Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 15 de decembro de 2000 Páx. 16.448

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de novembro de 2000 pola que se nomea novo vocal do Consello Galego de Formación Profesional.

O Decreto 110/1999, do 8 de abril (DOG do 5 de maio), polo que se crea e regula o Consello Galego de Formación Profesional, establece no seu artigo 5.2º que os membros do Consello Galego de Formación Profesional e os seus suplentes serán nomeados polo titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta de cada un dos grupos ou consellerías que representan e que o seu cesamento se levará a cabo deste mesmo xeito.

En consecuencia, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento de Beatriz Someso Anguita, como vocal suplente, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, no Consello Galego de Formación Profesional.

Artigo 2º

Designar a Carlos Alberto Rivas Iglesias, como vocal suplente, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, no Consello Galego de Formación Profesional.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria