Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000 sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono único do Plan Parcial de Ordenación do SUNP-3 As Cancelas-Mallou do PXOU de Santiago de Compostela.

Antecedentes.

1º O Instituto Galego da Vivenda e Solo remitiu o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do poligono único do Plan Parcial de Ordenación do SUNP-3 As Cancelas-Mallou do PXOU de Santiago de Compostela, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

2º Por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 2 de febreiro de 1999 foi aprobada definitivamente a relación de bens e dereitos e a necesidade da súa ocupación, así como segui-la expropiación polo sistema de taxación conxunta de conformidade co artigo 144 da LSG.

3º O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 8 de febreiro de 2000, acordou someter a información pública o proxecto de taxación conxunta polo prazo dun mes, anunciándose no xornal El Correo Gallego, de data 10 de marzo de 2000, e no Diario Oficial de Galicia, de data 18 de febreiro de 2000.

4º A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprezo e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei do solo de Galicia.

5º O Instituto Galego da Vivenda e Solo dictou resolución o 8 de novembro de 2000 pola que se aprobou o informe sobre as alegacións presentadas polos interesados, e acordou a remisión do expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

Segundo.-O proxecto de expropiación abarca a superficie correspondente ó Plan Parcial de Ordenación do SUNP-3 As Cancelas-Mallou no termo municipal do Concello de Santiago de Compostela, aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 3 de xullo de 1998, no que se determina como sistema de actuación o de expropiación.

En virtude do disposto polos artigos 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e os artigos 54, en relación co 124 e 145, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos incluídos no ámbito dos polígonos, resultando lexitimada a expropiación proposta.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto á situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Cuarto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ós establecidos polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables, proponse adopta-la seguinte

RESOLUCIÓN:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono único do Plan Parcial de Ordenación do SUNP-3 As Cancelas-Mallou do PXOU de Santiago de Compostela, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes da súa contestación que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efec

tos previstos nos núms. 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Instituto Galego da Vivenda e Solo e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Nº predioPropietarioSuperficie

m

Valoración

ptas.

1Cooperativas de Vivendas Cervantes2582.742.123

1-AJosé Mato Otero8275.676.404

2Manuel González Vázquez3.38424.937.718

3Victorino Cores Ramos3802.608.263

4José Galante García3802.608.263

5María Suárez Franqueira e Hros. Ramón Varela Varela33410.980.461

6Carmen Rama Reboredo e Hros. José Liste Mosquera1.89016.290.677

7Josefina Carnota Boo3042.086.610

8Carmen López Rodríguez1.0156.966.808

9Antonio López Rodríguez2.12615.150.095

11María López Rodríguez3.57624.545.128

12Ramón López Rodríguez4.27129.315.503

13Jesús Parga Castelo1.3088.977.916

14José Cendal García88822.865.858

15Josefina Rozas Ponte99821.816.884

17-AHros. de Dolores Sánchez Couto2.00013.727.700

17-BCelso Mira Sánchez2909.877.844

18Manuel e Domingo Antonio Mariño del Río 4.66432.012.996

19José Fernández Carnota1.69811.654.817

20-AFrancisco Viaño Veiras18014.662.540

20-BFrancisco Viaño Veiras1.56016.118.256

20-CMercedes Seoane Mato1.56010.707.606

20-DNemesio Serrapio Gómez7805.353.803

21Nieves Castro Mato e Hros. Constantino S.2126.881.820

22María Piñeiro Fernández1348.480.634

22-AMaría Piñeiro Fernández1081.100.081

23Jesús Iglesias Rey3122.141.521

23-AManuela Lema Bouzas2581.770.873

24Daniel Goldar Beiras4504.319.333

25Julia Lema Bouzas5513.781.981

26-AJosé Mecías Naveiro5763.953.578

26-BAvelino Carneiro Vázquez3192.189.568

Nº predioPropietarioSuperficie

m

Valoración

ptas.

27Marcelino Lema Lobato4763.267.193

28Antonio Raposo Sánchez4653.191.690

29-AAvelino Carneiro Vázquez6024.132.038

29-BMª Eva Rodríguez Lema5073.479.972

30-AJosé Castro Midón2631.805.193

30-BJosé Castro Midón2481.702.235

30-CVicente Andrés Suárez Bahamonde2691.846.376

31José Manuel Rodríguez Lema4953.397.606

32José Manuel Camina Orizales1.2418.518.038

33Antonio Raposo Sánchez6134.207.540

34Ángel Rosendo Suárez Cancela1.58610.886.066

35María e Serafíin Rafael Cabo Landeira3.29122.872.430

36Comunidad de Vecinos Caixa Galicia2.05016.186.643

37Manuel Angel Vilas Moure6564.502.686

38Ignacio González Fernández2.19219.200.514

39José Rico Mosquera812.044.347

TOTAIS52.626457.544.227

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello, servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o art. 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo

(art. 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha administración pública, no lugar do recurso de reposición poderá dirixirlle ó órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.

Todo esto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade como se indicou no epígrafe 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2000.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo