Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.413

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2000 pola que se convoca o V Curso superior de urbanismo.

Conforme os fins que lle asigna a este centro a normativa que o regula (Lei 4/1987, do 27 de maio,

de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola tamén Lei 10/1989, do 10 de xullo), a EGAP, en colaboración coa Revista de Dereito Urbanístico, convoca o V Curso superior de urbanismo.

1. Obxectivo. Afondar e mellora-lo grao de especialización dos participantes ós que vai dirixida esta actividade, co fin de dotalos dunha serie de coñecementos teórico-prácticos, sobre planeamento, xestión e disciplina urbanística, que contribúan a perfecciona-la súa capacitación profesional neste campo, como tamén a posta ó día a este respecto tanto desde a perspectiva do dereito estatal como do aplicable á Comunidade Autónoma galega.

2. Contido. Desde unha visión teórico-práctica e de traballo en equipo, trataranse, entre outros, estes temas:

-Panorama xeral do sistema de planeamento e xestión en España, en xeral, e en Galicia en particular.

-A Lei de ordenación do territorio de Galicia de 1995.

-A Lei do solo de Galicia de 1997.

-A Lei sobre o réxime do solo e valoracións do 1998.

-Incidencia da LS 98 e o Decreto 4/2000 na Lei de Galicia de 1997.

-Problemas urbanísticos e solucións específicas en municipios carentes de planeamento xeral. Problemas e solucións en municipios pequenos e rurais. Presentación dun caso práctico: redacción dun proxecto de ordenación do medio rural.

-Análise das figuras de planeamento territorial.

-Análise das figuras de planeamento xeral.

-As determinacións do plan xeral para a equidistribución. As áreas de reparto e os aproveitamentos tipo. Caso práctico de delimitación de áreas de reparto, distintas alternativas. Cálculo dos aproveitamentos tipo. Análise e comparación de resultados.

-Plans parciais. Análise do obxecto e contido dos plans parciais, as dotacións e as cesións de solo e de aproveitamento. Exemplo crítico dun plan parcial.

-Plans especiais. Caracteríaticas xerais. Plans especiais de mellora dos núcleos rurais.

-Estudios de detalle. Proxectos de urbanización. Catálogos. Análise destas figuras sobre casos concretos e prácticos.

-Exercicio práctico de planeamento de desenvolvemento. Formulación dun avance de plan parcial.

-Exercicio práctico de planeamento. Formulación dun estudio de detalle.

-Incidencia da Lei de costas no planeamento urbanístico. Interpretación da disposición adicional 6ª da Lei de Galicia en relación coa disposición transitoria 9ª.3 do Regulamento da Lei de costas. Exer

cicio práctico de regulación da franxa costeira en aplicación da Lei de costas nun plan xeral.

-Valoracións. O réxime de valoracións. Criterios xerais de valoración do solo e demais elementos e dereitos. Valor do solo non urbanizable e dos solos urbanizables e asimilados. Métodos de comparación e de capitalización. Suposto práctico.

-Aproveitamento urbanístico nas valoracións. Conceptos e cálculo de aproveitamento na lexislación autonómica. Supostos prácticos.

-As ponencias de valores e o valor do solo na normativa catastral. Supostos prácticos.

-Valoracións do solo urbano e do solo urbanizable incluído en ámbito de xestión. Supostos prácticos.

-Valoración de obras, edificios, instalacións e plantacións. Suposto práctico.

-Valoración de concesións administrativas, dereitos reais sobre inmobles e indemnización de dereitos arrendaticios. Supostos prácticos.

-O novo marco normativo estatal e a súa incidencia na xestión urbanística. Os mecanismos de equidistribución trala nova Lei 6/1998, do 14 de abril. Os efectos da sentencia do Tribunal Constitucional 61/1997, nos instrumentos de xestión urbanística.

-A Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Parlamento de Galicia, do solo de Galicia no contexto normativo estatal. Dereitos e deberes, técnicas de equidistribución e mecanismo de execución do planeamento: a súa constitucionalidade.

-Orzamentos e requisitos para a execución do planeamento.

-Actuacións sistemáticas. Análise da lexislación autonómica.

-O sistema e o proxecto de compensación. Exposición dun caso práctico.

-O proxecto de reparcelamento: exposición dun caso práctico.

-O sistema e o proxecto de expropiación. Exposición dun caso práctico.

-Actuacións asistemáticas no solo urbano.

-A execución do planeamento por sociedades públicas. A intervención pública na xestión urbanística a través de entes instrumentais: consorcios e sociedades mercantís. Análise da lexislación autonómica.

-Os convenios urbanísticos. Exposición dun caso práctico.

-A xestión das dotacións públicas. Exposición dun caso práctico.

-A expropiación na lexislación do solo.

-A expropiación por incumprimento da función social da propiedade na lexislación galega. A situación xurídica trala sentencia do Tribunal Constitucional 61/1997.

-A venda forzosa e o incumprimento dos deberes urbanísticos.

-Os convenios expropiatorios. As modalidades de xestión da expropiación. Consorcio e sociedades públicas. Os beneficiarios da expropiación. Exposición dun caso práctico.

-O procedemento de taxación conxunta. Exposición dun caso práctico.

-O patrimonio municipal do solo.

-Réxime indemnizatorio por alteración do planeamento.

-O réxime das licencias urbanísticas.

-O control da legalidade urbanística. Regulación estatal e autonómica da disciplina urbanística. Medios de protección da disciplina urbanística. Exposición dun caso práctico.

-A infracción urbanística. Procedemento sancionador. Exposición dun caso práctico.

3. Destinatarios. O curso convocado ten como destinatarios os funcionarios de carreira dos grupos A e B, que estean en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico, pertencentes á Xunta de Galicia ou á Administración local galega, así como o persoal laboral dunha ou doutra Administración, dos grupos I e II, que se atopen en posesión de calquera dos títulos anteriormente citados.

Para os efectos do establecido na Resolución do 26 de outubro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que, en cumprimento do disposto na orde do Ministerio para as administracións públicas do 10 de agosto de 1994, se determinan os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local, este curso valoraráselles con dous puntos a aqueles alumnos aprobados que estean comprendidos dentro do ámbito de aplicación da citada normativa.

Sempre que existan prazas dispoñibles, porque non se cubriron as convocadas entre o persoal ó que se refire o primeiro parágrafo deste epígrafe, tamén poderán optar á obtención do certificado de aproveitamento, profesionais liberais que dispoñan do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, ou ben o de arquitecto ou enxeñeiro técnico.

4. Prazas. O número de prazas é limitado.

5. Dereitos de inscrición. Os dereitos de inscrición fíxanse nas seguintes contías, segundo estes casos:

1. Duascentas mil pesetas (200.000 pesetas), para todos aqueles solicitantes que pertenzan ás administracións autonómica ou local galegas e que no desempeño do seu traballo habitual realicen tarefas que estean vinculadas co urbanismo. Esta circunstancia acreditarase mediante certificación expedida polos secretarios xerais, respectivamente, da consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

O importe anterior poderán facelo efectivo os interesados dunha soa vez, ou en catro prazos, de cincuenta mil pesetas (50.000 pesetas) cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo, ou a totalidade da matrícula, deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo, farase efectivo antes do 1 de marzo de 2001.

-O terceiro, aboarase antes do día 1 de abril de 2001.

-O cuarto, satisfarase antes do día 1 de xuño de 2001.

2. Trescentas mil pesetas (300.000 pesetas), para o resto dos solicitantes integrados nas administracións autonómica ou local galegas, que non reúnan o requisito precedente.

A contía consignada poderá facerse efectiva dunha soa vez, ou en catro prazos, e será de setenta e cinco mil pesetas (75.000 pesetas) cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo, ou a totalidade da matrícula, deberá ingresarse no momento no que se formalice a inscrición.

-O segundo, farase efectivo antes do 1 de marzo de 2001.

-O terceiro, aboarase antes do día 1 de abril de 2001.

-O cuarto, satisfarase antes do día 1 de xuño de 2001.

3. Catrocentas mil pesetas (400.000 pesetas), para os demais peticionarios que non teñan a condición de persoal ó servicio de ningunha das administracións públicas anteriormente citadas.

O devandito importe poderá ingresarse dunha soa vez, ou en catro prazos, de cen mil pesetas (100.000 pesetas) cada un, de acordo coa forma que se determina a continuación:

-O primeiro prazo, ou a totalidade da matrícula, deberá ingresarse no momento no que se formalice a inscrición.

-O segundo, farase efectivo antes do un de marzo de 2001.

-O terceiro, aboarase antes do día un de abril de 2001.

-O cuarto, satisfarase antes do día un de xuño de 2001.

6. Forma de pagamento. O aboamento das cantidades aludidas efectuarase, mediante cheque nominativo ou transferencia, á conta corrente da EGAP da Caixa de Galicia na oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida nº 2091-03883110000520.

7. Incumprimento dos prazos de pagamento. Os alumnos que non fagan efectivo o importe dos dereitos de inscrición, dentro dos prazos marcados para

cada caso, perderán a súa condición de asistentes a este curso e non terán dereito á devolución das contías ingresadas con anterioridade.

8. Prazo de inscrición, solicitudes e documentos. Para a participación neste curso, ábrese un prazo de inscrición, comenzará o 2 de xaneiro de 2001 e que rematará o 29 dese mesmo mes e ano, para que as persoas que figuran como destinatarias deste curso poidan formalizala, segundo o modelo que figura no anexo desta convocatoria.

Para a formalización da inscrición, será preciso achega-lo pertinente boletín cos seguintes documentos:

a) Se o peticionario é funcionario:

-Certificado de que se atopa en situación de servicio activo ou de servicios especiais na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou da Administración local galega.

Este certificado deberá expedilo, segundo os casos, o secretario xeral da respectiva consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

-Se o solicitante, no seu traballo habitual, realiza tarefas que estean vinculadas co urbanismo, certificado expedido polas persoas sinaladas no parágrafo que antecede, no que se manifeste expresamente este aspecto.

-Certificado no que se indique explicitamente que o interesado é funcionario de carreira do grupo A ou B. Este documento deberano expedir os mesmos funcionarios citados nos parágrafos anteriores.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade dos respectivos dereitos de inscrición, ou ben, polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

b) Se o peticionario é persoal laboral:

-Certificado de pertencer á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou á da Administración local galega.

-Certificado no que se faga constar expresamente que o interesado pertence ó grupo I ou II.

Os dous anteriores documentos deberaos expedir, segundo os casos, o secretario xeral da respectiva consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

-Se o solicitante, no seu traballo habitual, realiza tarefas que estean vinculadas co urbanismo, certificado expedido polas persoas sinaladas no parágrafo que antecede, no que se manifeste expresamente este aspecto.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade dos respectivos dereitos de inscrición, ou ben, polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

c) Para os restantes peticionarios:

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Currículum vitae.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade dos respectivos dereitos de inscrición, ou ben, polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

9. Criterios selectivos. Se os solicitantes son funcionarios ou persoal laboral, os criterios selectivos para a admisión neste curso serán, por esta orde, os seguintes:

1º Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o interesado no desempeño do seu posto de traballo e a materia obxecto deste curso.

2º Ter realizado, durante os últimos cinco anos, un menor número de cursos relacionados con contidos temáticos similares ó do que agora se convoca.

3º A antigüidade, e como tal entenderase a data de ingreso do interesado na Administración pública.

De quedaren prazas libres, despois de feita a selección entre o persoal funcionario ou laboral de calquera das administracións públicas galegas indicadas anteriormente, o criterio selectivo dos restantes peticionarios, nos que non concorra a mencionada condición, será como se expresa a continuación:

-Gozarán de preferencia aqueles solicitantes que documentalmente acrediten que a súa actividade profesional mantén relación co urbanismo e poidan demostrar, a través do seu currículum, unha constatada experiencia neste campo (por exemplo, publicacións, cursos de especialización, traballos de investigación, etc. vinculados coa materia expresada).

Toda a documentación que acheguen os solicitantes, que non sexa orixinal, terá que vir debidamente cotexada.

En calquera caso, esta convocatoria rexerase polos criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública, publicados no DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994.

10. Certificado de aproveitamento. Para a superación deste curso e a obtención do aludido certificado de aproveitamento, cada alumno deberá presentar un traballo sobre unha materia, que deberá aprobar previamente o director desta actividade, e que terá relación coa temática da actividade convocada.

A extensión mínima do traballo será de 20 folios, excluídas citas e bibliografía, cun número de liñas por folio non inferior a 27, a dobre espacio.

O prazo de entrega do traballo fixarase durante a realización do curso e comunicaráselles ós alumnos con tempo.

A aprobación do repetido curso queda tamén supeditada a que os alumnos acudan con regularidade

a el e que a súa asistencia a esta actividade supoña unha porcentaxe superior ó 85% das horas programadas. Os participantes que non alcancen aquel límite, sexa cal sexa a causa, quedarán eliminados coa perda de tódolos dereitos.

11. Desenvolvemento. O curso realizarase na Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e comezará o 6 de febreiro de 2001 e rematará o día 12 de xullo dese mesmo ano.

A súa duración será de 160 horas, que se distribuirán a razón de 8 horas por semana, ordina

riamente os martes e xoves, desde as 16 horas ás 20 horas.

12. Modificacións. A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento deste curso, así como de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificasen a súa realización.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública