ou te-los os seus familiares residentes nel e ser nado en Galicia.

1.2. Residir en Iberoamérica.

1.3. Ter 60 ou máis anos de idade. No caso de que o cónxuxe solicite o programa chegará con que un dos dous teña esta idade.

1.4. Levar polo menos 20 anos sen voltar a España.

1.5. Teren familiares ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

1.6. Estar en condicións físicas para realiza-la viaxe programada, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas discapacitantes

1.7. Ter insuficientes recursos económicos.

2. Os cónxuxes das persoas sinaladas no punto anterior que soliciten o programa sempre e cando residan en Iberoamérica, e estean en condicións físicas de realiza-la viaxe e teñan insufientes recursos económicos.

Artigo 25º.-Documentación.

A documentación das persoas solicitantes deberá estar integrada por:

A) Acción directa:

1. Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 4 desta orde.

2. Documento no que consten os seus ingresos económicos. En caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

3. Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego.

4. Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto A.5 do artigo 24º.

5. Fotografía actual tamaño carné.

B) Axudas para viaxes:

1. Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 4 BIS desta orde.

2. Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego ou, se é o caso, da súa orixe galega e da nacionalidade española.

3. Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 BIS da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto B.1.4 do artigo 24º.

4. Fotografía actual tamaño carné.

5. Documento no que consten os ingresos económicos da súa unidade familiar. En caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

6. Os cónxuxes no caso de solicitar este programa deberán engadi-la seguinte documentación:

* Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de cónxuxe do solicitante.

* Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 BIS da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto B.1.4 do artigo 24º.

* Fotografía actual tamaño carné.

C) Encontros con Galicia. Farase chegar ós participantes nas edicións elixidas do programa do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales ayudas para viajes a España de emigrantes mayores, unha circular na que se amplíe a información sobre a posta en marcha desta modalidade así como da documentación que hai que presentar.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. Enviarase unha circular na que se amplíe a información sobre a posta en marcha desta modalidade do programa.

Por parte dos concellos, asociacións ou empresas:

* Solicitude segundo o corresponde modelo da circurlar dirixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Por parte dos solicitantes:

* Solicitude normalizada, segundo o correspondente modelo da circular dirixida ó concello, asociación ou empresa.

* Documento no que consten os seus ingresos económicos.

* Documento xustificativo da súa condición de galego e dos seus datos persoais.

* Certificado médico, segundo o modelo do reverso da solicitude.

* Os cónxuxes no caso de solicitar este programa deberán engadi-la seguinte documentación:

-Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de cónxuxe do solicitante.

-Certificado médico, segundo o modelo do reverso da solicitude

* Fotografía actual tamaño carné.

Por parte dos familiares residentes en Galicia:

* Solicitude dirixida ó seu alcalde ou ó presidente da asociación ou empresa, segundo o correspondente modelo da circular.

Artigo 26º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación:

A) Acción directa: as solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras.

B) Axudas para viaxes: as solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras.

C) Encontros con Galicia: as solicitudes presentaranse directamente na Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas seguindo as instruccións expostas na circular que desenvolverá este programa.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

As solicitudes correspondentes ós concellos, asociacións ou empresas: na Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

As solicitudes correspondentes ós participantes: nas entidades galegas propostas polos concellos nos países destino da acción.

As solicitudes correspondentes ós familiares residentes no concello: na sede do concello, asociación ou empresa.

2. Prazo:

A) Acción directa: o prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

B) Axudas para viaxes: o prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

C) Encontros con Galicia: establecerase o prazo de presentación en función das datas de desenvolvemento do programa por parte do ministerio.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes remata:

* Para os concellos, asociacións ou empresas: O 30 de setembro do 2001.

* Para os participantes: segundo o prazo acordado polo concello, asociación ou empresa.

* Para os familiares en Galicia: segundo o prazo acordado polo concello, asociación ou empresa.

Artigo 27º.-Tramitación e resolución.

1. Nas modalidades de acción directa e axudas para viaxes os centros galegos farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión que as sinaladas no artigo 7º, puntos 1, 2, 3, 4, 5 e 6 desta orde, pero considerando para este programa como centros coordinadores os seguintes:

-En Arxentina:

Centro Gallego de Buenos Aires.

Centro Galicia de Buenos Aires.

Oficina Delegada da S.X.R.C.G.

-En Brasil:

Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.

-En Cuba:

Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Gallego de la Habana.

Agrupación Artística Gallega de la Habana.

-En Uruguai:

Casa de Galicia de Montevideo.

Unión de Sociedades Gallegas de Montevideo.

-En Venezuela:

Hermandad Gallega de Caracas.

2. Nas modalidades de encontros con Galicia, farase a tramitación das solicitudes na Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e na modalidade de acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia, a tramitación será realizada polas entidades galegas designadas e a selección correrá a cargo do concello, empresa ou asociación organizadora, contando coa supervisión da secretaría xeral.

3. Selección dos participantes:

A) Na modalidade de acción directa, efectuarase en función de:

-Idade dos solicitantes.

-Tempo sen volver.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

-Estado de saúde.

Terán prioridade aqueles solicitantes que, cumprindo as condicións da convocatoria, teñan o seu cónxuxe seleccionado.

B) Na modalidade de axudas para viaxes, farase en función de:

-Idade dos solicitantes, con preferencia os maiores de 65 anos.

-Tempo sen volver.

-Estado de saúde.

-Orixe galega, con preferencia os nacidos en Galicia.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

C) Na modalidade de encontros con Galicia:

-Tempo sen volver a Galicia.

-Estado de saúde.

-Situación económica.

D) Na modalidade de acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia:

-Idade dos solicitantes e tempo sen voltar a Galicia.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan no concello galego.

-Estado de saúde.

4. Concesión:

Na modalidade de acción directa a concesión ten carácter de provisionalidade en canto non sexa avalada polo doutor encargado dos recoñecementos médicos. Así mesmo, nesta modalidade a concesión é de carácter individual.

Na modalidade de axudas para viaxes a concesión ten carácter de provisionalidade mentres non sexa avalada polos familiares do solicitante residentes en Galicia e, así mesmo, en canto non sexa aboada, dentro do prazo establecido no seu momento, a porcentaxe correspondente da pasaxe de avión. Nesta modalidade a selección do beneficiario levará consigo a do seu cónxuxe, no caso de ser solicitada.

Artigo 28º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicar á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo esta secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 5. Cursos de terapia ocupacional

Artigo 29º.-Obxecto.

Promove-la realización de accións que posibiliten a creación de grupos de persoas da terceira idade

de orixe galega residentes no exterior para o desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes con finalidade de carácter terapéutico e formativo-ocupacional.

Artigo 30º.-Características dos cursos.

a) Duración: 50 horas impartidas como máximo en 3 semanas.

b) Lugar: as residencias de anciáns ou as instalacións dos centros galegos.

c) Modalidades: clases presenciais teórico-prácticas coa finalidade de desenvolve-las capacidades manuais e intelectuais sobre artesanía, moldeado, pintura, barro, tecidos, vimbio, entre outras especialidades.

d) Desenvolvemento curricular: os contidos que se impartirán seguirán a programación das unidades didácticas editadas para este programa pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e os materiais necesarios para as clases prácticas axustaranse ás relacións que, segundo os traballos que se van realizar, se indican nas ditas unidades.

e) Requisito de concesión: mínimo 20 participantes por curso.

Artigo 31º.-Contido das axudas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo:

a) Do custo de desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da compensación económica ó persoal docente.

c) Excepcionalmente, poderase atende-los gastos de estadía do profesorado no lugar de celebración do curso.

d) Do custo do material e o seu envío para imparti-lo curso.

2. Os centros faranse cargo de:

a) O custo da manutención e do aloxamento do profesorado. Con carácter de excepcionalidade, debidamente fundamentada, poderán subvencionarse estes custos de estadía.

b) Proporciona-las instalacións axeitadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

Artigo 32º.-Solicitantes.

Centros galegos que desenvolvan labores de tipo asistencial, que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador. Estes centros poderán solicitar estes cursos para a súa impartición tanto na mesma entidade como en asilos ou centros da terceira idade radicados na súa área xeográfica de influencia e que teñan un número suficiente de residentes galegos.

Artigo 33º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 5 desta orde.

b) Relación das persoas que desexan participar no curso, expresando apelidos e nome, número do DNI ou pasaporte, idade, lugar de nacemento e a súa residencia efectiva.

Artigo 34º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

Artigo 35º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Interese temático dos diversos cursos solicitados.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

-Tamén a secretaría xeral resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ó centro galego, que estará condicionado ás dispoñibilidades orzamentarias existentes.

-Será preceptivo que os centros designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa secretaría xeral debendo indica-lo seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 36º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso a entidade enviará a esta secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Plans de accións formativas

Programa 6. Axudas para estudios universitarios destinadas a emigrantes galegos ou ós seus descendentes

Artigo 37º.-Obxecto e características.

1. A finalidade deste programa é potencia-la realización de estudios universitarios, nas facultades e escolas técnicas superiores, polos galegos, os seus fillos e netos, con residencia familiar no estranxeiro, que non teñan acabada a súa primeira carreira, con especiais aptitudes para o estudio e carentes de medios económicos suficientes para consegui-lo seu primeiro título universitario.

Artigo 38º.-Contido das axudas.

As axudas destinaranse a cubri-los seguintes gastos durante o curso 2001-2002:

a) Académicos derivados dos estudios.

b) De estadía e manutención.

c) Da viaxe de ida e volta entre o lugar da súa residencia familiar e Galicia.

Artigo 39º.-Número e contía das axudas.

Convocaranse 20 bolsas de estudios por un importe unitario máximo anual de 500.000 pesetas. Este número de bolsas poderá ser ampliado ata 25, no caso de que o número de solicitudes que cumpran os requisitos esixidos así o aconsellase. En función do rendemento académico do beneficiario, condicionada ó límite de crédito previsto, a axuda poderase renovar ata completa-lo ciclo de estudios.

Artigo 40º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que acrediten documentalmente os seguintes requisitos:

a) Ser galego, fillo ou neto de galego.

b) Que os seus pais ou titores legais carezan de medios suficientes e teñan fixada a súa residencia no estranxeiro.

c) Que nos tres cursos inmediatamente anteriores ó que estean cursando na actualidade, fosen estudiantes nos sistemas educativos oficiais vixentes en España ou no seu país de residencia mantendo nos seus estudios suficiente rendemento.

d) Que, tendo desenvolvidos tódolos seus estudios con continuidade, estean cursando no momento da convocatoria estudios de grao medio, no seu último curso, ou estudios universitarios e desexen finaliza-la súa primeira carreira nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo.

Artigo 41º.-Documentación.

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 6 da presente orde.

b) Documento acreditativo da súa condición de galego ou ascendencia galega.

c) Documentos xustificativos da residencia no estranxeiro dos seus pais ou titores legais.

d) Xustificación documental dos ingresos económicos da unidade familiar ou, no caso de traballar por conta propia, declaración xurada responsable.

e) Documentación na que conste o expediente académico do solicitante, con expresión das disciplinas cursadas e as cualificacións obtidas nos tres últimos cursos académicos inmediatamente anteriores ó que estea cursando na actualidade, así como a escala de notas aplicada polos centros onde realizou os estudios.

f) Xustificación das cualificacións obtidas no curso 2000-2001 ou, no caso dos países nos que o curso académico coincide cos anos naturais, as correspondentes ó curso 2000.

g) Os solicitantes que se matriculen por primeira vez nunha universidade galega deberán presentar un dos dous xustificantes seguintes:

-De recepción da presentación ante a facultade elixida da documentación necesaria para a validación das disciplinas cursadas.

-Certificación que acredite a superación das probas de acceso á universidade.

Artigo 42º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación:

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, deberán ser enviadas á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo:

-Ata o 31 de marzo de 2001 para a documentación relacionada no artigo 41 alíneas a), b), c), d) e e).

-Ata o 20 de xullo ou o 30 de setembro de 2001 para a documentación relacionada no artigo 41º alínea f), nas convocatorias de xuño e setembro.

-Ata o 30 de setembro de 2001 para a documentación relacionada no artigo 41º alínea g).

Artigo 43º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas fará unha selección provisional aplicando os seguintes criterios:

-Valoración do expediente académico do solicitante.

-Valoración das circunstancias económicas da unidade familiar.

No caso de que o solicitante fora adxudicatario dunha destas axudas no exercicio de 2000 e persistan as circunstancias económicas da súa unidade familiar:

-Aproveitamento académico no curso 2000-2001.

2. Rematada a dita selección, elaborarase unha relación provisional de beneficiarios que se elevará a definitiva mediante resolución da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3. Tódolos trámites necesarios para matricularse na universidade galega elixida deberán ser realizados directamente polos propios solicitantes.

Artigo 44º.-Pagamento e xustificación.

O beneficiario percibirá o importe da axuda polo procedemento establecido, en dúas fases.

Na primeira das fases percibirá o oitenta por cento do importe da axuda unha vez que presente ante a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas xustificante de matriculación no centro universitario onde vaia cursa-los estudios. Este documento deberá presentarse nesta secretaría xeral dentro do exercicio orzamentario e, de ser posible, antes de remata-lo mes de novembro. As vacantes producidas pola non presentación do dito docu

mento poderanse cubrir cos beneficiarios provisionais suplentes que presenten esta documentación.

Na segunda fase percibirá o vinte por cento restante do importe da axuda unha vez que presente ante a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas documentos acreditativos de cursa-los estudios.

Artigo 45º.-Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas estarán obrigados a:

a) Incorporarse ó centro elixido ó comezo do curso académico.

b) Residir durante o curso académico en Galicia.

c) Ó remate do curso, deberán entregar unha breve memoria xuntando documentación onde consten as cualificacións obtidas.

d) Estas bolsas son incompatibles co desfrute de calquera outro tipo de bolsas, tanto de institucións públicas como privadas.

O incumprimento das obrigas anteriores orixinará a perda inmediata da axuda concedida e a devolución polo beneficiario das cantidades percibidas mediante o procedemento de constrinximento.

Programa 7. Cursos de especialización

Artigo 46º.-Obxecto e características.

1. Dous son os obxectivos que se pretenden con estes cursos. Por unha banda, adestrar e perfecciona-los mozos en técnicas necesarias para mellora-la expresión, dramatización e escenificación nos nosos grupos teatrais, así como a calidade e interpretación dos instrumentos musicais e a coreografía e execución das danzas tradicionais galegas. Pola outra, formar mozos maiores de 18 anos que poidan tanto dinamiza-la xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos, como fomentar e promociona-las actividades deportivas no seo das nosas comunidades.

2. A metodoloxía dos cursos será dinámica e participativa utilizando, sempre que se poida, recursos audiovisuais que fagan referencia a Galicia.

3. Estes cursos deberán ter como introducción unha sección informativa dedicada exclusivamente a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico, monumental, etc.

4. Os cursos serán de formación intensiva, terán lugar con preferencia en Galicia e contarán cunha duración mínima de 40 horas lectivas; o número de participantes en cada unha das modalidades non será superior a 25. En todo caso, o número total de prazas e o desenvolvemento de cada un dos cursos serán obxecto da oportuna resolución da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

5. Nos cursos de técnicas de teatro, así como os de danza e música tradicional galega poderá participar nalgunhas fases desas modalidades o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais da Xunta

de Galicia (IGAEM), baseándose para tal fin nas súas unidades de producción:

-Centro Dramático Galego.

-Ballet Galego Rey de Viana.

-Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia e outros especialistas.

6. Os cursos de carácter deportivo teñen por finalidade a especialización de monitores, preparadores e adestradores dos equipos das secciones infantís e xuvenís nos deportes de máis implantación nos distintos centros e asociacións galegas. Poderá participar nalgunhas fases desta modalidade a Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 47º.-Modalidades dos cursos.

1. Curso en técnicas de teatro, que pode abarca-los contidos seguintes:

a) Texto teatral: natureza, análise e texto de representación.

b) Reparto, ensaios e traballo do director de escena.

c) Espacio escénico: escenografía, movemento, iluminación e espacio sonoro.

d) Os estilos escénicos, producción na posta en escena, últimos ensaios e ensaios xerais.

e) Calquera outra técnica de representación teatral (construcción e posta en escena de marionetas e monicreques, etc., que poida ser de interese para os grupos das nosas comunidades).

2. O curso de técnicas deportivas atenderá á modalidade de fútbol abarcando os seguintes contidos:

a) Escolas de fútbol.

b) A preparación física.

c) Os principios de adestramento.

d) Técnica e táctica.

e) Psicoloxía e medicina no fútbol.

3. Curso de animación xuvenil que pode abarca-los seguintes contidos:

a) Planificación e xestión de actividades: programación, xestión de recursos humanos e económicos, publicidade e información.

b) Psicosocioloxía do tempo libre.

c) Tempo libre: materiais, urbanismo, programación e administración de campamentos e seguridade e hixiene.

d) Introducción á cultura de Galicia: historia, lingua, cultura, xeografía, institucións e sociedade.

A participación e o informe de aproveitamento do profesorado tanto nestes cursos de especialización en animación xuvenil como nos cursos realizados nos propios centros valoraranse especialmente para a realización de prácticas como monitores acompañantes de grupos de comunidades galegas integrados nas actividades de campamentos do programa 16. Para isto coordinaranse a Secretaría Xeral para as

Relacións coas Comunidades Galegas coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, co fin de programar debidamente a integración nos equipos de monitores na campaña de verán.

4. Curso de técnicas de danza e baile folclórico galego, cos seguintes contidos:

-Técnicas de danza clásica e de carácter: aplicación ó folclore galego.

-Colocación e movemento corporal. Música, ritmo e mimo.

-Escenario e vestiario.

-Técnica dos puntos: danzas e coreografías galegas. Percusión.

5. Curso de música tradicional galega, co seguinte contido, a nivel medio:

-A gaita galega, principios xerais. Afinación do roncón e do punteiro.

-Interpretación de muiñeiras, xotas, danzas festivas e danzas gremiais.

6. Curso de confección de compoñentes da gaita, cos seguintes contidos:

-Coñecemento e utilización dos materiais e ferramentas necesarias para a construcción de palletas e pallóns. Modos de fabricación.

-Afinado do roncón e do punteiro.

7. Especialidade de técnicas de percusión, pandeireta e canto, que se iniciará no ano 2001 cos seguintes contidos:

-Visión global do canto e da percusión en Galicia.

-As distintas maneiras de tocar e canta-lo ritmo da muiñeira, da xota e do valse.

-Os distintos xeitos de tocar agarrados.

-Presentación doutros tipos de percusión relacionándoos co canto.

Artigo 48º.-Contido das achegas.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo do custo da viaxe dos participantes de Europa e América, de ida e volta, desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata os aeroportos de Galicia.

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, no caso dos cursos de música, teatro e danza tradicional galega, farase cargo de proporciona-las instalacións e da selección e dotación do profesorado.

A Secretaría Xeral para o Deporte, no caso do curso de técnicas deportivas, poderá facerse cargo da achega do profesorado e das instalacións necesarias para a súa realización de acordo co convenio que se asine.

O resto das achegas necesarias para poñer en funcionamento os cursos poderán ser a cargo da secretaría xeral, sempre tendo en conta os acordos entre as diferentes entidades e organismos colaboradores.

Artigo 49º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a estes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a súa galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. As entidades solicitantes de prazas para estes cursos, ó face-la preselección que figurará na súa solicitude, deberán valora-los seguintes criterios nos aspirantes:

a) Ser galego ou descendente de galego.

b) Ser maior de 18 anos.

c) Ser socio dun centro galego que teña a galeguidade recoñecida ou sexa centro colaborador.

d) Pertencer ó grupo de animación xuvenil, teatral, folclórico ou deportivo desa entidade.

e) Para os cursos de animación xuvenil e folclore valorarase a participación noutros cursos desenvolvidos nos países de residencia ó amparo dos correspondentes programas da secretaría xeral.

3. Terán preferencia para asistir ós cursos aquelas persoas que acrediten ter algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de animación xuvenil, teatro, folclore ou deporte.

4. Por cada centro non poderán participar nos cursos máis de dúas persoas en cada unha das modalidades.

Artigo 50º.-Documentación.

A documentación necesaria para solicita-la participación nestes cursos será:

a) Solicitude-proposta do centro, segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 7 desta orde, totalmente cuberta en tódolos seus puntos. Para cada modalidade de curso na que se desexe presentar participantes, deberase cubrir unha solicitude-proposta. Se o centro presentase solicitudes para participar en varias modalidades, deberá indicarse en cada unha delas no lugar establecido para o efecto, a orde de preferencia na adxudicación das distintas modalidades de curso.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade ou do pasaporte e breve currículum de cada aspirante con referencia especial ós coñecementos, títulos, experiencia, etc. na materia obxecto do curso.

c) Dúas fotografías tamaño carné de cada aspirante.

Artigo 51º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida directamente á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes-propostas, por necesidades extraordinarias de programación, rematará o 20 de febreiro do 2001.

Artigo 52º.-Tramitación e resolución; seguimento.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes-proposta dos cursos.

2. No seu momento, a secretaría xeral comunicará a concesión de participación no curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

Programa 8. Cursos de formación ocupacional e empresarial

Artigo 53º.-Obxecto e características.

1. Os cursos de formación ocupacional terán por finalidade mellora-la formación técnico-profesional dos galegos e os seus descendentes, no ámbito dos centros galegos da Galicia do exterior. Promoveranse especialmente modalidades que atendan á difusión dos costumes e tradicións típicos galegos -cociña galega, encaixe de palillos-, buscando a súa transmisión nos ámbitos familiares e a capacitación nos correspondentes sectores ocupacionais. Seguirán tendo unha atención especial aqueles cursos que atendan á formación en técnicas informáticas. Estes cursos terán unha duración non superior a cento vinte horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco en cada modalidade.

2. Os cursos de formación empresarial terán por finalidade mellora-la formación técnico-empresarial dos galegos e os seus descendentes, que igualmente residan na Galicia do exterior. Estes cursos terán unha duración máxima de cincuenta horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco.

3. As aulas permanentes de formación ocupacional terán por finalidade a formación continuada de carácter técnico profesional dos galegos e dos seus descendentes no ámbito dos centros galegos de Galicia do exterior, como naquelas entidades e países que aconsellen realiza-los cursos de formación ocupacional con carácter continuado durante o ano.

Artigo 54º.-Modalidade dos cursos.

1. Tanto os cursos de formación ocupacional coma os de formación empresarial poderán ser de dúas modalidades:

A) Cursos de acción directa e

B) Cursos subvencionados.

2. Serán cursos de acción directa aqueles que, sendo solicitados polos centros, sexan programados e executados pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3. Serán cursos subvencionados aqueles que sexan programados e executados polos centros integramente.

Artigo 55º.-Contido das achegas.

A) Cursos de acción directa.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, faranse cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ó lugar de realización do curso.

b) Do custo de material e do seu envío para imparti-lo curso.

c) Do custo da compensación económica do profesorado.

2. Os centros faranse cargo de:

a) Con carácter ordinario, dos gastos de estadía e manutención do profesorado.

b) Proporciona-las instalacións axeitadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

B) Cursos subvencionados.

Poderán ser subvencionados ata un máximo dun 75% aqueles cursos que se axusten ás normas da presente orde e ó seu posterior desenvolvemento, e sexan aprobados pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

C) Aulas permanentes.

Poderán ser subvencionadas aquelas aulas que se axusten ás normas da presente orde e ó seu posterior desenvolvemento, e sexan aprobadas pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 56º.-Solicitantes.

1. Serán solicitantes dos cursos de formación ocupacional e empresarial e das aulas permanentes as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. Así mesmo, poderán ser solicitantes dos cursos de formación empresarial as asociacións de empresarios galegos da Galicia do exterior.

Artigo 57º.-Documentación.

1. A documentación necesaria para os cursos de aulas permanentes e de formación ocupacional será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 8 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constará apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

2. A documentación necesaria para os cursos de formación empresarial será:

a) Solicitude da asociación segundo o modelo do anexo 8 BIS desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constará apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

3. No caso dos cursos subvencionados, tanto de formación ocupacional como empresarial, xuntará á solicitude:

a) Programa das materias que se van impartir.

b) Currículum do profesorado.

c) Horario do curso, indicando os lugares e as datas da súa realización.

d) Orzamento pormenorizado do curso.

4. No caso de aulas permanentes, relación de programas que se van impartir ó longo do ano, currículo das correspondentes materias, memoria dos medios e materiais dispostos para tal fin, e currículum do profesorado, así como o orzamento.

Artigo 58º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

Artigo 59º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos cursos.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso indicando, se é o caso, nome do profesorado, data, lugar e hora de chegada, así como as datas nas que se vai realizar.

Artigo 60º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso a entidade remitirá á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 9. Cursos de lingua, literatura, historia e cultura galega

Artigo 61º.-Obxecto.

1. O programa pretende promove-la realización de accións que eleven o nivel cultural dos emigrantes de orixe galega e manteña viva a súa identidade, así como en difundi-la cultura galega nos contornos dos seus asentamentos.

2. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 62º.-Características.

1. Estes cursos van dirixidos, preferentemente, a maiores de 14 anos que sexan socios de centros galegos se ben poden participar tamén tódolos membros da colectividade galega e os seus descendentes,

así como aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia.

2. Cada curso, de carácter intensivo, terá unha duración de 60 horas de teoría e 15 de práctica. O horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes é terá unha duración ordinaria dun mes ou excepcionalmente ata tres meses para os casos nos que existan profesores de galego xa desprazados ós lugares de realización.

3. Os cursos poden ter dúas modalidades, unha de lingua galega con valor académico e dous niveis distintos de coñecementos: cursos de iniciación e cursos de perfeccionamento. Outra, de extensión cultural para persoas interesadas en mante-lo achegamento a Galicia, á súa realidade cultural actual, á súa historia, literatura, lingua e resto de manifestacións culturais da nosa terra.

4. Para que o curso poida ser concedido é necesario que conte cun número mínimo de 20 alumnos. Varios centros poderán presentar unha solicitude conxunta para a realización dun único curso que alcance o nivel de alumnado requirido. Na concesión valorarase a porcentaxe de alumnos de orixe galega.

Artigo 63º.-Contido das achegas.

1. A Dirección Xeral de Política Lingüística farase cargo de:

a) O custo das horas de docencia do profesorado.

2. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ó lugar de celebración do curso.

b) Excepcionalmente, poderá establecerse unha axuda de aloxamento do profesorado, na contía que se estipule segundo a área xeográfica de celebración do curso.

c) O custo do material para a realización do curso.

d) O custo do envío do dito material.

3. Os centros proporcionarán as instalacións axeitadas para a realización do curso e faranse cargo con carácter ordinario, do custo da estadía do profesor (aloxamento e manutención) no lugar onde se leve a cabo ata un máximo de 30 días.

Artigo 64º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 65º.-Documentación.

A documentación necesaria para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 9 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, idade, número do DNI ou do pasaporte e grao de ascendencia galega, se é o caso.

Artigo 66º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo do 2001.

Artigo 67º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Número de cursos concedidos ó centro solicitante.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

Así mesmo a secretaría xeral comunicará o nome do profesor designado e as datas e lugar de realización do curso tendo en conta o contido da solicitude do centro e do acordado coa Dirección Xeral de Política Lingüística.

Será preceptivo que o centro ou conxunto de centros solicitantes designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa secretaría xeral debendo indica-lo seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 68º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso, a entidade remitirá á secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Dirección Xeral de Política Lingüística e a secretaría xeral estimen necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Plan de accións culturais

Programa 10. Concurso público cultural de artigos xornalísticos, redaccións, contos, vídeo, pintura, debuxo, fotografía, e de interpretación de gaiteiros solistas

Artigo 69º.-Obxecto.

Promove-lo desenvolvemento das actividades culturais nos seus aspectos literarios e plásticos dentro das comunidades galegas da Galicia do exterior, para potenciar e dinamiza-los ditos centros, co fin de que teñan unha vida plenamente integrada na cultura de Galicia.

Artigo 70º.-Características.

1. Este concurso poderá ser convocado polos centros de acordo coas súas posibilidades, e a este certame convocado pola secretaría xeral poderanse presentar traballos que foran premiados polos centros.

2. A temática dos traballos terá que estar relacionada con Galicia ou coa emigración galega.

Artigo 71º.-Premios.

Os premios de cada unha das modalidades serán os seguintes:

1. Modalidade de artigos xornalísticos, premio Andoriña:

a) Primeiro premio: 300.000 pesetas.

b) Segundo premio : 150.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 75.000 pesetas.

2. Modalidade de contos, premio Bolboreta:

a) Primeiro premio: 200.000 pesetas.

b) Segundo premio : 100.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 50.000 pesetas.

3. Modalidade de vídeos, premio Xanela:

a) Primeiro premio: 250.000 pesetas.

b) Segundo premio : 150.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 100.000 pesetas.

4. Modalidade de pintura, premio Camelia:

a) Primeiro premio: 400.000 pesetas.

b) Segundo premio : 200.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 100.000 pesetas.

5. Modalidade de debuxo, premio Mimosa:

a) Primeiro premio: 300.000 pesetas.

b) Segundo premio : 200.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 100.000 pesetas.

6. Modalidade de fotografía, premio Vagalume:

a) Primeiro premio: 200.000 pesetas.

b) Segundo premio : 100.000 pesetas

c) Terceiro premio: 50.000 pesetas.

7. Modalidade de interpretación de gaiteiros solistas, premio Gaiteiro de Soutelo:

Esta modalidade faise en colaboración co Ateneo de Ferrol, promotor e organizador do premio Constantino Bellón. Convócanse catro premios para a Galicia do exterior, que consistirán na asistencia e participación, con gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso Constantino Bellón que convoca anualmente o Ateneo de Ferrol. A distribución por áreas xeográficas será:

a) Un premio para España.

b) Un premio para Europa.

c) Dous premios para América.

Esta distribución poderá variarse se o número e a calidade dos traballos presentados así o aconsellase.

8. Modalidade de redacción e contos sobre as experiencias vividas en Galicia polos beneficiarios do Programa 16, Actividades de campamento, premio

Pomba. En cada unha destas disciplinas convocaranse os seguintes premios:

a) Primeiro premio: 75.000 pesetas.

b) Segundo premio: 50.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 25.000 pesetas.

9. Modalidade de reportaxe fotográfica sobre as experiencias vividas en Galicia polos beneficiarios do Programa 16 Actividades de campamento, premio Manuel Ferrol:

a) Primeiro premio: 75.000 pesetas.

b) Segundo premio: 50.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 25.000 pesetas.

10. Modalidade de traballos de investigación xuvenil Galeguidade, sobre o tema os mozos ante o futuro da galeguidade, achegando propostas, ideas ou obras creativas que a fomenten, premiado con 300.000 pesetas.

11. Modalidade Trofeo Galeguidade coa organización de competicións e dotacións de premios nas modalidades deportivas xuvenís que se sinalen entre seleccións deportivas xuvenís de América e Europa, dependendo a súa posta en marcha no presente exercicio da correspondente dotación orzamentaria e base organizativa imprescindible por parte dos centros galegos participantes.

Artigo 72º.-Participantes.

1. Poderán participar neste concurso os galegos, descendentes de galegos e socios das entidades galegas que sendo residentes na Galicia do exterior sexan autores de calquera traballo das modalidades enumeradas no artigo anterior, segundo as idades que figuren nas bases que se publicarán antes de transcorrer dous meses desde a publicación da presente orde.

2. Así mesmo poderán participa-los autores de traballos que fosen premiados nos concursos convocados polos centros galegos, sempre que estean de acordo coas anteditas bases.

3. Nas modalidades 8 e 9 do artigo 71º, de redacción e contos e de reportaxe fotográfica, premios Pomba e Manuel Ferrol, poderán participa-los beneficiarios do Programa 16, Actividades de campamento que narren ou describan experiencias vividas no transcurso deste programa.

4. Á parte doutras condicións que esixan as bases das convocatorias, non poderán participar nestes concursos aquelas persoas que obtiveran, na mesma modalidade, un primeiro premio ou dous ou máis premios nos últimos catro anos.

Artigo 73º.-Documentación.

1. Cada traballo que se presente ó concurso deberá vir acompañado dunha proposición onde figure:

a) Nome do traballo

b) Nome e apelidos do autor, enderezo, país e número de teléfono.

c) Valor estimado da obra, se é o caso.

2. As bases previstas no artigo 72º.1 establecerán concretamente os requisitos e formas de presentación dos traballos para cada especialidade.

Artigo 74º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Os autores que non se presentasen ós concursos dos centros enviarán os seus traballos a través dunha sociedade galega do exterior e, excepcionalmente, directamente a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra, Praza da Quintana. 15074. Santiago de Compostela. A Coruña) dentro do prazo que se sinale nas bases, segundo a especialidade.

2. Os centros galegos que convocasen concursos poderán envia-los traballos premiados por eles para participar neste certame.

Artigo 75º.-Resolución e decisión.

1. A secretaría xeral publicará, nas datas sinaladas no artigo 72º, as bases da convocatoria para tódalas modalidades, e nomeará un xurado de persoas especialistas nas materias convocadas, no que participará, no caso do concurso de interpretación de gaiteiros solistas, un membro do xurado do premio Constantino Bellón

2. O xurado, unha vez vistos os traballos, elevará a súa decisión á devandita secretaría xeral, que resolverá o que proceda.

Artigo 76º.-Difusión das obras premiadas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas reservará para si o dereito de reproduci-las obras premiadas, que quedarán na súa propiedade, para utilizalas en actividades non comerciais.

2. As obras presentadas e non premiadas poderán ser retiradas polos autores antes do 31 de decembro do ano 2001.

3. O feito de participar no concurso presupón a aceptación das normas contidas neste programa e nas bases correspondentes.

Programa 11. Axudas para a realización de actividades asociativas e culturais

Artigo 77º.-Obxecto.

A concesión de axudas dirixidas a subvencionar, total ou parcialmente, as actividades de carácter asociativo e cultural realizadas en favor das comunidades galegas co fin de facer efectivos os dereitos de carácter cultural que lles recoñece a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

Artigo 78º.-Características.

Ademais das actividades previstas nos distintos programas do plan de accións culturais, numerados do 10 ó 15, realizadas directamente polas comunidades galegas, poderán ser subvencionadas, entre

outras que se axusten á Lei de recoñecemento da galeguidade, as seguintes:

1. Realización de cursos, seminarios, xiras e conferencias non previstos en programas específicos desta convocatoria.

2. Programación e realización de actos conmemorativos de efemérides ou festas de especial significación para a lingua, historia ou cultura de Galicia.

3. Desprazamentos que no exercicio da súa función representativa realicen os membros da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, dentro do seu ámbito territorial de actuación, sempre que se realicen coa previa autorización por escrito da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e cumprindo as condicións establecidas por ela.

4. A realización de tarefas complementarias de xestión por parte dos centros coordinadores de programas de axudas individuais designados naquelas partes onde se constitúa comisión avaliadora de axudas segundo o previsto na disposición adicional primeira desta orde.

Artigo 79º.-Solicitantes.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como polas institucións e asociacións sen fin de lucro e as persoas físicas que puideran, se é o caso, realizar accións que sirvan para os fins sinalados no artigo 78º da presente orde.

Artigo 80º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que se une como anexo 10 á presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren necesarias para unha adecuada valoración da solicitude por parte da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 81º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo do 2001.

Artigo 82º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes e, sen prexuízo doutros extremos que se puideran tomar en consideración, ponderará as seguintes circunstancias nas solicitudes de subvención:

-A necesidade e utilidade das accións que se van desenvolver.

-O colectivo efectivo de persoas sobre as que incide directamente o programa cultural.

-A capacidade de xestiona-las actividades para as que se solicita subvención.

Artigo 83º.-Seguimento.

1. A solicitude de subvención supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento das normas e condicións da subvención, no caso de que se conceda.

2. Os beneficiarios das subvencións quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das accións previstas, que deberá ser aprobada previamente pola citada secretaría xeral para xustifica-las subvencións concedidas.

Artigo 84º.-Pagamento e xustificación.

1. Pagamento:

Sen prexuízo da normativa aplicable, unha vez resolta a concesión de axuda, o pagamento realizarase de acordo coas seguintes normas:

a) Os trámites de pagamento de ata o 50% da subvención concedida poderanse iniciar a partir do momento da resolución de concesión, se así se xustifica cos documentos correspondentes ás actividades ou programas xa realizados que se sinalan no punto seguinte.

O pagamento do resto do importe da subvención concedida realizarase unha vez que sexan suficientemente xustificadas as actividades realizadas con cargo á citada subvención.

b) Para as actuacións previstas no artigo 78, poderase autorizar excepcionalmente o réxime de pagamentos por xustificar previsto na normativa de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2. Xustificación:

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións, dentro do exercicio orzamentario, para proceder ó seu pagamento será a seguinte:

a) Informe detallado das actividades realizadas en execución do programa e que xustifiquen a subvención concedida.

b) Relación detallada dos gastos realizados con motivo da celebración das citadas actividades subvencionadas e, se é o caso, dos recursos cos que se contou para o seu financiamento ou das axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos, ou privados nacionais ou internacionais.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente e conformada pola Secretaría Xeral para as Comunidades Galegas.

Programa 12. Acción informativa na galicia exterior

Artigo 85º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas dirixidas a potencia-la difusión da cultura e rea

lidade de Galicia no exterior a través de información de prensa, revistas de carácter periódico, programas de radio e televisión, etc. que promovan un mellor coñecemento de Galicia no exterior, da nosa realidade científica e cultural, da nosa lingua, literatura, música e folclore, etc., ademais da difusión directa que realicen as propias comunidades galegas mediante puntos permanentes de información creados no seu seo.

Artigo 86º.-Características.

As actuacións específicas que poden ser subvencionadas a través deste programa axustaranse ás seguintes características:

1. A creación e mantemento de oficinas de turismo na Galicia do exterior. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da Dirección Xeral de Turismo, deseñará o modelo e contido das oficinas de turismo na Galicia exterior que se establecerán nas entidades galegas que determine segundo a súa estratexia de promoción exterior. Para estes efectos, estableceranse o convenio ou convenios que se consideren oportunos coa Secretaría para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Farase especial fincapé na dotación axeitada de medios materiais, e en particular, a súa conexión ás redes telemáticas de información turística.

2. A edición e difusión periódica polas comunidades galegas de revistas culturais, informativas, económicas, etc. ou boletíns de interese, e a realización de programas de radio e televisión dedicados á realidade galega por parte das comunidades galegas ou institucións e asociacións no exterior.

Estas actuacións serán subvencionadas en función da periodicidade, difusión e número de exemplares, calidade e custo dos exemplares publicados, se é o caso.

3. A distribución ás comunidades galegas e ás empresas difusoras nos países onde aquelas estean establecidas, de programas informativos de interese sobre Galicia mediante acordos con organismos ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia.

Os acordos previstos neste último caso poderán realizarse ó longo do correspondente exercicio, en función do número e actualidade dos programas que se van distribuír, contidos de especial dedicación a Galicia e ámbito e medio de difusión.

4. A conexión a Internet das comunidades galegas posibilitando o seu acceso á información universal mediante as denominadas autoestradas de información e ó uso do correo electrónico.

5. A conexión dos centros ás novas canles de acceso ás televisións galega e española, establecéndose para estes efectos as liñas de colaboración correspondentes.

Artigo 87º.-Solicitantes.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade

ou a súa condición de centro colaborador, así como polas institucións ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia para os casos de distribución de programas a comunidades galegas previstos no punto 3 do artigo anterior.

Artigo 88º.-Documentación.

Para as actuacións previstas nos números 2, 4 e 5 do artigo 86º a documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que vai como anexo 11 da presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren precisas para unha adecuada valoración da axuda atendendo ós criterios sinalados no artigo 86º.

Artigo 89º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

Artigo 90º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función dos criterios sinalados no artigo 86º desta orde.

Artigo 91º.-Seguimento.

1. A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poida face-las comprobacións que precise para asegura-lo cumprimento das normas e requisitos fixados na presente orde.

2. Os centros beneficiarios das axudas deberán comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das accións previstas.

Artigo 92º.-Pagamento e xustificación.

1. Xustificación:

Os centros beneficiarios das axudas deberán presentar dentro do exercicio orzamentario a seguinte documentación:

-Informe detallado que acredite a realización das actuacións informativas subvencionadas, remitíndolle á secretaría xeral un exemplar de cada número publicado cando se trate de axudas para edición de revistas e boletíns.

-Relación detallada dos gastos feitos con motivo das citadas actividades.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente e conformada pola Secretaría Xeral para as Comunidades Galegas.

2. Pagamento:

O sistema de pagamento das subvencións concedidas por este programa será o mesmo que o previsto para as subvencións do programa de actividades asociativas e culturais.

Programa 13. Dotacións para bibliotecas

Artigo 93º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto favorece-la difusión da cultura galega mediante a provisión de material bibliográfico ós centros da Galicia do exterior.

2. As dotacións consistirán en material enviado desde Galicia, para incrementa-lo fondo bibliográfico do centro solicitante.

Artigo 94º.-Contido das dotacións.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá concede-lo material bibliográfico solicitado, facéndose cargo do financiamento do seu custo, que non poderá ter, en ningún caso un valor superior a 100.000 pesetas, e do custo do envío ó centro galego.

Artigo 95º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este tipo de dotacións as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 96º.-Documentación.

A documentación que se presentará será a seguinte:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 12.

b) Relación de libros solicitados coa súa correspondente referencia bibliográfica (autor, editorial, etc.) ou indicación das áreas ou temas de interese para o centro.

Artigo 97º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos solicitantes enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

Artigo 98º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes ós centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes.

3. A secretaría xeral, no seu momento, comunicará ós centros a adxudicación da dotación e procederá ó envío de material.

Artigo 99º.-Seguimento.

A solicitude dun centro supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 14. Cursos de danza, música e confección de traxes tradicionais

Artigo 100º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto promove-la realización de accións que eleven o nivel artístico dos grupos folclóricos dos centros galegos.

Artigo 101º.-Características.

1. Os cursos versarán sobre folclore galego atendendo ás modalidades de baile, gaita, pandeireta e canto e confección de traxes tradicionais.

2. Estarán dirixidos ós centros galegos que teñan grupo folclórico ou que manifesten a súa vontade de crealo.

3. A duración dos cursos será de 15 días intensivos e o horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes.

4. Ó comezo do curso realizarase unha sesión informativa de introducción dedicada exclusivamente a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

5. Para que poida ser concedido un curso, é necesario que conte cun número mínimo de 10 participantes.

Artigo 102º.-Contido das achegas.

1. A secretaría xeral farase cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ata o lugar onde se realice o curso.

b) Do custo da compensación económica do personal docente.

c) Se é o caso, o custo do material que figure na lista correspondente que se una como anexo á resolución nos cursos de confección de traxes, debendo quedar confeccionado un traxe de muller e outro de home.

2. Os centros faranse cargo, con carácter ordinario, dos gastos da estadía e manutención do profesorado durante os 15 días de duración do curso.

Artigo 103º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 104º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 13 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte e idade dos solicitantes.

Artigo 105º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviaranlle a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

Artigo 106º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Número de cursos concedidos ó centro solicitante.

-Número de persoas preinscritas de orixe galega.

2. Así mesmo, a secretaría xeral comunicará o nome do profesor designado e as datas e lugar de celebración do curso tendo en conta o contido da solicitude do centro.

Artigo 107º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso, a entidade a quen se lle concedeu remitirá á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas unha breve memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude para realizar un curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 15. Cursos extraordinarios

Artigo 108º.-Obxecto e características.

1. Este curso faise preciso porque estamos vivindo a época do turismo, da comunicación. É necesario orienta-lo viaxeiro ou o residente noutro país cunha serie de datos sobre Galicia, de interese para que estas persoas teñan unha estadía na nosa terra que poida engadir un novo matiz ós seus coñecementos, o matiz do galego, o matiz da existencia da realidade da etnia galega.

2. Será un curso intensivo, curto e rápido, impartido por áreas xeográficas, apoiándose nas comunidades de galegos máis numerosas.

3. Terá por finalidade formar persoas pertencentes a comunidades galegas para proporcionarlles coñecementos sobre a realidade cultural-turística da Galicia actual, perfeccionando, ó mesmo tempo, as súas capacidades de comunicación. Os devanditos coñecementos conforman, a través das clases recibidas, o adestramento de informadores turísticos de Galicia e do Camiño de Santiago.

4. O curso terá lugar nas instalacións da entidade que, dentro de cada área, designe a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 109º.-Modalidade do curso.

Será un curso de informadores turísticos e do Camiño de Santiago, no que poderá participar nalgunhas das súas fases a Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Será impartido por persoal especializado e recollerá aspectos tales como:

-Recursos turísticos de Galicia.

-Tramos diferentes da oferta turística galega.

-Diversificación de novas ofertas.

-Áreas naturais e itinerarios máis importantes para coñece-la paisaxe e os monumentos artísticos e históricos de Galicia.

-O Camiño de Santiago como legado histórico e as peregrinacións.

Artigo 110º.-Contido das achegas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo:

a) Dos gastos de aluguer de locais, se é o caso, os de material didáctico e os de organización necesarios para imparti-lo curso no establecemento elixido.

b) Do custo da viaxe e das retribucións do persoal docente achegado pola secretaría xeral.

c) Do custo do desprazamento e, se é o caso, da estadía dos participantes que residan dentro da zona de influencia, pero fóra da área metropolitana na que se vai imparti-lo curso.

2. Os organismos ou entidades colaboradoras faranse cargo:

a) Do custo do material preciso para a realización do curso e do seu envío.

b) Do custo da viaxe do persoal docente achegado pola entidade.

Artigo 111º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a este curso as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. As entidades solicitantes de prazas para este curso, ó faceren a selección, deberán ter en conta os seguintes criterios:

a) Ser maior de idade, procurando que unha maioría dos asistentes sexa menor de 30 anos.

b) Ser socio do centro e ter capacidade de comunicación.

c) Ser persoa que teña algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de turismo ou información sobre Galicia.

3. O número de asistentes ó curso non será menor de 100. A relación de alumnos poderá conformarse a partir das propostas de asistentes presentadas por

diferentes entidades galegas da mesma área xeográfica.

Artigo 112º.-Documentación.

A documentación precisa para solicita-la participación neste curso será a solicitude-proposta que faga o centro segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 14 desta orde.

Artigo 113º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

Artigo 114º.-Tramitación, resolución e seguimento.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas faga as comprobacións que considere precisas para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

4. Os centros quedan obrigados a comunicarlle á secretaría xeral, se é o caso, calquera alteración das circunstancias que orixinaron a selección, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que coide oportuna.

Plan de accións xuvenís

Programa 16. Actividades de campamento

Artigo 115º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto a inserción na vida social e cultural do pobo galego dos mozos e mozas pertencentes ás comunidades galegas da Galicia do exterior, achegándose ás raíces ancestrais do noso pobo, á nosa cultura etnográfica e ó noso medio rural e desenvolvendo ó mesmo tempo actividades recreativas, culturais, turísticas, deportivas e de tempo libre.

2. Convócanse 500 prazas en campamentos e albergues xuvenís da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente na modalidade itinerante Coñece Galicia en determinadas quendas quincenais nos meses de xullo e agosto. Os seleccionados residirán en cada quenda consecutivamente en tres das seguintes instalacións: Eijo Garay e Irmáns Pedrosa de Lugo, López Cuevillas de Ourense, Altamar de Vigo, Gandarío e Mariña Española da Coruña e Monte do Gozo en Santiago. Os participantes integraranse

con mozos residentes en Galicia e noutras comunidades españolas.

3. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

4. As prazas para participantes de América e Oceanía poderán incluír unha axuda completa de viaxe, ou ben unha subvención do 50 por cento do seu custo, de acordo coas cotas que para cada país se establezan por resolución da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

5. Este programa poderá realizarse na modalidade de en colaboración cos concellos coa finalidade de obte-la inserción na vida social e cultural dos concellos galegos dos rapaces e mozos, fillos ou netos de persoas orixinarias deles, comprendidos nas idades que se establezan e que residan na Galicia exterior. Esta modalidade, que será obxecto dunha circular explicativa, será desenvolvida en colaboración entre esta secretaría xeral e os concellos galegos que a subscriban.

6. Sen prexuízo da realización deste programa, tal como consta no correspondente articulado, poderá realizarse algunha actividade de campamento no exterior, que terá a consideración de experiencia piloto, coa denominación de Campamento Galicia 2001, dotándose do material necesario coa finalidade de organizar unhas xornadas que sirvan de convivencia entre as xuventudes das nosas comunidades podendo servir de base para a celebración de encontros deportivos entre os equipos dos diferentes lugares en distintas modalidades deportivas.

Artigo 116º.-Contido das achegas.

1. A secretaría xeral farase cargo do custo da parte da viaxe que se estableza tendo en conta o disposto no artigo 115.4.

2. Na modalidade de «en colaboración cos concellos», a secretaría xeral farase cargo con carácter ordinario, dun tercio do total do custo da viaxe, sendo con cargo ó concello a parte restante do dito custo, así como a estadía e actividades que se acorden.

Artigo 117º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas prazas as persoas que, residindo no exterior, cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser galego, fillo ou neto de galego.

b) Ter unha idade entre 14 e 20 anos, contados o 30 de xuño de 2001.

c) Non ter participado en edicións anteriores deste programa nin ter viaxado a Galicia nos últimos 10 anos, para participar nas prazas que teñan axuda de viaxe.

Artigo 118º.-Documentación.

1. Os solicitantes de países americanos onde se constitúa a comisión avaliadora á que se fai referencia no artigo 120º desta orde deberán presentar, inicialmente, antes do 31 de marzo do 2001, os seguintes documentos:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 15.

b) Fotocopia dos documentos oficiais acreditativos da orixe galega do solicitante.

c) Dúas fotografías tamaño carné.

d) Fotocopia do documento nacional de identidade e do pasaporte, no caso de que xa os teñan expedidos.

e) Anexo 15-B no caso dos solicitantes residentes en América e Oceanía, así como no dos solicitantes menores de idade.

2. Os solicitantes preseleccionados pola comisión avaliadora á que se refire o artigo 120º deberán presentar, na semana seguinte á exposición da acta de preseleccionados, os seguintes documentos:

a) Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de ser apto para participar, con normalidade, en actividades recreativas e deportivas.

b) Se é o caso, fotocopia do documento necesario para unha posible asistencia sanitaria que exceda da establecida no convenio asinado coa Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia para programas culturais e asistenciais destinados á Galicia exterior.

c) Tódolos participantes menores de idade presentarán o modelo anexo 15-B e cubrirán a autorización para viaxar, asinada polos pais ou titores legais.

d) Os participantes menores de idade de Europa e América que desexen quedar coa súa familia en España ó termina-la actividade deberán cubrir, así mesmo, a autorización asinada polos pais ou titores legais, incluída no mesmo modelo anexo 15-B.

3. Os solicitantes de España, Europa, Oceanía e países americanos onde non se constitúa comisión avaliadora deberán presentar no seu centro toda a documentación indicada nas alíneas 1 e 2 deste artigo.

Artigo 119º.-Lugar e prazo de presentación.

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente en cada caso, entregaranse nos centros galegos ata o 31 de marzo de 2001.

Na modalidade de en colaboración cos concellos as solicitudes presentaranse no prazo establecido de acordo co concello e nas entidades galegas que se designen.

Artigo 120º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude indicará as prazas dispoñibles en cada quenda así como os tramos de idade posibles para cada campamento.

2. A secretaría xeral asignará as prazas que corresponderán, para cada tipo de axuda de viaxe, a cada unha das áreas xeográficas, e dentro da área de América a cada un dos países.

3. Vistas as prazas convocadas, os solicitantes presentarán a súa documentación nos centros galegos do seu país de residencia.

4. Os centros galegos comprobarán que as solitudes estean completas e correctamente cubertas, tramitándoas da seguinte forma:

a) Os centros galegos de España, Europa, Oceanía e países americanos onde non se constitúa comisión avaliadora enviaranas directamente á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

b) Os centros galegos dos países americanos onde se constitúa comisión avaliadora farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión avaliadora cás sinaladas no artigo 7º, puntos 1, 2, 3, 4, 5 e 6 desta orde, pero considerando para este programa como centros coordinadores, os seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Galicia de Buenos Aires.

-Centro Galego de Buenos Aires. Oficina delegada.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.

* En Cuba:

-Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Gallego de La Habana.

-Agrupación Artística Gallega de la Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Gallegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

5. A selección dos aspirantes farase valorando as seguintes circunstancias:

a) Grao de ascendencia galega.

b) Tempo sen visitar Galicia.

c) Situación económica da familia.

d) Grao de integración e participación na vida asociativa da comunidade por parte do solicitante e da súa familia.

e) Interese amosado polo participante no coñecemento da cultura e realidade galegas a través da súa participación en concursos culturais, traballos de investigación, cursos de distintas especialidades convocados por esta secretaría para a Galicia exterior, etc.

Os centros galegos acompañarán as solicitudes co informe que, para valoración das circunstancias expresadas nas alíneas c), d) e e), establecerá por circular a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

6. A secretaría xeral adxudicará directamente as prazas reservadas a España, Europa e demais países onde non exista comisión avaliadora, segundo as quendas e tramos de idade dispoñibles e a orde de chegada das solicitudes.

7. A secretaría xeral comunicaralles ós centros coordinadores a adxudicación definitiva das prazas.

8. Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos seleccionados deberán asistir ás sesións informativas que se realizarán nos seus países de orixe, especificamente encamiñadas ó coñecemento da realidade galega en xeral e da actividade de campamento en particular.

9. Os beneficiarios deste programa presentarán obrigatoriamente, ó abeiro do programa 10 de concursos públicos, na modalidade 8, premio Pomba, traballos de redaccións e, de forma opcional, de contos ou da modalidade de reportaxe fotográfica, premio Manuel Ferrol, sen prexuízo do que dispoña a normativa en vigor da Dirección Xeral da Xuventude.

10. Na modalidade de en colaboración con concellos a tramitación realizarase a través das entidades galegas designadas e a selección dos participantes farase de acordo co contido do punto 5 deste artigo polo correspondente concello galego coa colaboración desta secretaría xeral.

Artigo 121º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias sobre as circunstancias dos solicitantes que teñan incidencia na concesión de praza para participar neste programa.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 17. Cursos de animación xuvenil

Artigo 122º.-Obxectivo e características.

1. Preténdese con estes cursos formar mozos maiores de 16 anos que poidan dinamiza-la mocidade dentro do ámbito de influencia dos centros galegos, capacitalos para a programación e realización de actividades socioculturais e recreativas para a mocidade tanto en tempo libre urbano como na natureza, así como promove-la incorporación da mocidade ás xuntas directivas potenciando o asociacionismo e a asunción de responsabilidades.

2. Estes cursos intensivos de animación xuvenil poderán te-los tres perfís distintos seguintes, atendendo ós módulos lectivos que incorporen, co fin de axustarse mellor ó nivel e á continuidade na demanda desta acción formativa por parte dos centros:

-Un nivel inicial de animación e xestión do tempo libre,

-Un nivel avanzado e complementario sobre a mesma materia e

-Un nivel específico para a organización e xestión de entidades asociativas, dirixidas á mocidade dos centros galegos con formación en planificación global, marketing asociativo e técnicas de dirección e dinámicas de grupo, que serán ofertados ós centros mediante a circular correspondente.

Os módulos que poderán terse en conta atenderán, entre outras áreas, as seguintes: Galicia, programación e xestión do tempo libre, psicosocioloxía, animación e dinámica de grupos, organización e xestión de entidades, información, publicidade e imaxe asociativa e animación en áreas concretas; teatro, lectura, xogos, aire libre, primeiros auxilios, introducción ás artes plásticas, etc.

Mediante circular informaranse os centros da configuración de cada modalidade de cursos, dos módulos que integra e das súas finalidades e contidos docentes.

3. Para que poida ser obxecto de aprobación un curso, deberase contar cun mínimo de 20 participantes preinscritos. Varios centros poderán presentar unha solicitude conxunta para a realización dun único curso que alcance o nivel de alumnado requirido.

4. A duración destes cursos será de 35-40 horas lectivas impartidas nun máximo de 15 días e o horario axustarase ás necesidades dos solicitantes.

5. Este programa poderá ser obxecto de acordo de colaboración entre a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 123º.-Contido das achegas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) Excepcionalmente, poderá establecerse unha axuda de aloxamento do profesorado, na contía que se estipule segundo a área xeográfica de celebración do curso.

c) O custo das horas de docencia do profesorado.

d) O custo do material para os cursos.

e) O custo do envío do material.

2. Os centros galegos faranse cargo con carácter ordinario de:

a) Proporciona-las instalacións adecuadas para face-lo curso.

b) O custo da estadía do profesor (aloxamento e manutención) no lugar onde se leve a cabo o curso, ata un máximo de 15 días.

Artigo 124º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la celebración destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 125º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 16 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, número do documento nacional de identidade ou do pasaporte, así como a súa idade.

Artigo 126º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

Artigo 127º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas xustificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión dos cursos tendo en conta:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características do centro ou centros solicitantes e número efectivo de destinatarios dos cursos.

Artigo 128º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso a entidade remitiralle á secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas crea necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

Programa 18. Dotación de equipamentos deportivos

Artigo 129º.-Obxectivo e características.

Este programa ten como obxectivo a provisión do vestiario axeitado para a práctica deportiva ós centros da Galicia do exterior.

Artigo 130º.-Contido das dotacións.

A secretaría xeral poderá concede-lo material deportivo solicitado, facéndose cargo do financiamento do seu custo e do envío ó centro galego solicitante.

Artigo 131º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este programa de dotación as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador e que teñan equipos deportivos creados no seu seo.

Artigo 132º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo do anexo 17 debidamente cuberta en tódolos seus puntos.

Artigo 133º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo do 2001.

Artigo 134º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes, especialidades practicadas e número de compoñentes dos equipos.

Artigo 135º.-Seguimento.

A solicitude de dotación supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Plan de asistencia estructural, funcional e de equipamento de centros

Programa 19. Axudas para rehabilitación de locais e instalacións dos centros e para promoción de novos proxectos asistenciais

Artigo 136º.-Obxecto e características.

Ten por obxecto a concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, a rehabilitación de edificios, así como a promoción de novos proxectos de carácter asistencial por parte das comunidades galegas no exterior.

Artigo 137º.-Finalidade das axudas.

1. Prestar axuda ás comunidades galegas que posúan patrimonio propio para mantelo de forma decorosa. As axudas dedicaranse á mellora, conservación ou acondicionamento de edificios, locais ou instalacións nas sedes das comunidades galegas para a mellor prestación dos seus servicios asistenciais, culturais, educativos, etc.

2. Prestar axuda ás comunidades galegas que teñan patrimonio propio e fagan investimentos para lles proporcionar ós seus socios prestacións socioculturais ou deportivas atractivas para a xuventude.

3. Prestar axuda ás entidades que carezan de patrimonio e non teñan posibilidade de afronta-la adquisición de instalacións propias, pero que necesitan realizar obras imprescindibles de adecuación nos locais que ocupan.

4. Prestar axuda á promoción de novos proxectos asistenciais incluíndo a ampliación de centros asistenciais, tales como residencias, centros hospitalarios, etc., que sexan promovidos polas comunidades galegas do exterior, nos seus lugares de asentamento para a atención dos seus asociados galegos.

5. Prestar axudas ás comunidades galegas que atendan especificamente a terceira idade, os maiores das residencias de anciáns promovidas polas nosas comunidades, para acondicionar locais dentro das súas instalacións co obxectivo de habilitar fogares diúrnos, entendendo como tales, lugares onde as persoas da terceira idade poidan realizar actividades lúdicas, recreativas e de terapia ocupacional, e con servicio de cafetería e comedor.

Artigo 138º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 139º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 18 da presente orde, que irá acompañada de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos que se consideren necesarios.

b) Proxecto ou memoria complementaria correspondente ás obras previstas e orzamento detallado delas.

Tódalas solicitudes poderán estar acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración.

Artigo 140º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

Artigo 141º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolucións e comunicarállelas ás entidades solicitantes, en función de:

-Orzamento total que supoña a actuación de rehabilitación ou promoción de novos proxectos.

-Finalidade social da acción e número de supostos beneficiarios.

-Situación xurídica das instalacións, locais ou edificios onde se vai realiza-lo investimento, atendendo o réxime de utilización polos centros, como propietarios ou arrendatarios.

Artigo 142º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 143º.-Pagamento e xustificación.

1. Pagamento:

Sen prexuízo da normativa aplicable, unha vez resolta a concesión da axuda, o pagamento realizarase de acordo coas seguintes normas:

a) Os trámites de pagamento de ata o 50% da subvención concedida poderanse iniciar a partir do momento da resolución de concesión, se así se xustifica cos documentos que se sinalan no punto 2 do presente artigo e que correspondan ás actuacións xa realizadas.

b) O pagamento do resto do importe da subvención concedida realizarase unha vez que sexan xustificadas as actuacións realizadas con cargo á citada subvención.

2. Xustificación:

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente, explicando as obras, melloras ou rehabilitación de edificios e instalacións realizadas en execución do proxecto presentado coa solicitude da subvención, facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados polo centro con motivo das actuacións subvencionadas que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben en duplicado, ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Programa 20. Axudas para mellora-las dotacións e equipamentos dos centros

Artigo 144º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas a subvenciona-la dotación de mobiliario e equipamentos que contribúan a mellora-las condicións asistenciais, culturais, educativas, etc. das comunidades galegas no exterior, en beneficio dos seus asociados galegos.

Artigo 145º.-Finalidade da axuda.

1. Apoia-las entidades que teñan patrimonio propio e que desenvolvan actividades benéfico-sociais de apoio á poboación de maior idade e menos recursos. Estas axudas destinaranse, fundamentalmente, á adquisición de equipamentos tecnolóxicos de carácter sanitario.

2. Apoia-las comunidades galegas que precisan, necesariamente, dotar de equipamentos e mobiliario as súas sedes para atende-los seus fins propios mediante a realización de actividades educativas, culturais e sociais.

Artigo 146º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 147º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 19 da presente orde, que irá acompañada de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos en que se considere necesario.

b) As solicitudes que presenten as comunidades galegas por importe superior a 500.000 pesetas acompañaranse necesariamente do orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores ós que se prevé adquiri-los equipos ou mobiliario obxecto de subvención, salvo que se trate de bens de difícil adquisición fóra de Galicia, caso en que a valoración e, se é o caso, a adquisición e o envío, poderá ser excepcionalmente realizada directamente pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 148º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

Artigo 149º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición de mobiliario.

-Finalidade social da actuación e número de supostos beneficiarios directos da institución.

Artigo 150º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumpri

mento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 151º.-Pagamento e xustificación.

1. Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición do mobiliario ou equipamento subvencionado.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente que acredite as adquisicións de mobiliario ou equipos, realizadas en execución do previsto na solicitude de subvención facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados con motivo das adquisicións subvencionadas, que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben por duplicado, ou ben fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

3. En casos excepcionais debidamente xustificados poderase aplica-lo sistema de pagamento fraccionado previsto no artigo 143.1º desta orde.

Programa 21. Axudas para mellora-los equipamentos dos grupos folclóricos dos centros. Dotación de instrumentos musicais

Artigo 152º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, e na contía máxima de 300.000 pesetas a adquisición polas comunidades galegas de instrumentos musicais e material necesario para mellora-lo equipamento dos seus grupos folclóricos.

Artigo 153º.-Finalidade da axuda.

A adquisición dos instrumentos musicais habituais nos grupos folclóricos galegos -gaitas, tambores, pandeiretas-, para renova-lo seu equipamento e o material necesario para as actuacións dos grupos.

Artigo 154º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que teñen recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 155º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 20 da presente orde.

Artigo 156º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo do 2001.

Artigo 157º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total da adquisición dos instrumentos ou material.

-Número de socios da entidade solicitante e de compoñentes do grupo.

Artigo 158º.-Seguimento.

A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

Artigo 159º.-Pagamento e xustificación.

1. Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición do equipamento ou instrumentos subvencionados.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios destas axudas dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente na que se detallen as adquisicións realizadas de instrumentos ou equipos para grupos de folclore obxecto de subvención neste programa, facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados polo centro con motivo da adquisición dos instrumentos musicais e outros equipamentos do grupo, que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben en duplicado, ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Programa 22. Axudas para equipamentos de informática e comunicación

Artigo 160º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas á subvención total ou parcial de equipos tecnolóxicos que contribúan tanto a mellora-las comunicacións desde os centros galegos con Galicia e entre eles mesmos, posibilitando un eficiente fluxo de información como á axilización da xestión interna dos centros coa dotación de equipos informáticos.

Artigo 161º.-Finalidade das axudas.

Facer realmente efectivos os dereitos de información e comunicación que lles concede ás comunidades galegas a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade:

-Mediante o apoio económico na adquisición de fax, completando a rede de mellora de comunicación das comunidades galegas entre estas e con Galicia.

-Coa axuda para a adquisición de equipos audiovisuais polas comunidades galegas que posibiliten actividades educativas e culturais ós seus asociados galegos. Inclúese especialmente neste punto a adquisición e instalación nos centros de sistemas de recepción vía satélite, antenas, etc., que permitan a transmisión ós seus asociados dos programas de radio e televisión españois destinados ou abertos ó exterior.

-Subvencionando a adquisición de equipos informáticos polos centros e entidades galegas coa finalidade de moderniza-la xestión interna deles e permiti-lo acceso ás bases de datos que posibiliten o coñecemento e difusión da realidade da Galicia actual, Internet e á comunicación por correo electrónico, etc.

Artigo 162º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que teñen recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 163º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 21.

b) As solicitudes por importe superior a 500.000 pesetas irán acompañadas necesariamente do orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores ós que se lles vaian adquiri-los equipamentos obxecto de subvención, agás no caso de que se trate de bens de difícil adquisición, en que a valoración, adquisición e envío poderá ser excepcionalmente realizada directamente pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 164º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2001.

Artigo 165º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición.

-Finalidade social da actuación e número de supostos beneficiarios directos da institución.

Artigo 166º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 167º.-Pagamento e xustificación.

1. Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición dos equipamentos subvencionados.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente na que se detallen as adquisicións de equipamentos de comunicación ou informática, realizados segundo o previsto na solicitude de subvención, facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados con motivo das adquisicións subvencionadas que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben en duplicado, ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Nos programas nos que o contido o permita, a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá, mediante resolución, para simplificar e axiliza-la selección dos beneficiarios, nomear unha comisión avaliadora constituída de acordo co disposto no artigo 7º desta orde.

A devandita comisión reunirase naqueles países onde se presentaron un maior número de solicitudes, levantando acta dos seus acordos, que terá valor de proposta de selección.

Segunda.-Con carácter xeral, os beneficiarios de axudas e subvencións correspondentes a programas convocados pola presente orde quedan obrigados a:

-Presentar, coa solicitude inicial, unha declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes.

-Así mesmo, no momento da xustificación total do proxecto e en calquera caso antes do derradeiro

pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Someterse ós requisitos legais e regulamentarios que estipule a normativa xeral de aplicación ás axudas de subvencións da Xunta de Galicia así como as actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectua-la entidade conferente e as de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e os procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

-Se, por calquera motivo, a actividade programada non se puidese realizar, deberáselle comunicar á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

-As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións recollidas nesta orde quedarán obrigradas á difusión da concesión delas entre os seus asociados mediante os instrumentos informativos propios e de acordo coas súas previsións estatutarias.

Terceira.-Facúltase a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, sempre que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, para amplia-los prazos sinalados na presente orde mediante resolución.

Cuarta.-Os gastos en bens correntes e servicios que se ocasionen con motivo da realización dos programas 1 ó 18 realizaranse con cargo ó concepto orzamentario 04.03.213-A.226-07 (Actuacións derivadas da Lei da galeguidade) do orzamento da Comunidade Autónoma para o 2001 e as axudas ou subvencións precisas para a realización dos citados programas concederanse con cargo á partida 04.03.213-A.480.0 (Transferencias correntes. A familias e institucións sen fins de lucro. Subvencións dedicadas ó cumprimento da Lei 4/1983. Fondos propios).

As subvencións correspondentes ós programas 19 ó 22, destinadas a rehabilitación de locais e dotacións de equipamentos, concederanse con cargo á partida orzamentaria 04.03.213-A.780.0 (Transferencias de capital. A familias e institucións sen fins de lucro. Dotación e rehabilitación de centros galegos no exterior. Fondos propios).

As subvencións destinadas á promoción de novos centros e novos proxectos asistenciais concederanse con cargo á partida orzamentaria 04.03.213-A.780.1 (Transferencias de capital. A familias e institucións sen fin de lucro. Creación de novos centros e promoción de novos proxectos asistenciais. Fondos propios).

Quinta.-Na tramitación e resolución das axudas correspondentes a un mesmo centro, relativas a programas financiados con cargo ó mesmo capítulo e concepto orzamentario e sempre que as circunstancias o aconsellen e o importe global das subvencións concedidas con cargo ó devandito capítulo e concepto non exceda dun millón de pesetas, a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá acumular nun único expediente varias ou tódalas solicitudes de axudas de acordo co previsto na lexislación de procedemento administrativo, detallando na resolución, se o considerase preciso, a contía parcial concedida por cada programa.

Sexta.-De conformidade coa Orde do 11 de febreiro de 1998 da Consellería de Economía e Facenda, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, non se comunicará resolución de concesión ós beneficiarios ata que resultaren aprobados os créditos do programa 213-A (Accións en favor das comunidades galegas) que amparen o gasto correspondente. Os citados créditos figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2001.

Sétima.-Dada a especificidade dos programas en favor das comunidades galegas, delégase no secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas a concesión das axudas e subvencións e a resolución dos concursos que se convocan pola presente orde. Se no prazo de seis meses desde a iniciación do procedemento non recaese resolución expresa desta convocatoria, as solicitudes presentadas entenderanse desestimadas. A convocatoria, as, súas bases e cantos actos administrativos deriven dela poderán ser obxecto de impugnación, polos, interesados nos casos e naforma establecida na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Oitava.-A concesión das subvencións estará sempre condicionada ó límite de crédito previsto na aplicación correspondente.

No proxecto de lei dos orzamentos xerais da nosa comunidade autónoma para o ano 2001 figura un crédito de 736.516.000 pesetas para facer fronte ás actuacións derivadas da presente orde distribuído nos seguintes capítulos: capítulo II: 319.245.000 pesetas, capítulo IV: 170.966.000 pesetas e capítulo VII: 246.305.000 pesetas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas para dicta-las resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública