Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000 sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono único do Plan Parcial de Ordenación do SUNP-16 Volta do Castro do PXOU de Santiago de Compostela.

Antecedentes.

1º O Instituto Galego da Vivenda e Solo remitiu o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono único do Plan Parcial de Ordenación do SUNP-16 Volta do Castro do PXOU de Santiago de Compostela, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

2º Por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 2 de febreiro de 1999 foi aprobado definitivamente a relación de bens e dereitos e a súa necesidade de ocupación, así como segui-la expropiación polo sistema de taxación conxunta de conformidade co artigo 144 da LSG.

3º O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 8 de febreiro de 2000, acordou someter á información pública o proxecto de taxación conxunta polo prazo dun mes, anunciándose no xornal El Correo Gallego, de data 11 de marzo de 2000, e no Diario Oficial de Galicia, de data 18 de febrero de 2000.

4º A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprezo e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei do solo de Galicia.

5º O Instituto Galego da Vivenda e Solo dictou resolución o 20 de novembro de 2000 pola que se aprobou o informe sobre as alegacións presentadas polos interesados, e acordou a remisión do expe

diente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

Segundo.-O proxecto de expropiación abarca a superficie correspondente ó Plan Parcial de Ordenación do SUNP-16 Volta do Castro no termo municipal do Concello de Santiago de Compostela, aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 3 de xullo de 1998, no que se determina como sistema de actuación o de expropiación.

En virtude do disposto polos artigos 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e os artigos 54, en relación co 124 e 145, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos incluídos no ámbito dos polígonos, resultando lexitimada a expropiación proposta.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto á situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Cuarto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ós establecidos polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables, proponse adopta-la seguinte

RESOLUCIÓN:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono único do Plan Parcial de Ordenación do SUNP-16 Volta do Castro do PXOU de

Santiago de Compostela, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación a elas que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos núms. 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Instituto Galego da Vivenda e Solo e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Nº predioPropietarioSuperficie

m

Valoración

ptas.

10Hros. de Manuela Vidal Nogueira33292.723

12Carmen Fernández García79700.762

17Hros. Ramón Álvarez García47416.909

24Santiago Sur, S.A.2392.120.026

25María del Carmen Salgueiro Fernández26230.630

34Santiago Sur, S.A.9898.772.826

38Manuel Casal Castaño25221.760

43Hros. Carmen Fernández García96851.558

50Hros. Antonio Espantoso Noya96851.558

51María del Carmen Salgueiro Fernández71629.798

53Carlos Castro Vidal7886.989.875

57Encarnación Andrade González870.963

58José López Fernández1481.312.819

59José Castro Vidal3132.776.435

60Albino Pazos Picón1591.410.394

65Santiago Fernández Torres3993.539.290

72Hros. de Liñares Calvelo e Carmen Corrales3082.732.083

84Manuela Saavedra Castro1988.224.087

91Fidel Viqueira Sende35924.830.939

94Manuela Quintás Calvo56496.742

Nº predioPropietarioSuperficie

m

Valoración

ptas.

95Victoria Sende Francos e Hros. Manuel Domínguez Rial14313.169.816

96Carmen Sende Francos1247.145.901

96-AMª del Pilar Garazo Sende1196.007.229

97Eduardo Pazos Insua1.0018.879.270

104Manuel Tarrío Seoane1941.720.858

106José e Dolores López Fernández94833.818

TOTAIS6.112105.229.069

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello, servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o art. 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo

(art. 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha administración pública, no lugar do recurso de reposición poderá dirixir ó órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.

Todo esto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade como se indicou no epígrafe 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2000.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo