Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.448

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de novembro de 2000 pola que se nomea novo vocal do Consello Galego de Formación Profesional.

O Decreto 110/1999, do 8 de abril (DOG do 5 de maio), polo que se crea e regula o Consello Galego de Formación Profesional, establece no seu artigo 5.2º que os membros do Consello Galego de Formación Profesional e os seus suplentes serán nomeados polo titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta de cada un dos grupos ou consellerías que representan e que o seu cesamento se levará a cabo deste mesmo xeito.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Industria e Comercio,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento de Ramón Fernández-Linares Bouza, como vocal suplente, en representación da Conse

llería de Industria e Comercio, no Consello Galego de Formación Profesional.

Artigo 2º

Designar a Carmen Vázquez Domínguez, como vocal suplente, en representación da Consellería de Industria e Comercio, no Consello Galego de Formación Profesional.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria